martes, 23 de junio de 2015

DESPEDIMOS O CURSO

E ATA AQUÍ CHEGOU O CURSO......!!! E CON ÉL O PROXECTO 
" LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".

MOITAS GRAZAS A  TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA !!
E ATA PRONTO!

VOLVEREMOS O PRÓXIMO CURSO CUN PROXECTO NOVO! PREPARÁDEVOS PARA NOVAS SORPRESAS!

DESPEDIMOS AOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O martes, día 16, despedimos aos axudantes de biblioteca de 6º.
Fixeron unha gran labor durante todo o curso: colocando libros, axudando aos máis pequenos...etc e sempre cun sorriso.
Deste xeito, quixemos facerlles unha festa na biblioteca con comida e baile. Despois entregámoslle un diploma personalizado, o distintivo que levaron durante todo o curso e un  bolso bandolera para para meter as súas cousas.
Moitas grazas polo voso traballo chicos e chicas e moita sorte coa nova etapa que comezades!
 Sodes xa uns auténticos bibliotecarios!
Aquí tedes as fotos!!

jueves, 18 de junio de 2015

FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO CHEO DE ARTE

O mércores e o xoves tivemos no colexio o
 FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO.
A maioría  das actuacións estiveron relacionadas co proxecto deste curso 
" Lendo coa arte que nos rodea".
O mércores 17, as 10:30 comezamos coas actuacións dos nenos/as de 3, 4 e 5 anos que recitaron unha poesía titulada " A poesía da prehistoria".
A continuación os nenos/as de 3 anos bailaron " El pequeño Gugú".
E remataron as actuacións de Infantil coa poesía con linguaxe de signos : " Soy el hombre Cromañón".
Despois pasamos as actuacións de Primaria comenzando co vídeo " Os castrexos" e o baile " El rock de los castrexos".
A continuación actuaron os alumnos de 2º curso explicándonos moita cousas sobre Roma e despois fixeron un baile.
Os nenos/as de 3º representaron a obra de teatro " Catavento e Cía"
Por último, tivo lugar a Graduación dos nenos de 5 anos, que pasan a etapa de primaria.
Nesta xornada houbo varias sorpresas. Como xa sabedes a profe Paula non estará para o curso próximo no colexio e os pais e nais déronlle uns agasallos para agradecerlle todos os anos dedicados no colexio.
 Imos botarlla moito de menos!!
  Tamén houbo uns agasallo para a profe Tere que remata cos nenos/as esta etapa tan bonita e para unha nai, que axudou aos nenos de 4 anos na actuación coa linguaxe de signos. 
O xoves  empezamos as actuacións ás 10:30 co teatro do 4º curso titulado: " Requeteconquista", despois pasamos a obra de teatro de sombras: "Mans a obra" e, por último, a actuación dos maiores do colexio, que fixeron de turistas en " Camiñando por Vigo" eremataron cun baile.
Por último, para rematar o festival, como cada curso, tivemos a graduación dos nosos nenos/as de 6º.
Foi moi emotiva porque sempre é moi difícil  despedirse dos nenos/as que levan tanto tempo no colexio.
 Recibiron un agasallo de Suso, o seu titor, que lles fixo unha fotorevista que recolle os mellores momentos da súa etata no Ría de Vigo. 
Ademais os nenos/as fixeron un detalle personalizado para cada un dos mestres/as que lles deu clase.
Por parte da ANPA houbo agasallos para todos/as. Para os nenos/as, para a mestra Begoña por acompañalos na excursión e, por suposto, para o seu titor Suso, que os acompañou durante dous cursos. 
Temos que dicir dende a Biblioteca que foron uns axudantes estupendos!!
Imos botar moito de menos a estes nenos e nenas tan especiales!!!
Aquí tedes unha pequena reportaxe gráfica. Na páxina web do colexio e no blogue da Anpa atoparedes moitas máis fotos. 



lunes, 15 de junio de 2015

EXPOSICIÓN DE TODOS OS TRABALLOS CHEOS DE ARTE

No mes de xuño cada curso foi baixando ao porche e colocando na liña do tempo as producións artísticas: esculturas, arquitectura, restos arqueolóxicos.... nunha serie de mesas dispostas seguindo a liña do tempo.
Ademais colocamos unha mesa para a literatura que xurdíu deste proxecto: caderniños e Contos de arte e unha pizarra magnética onde colocamos unha serie de montaxes das fotos das conmemoracións cheas de arte: día da prensa,entroido...etc
Lembrade que Infantil e 1º curso traballaron a prehistoria, 2º curso dedicouse a época romana, 3º curso a época medieval, 4º a etapa moderna e 5º e 6º a etapa contemporánea.
Noraboa por todo o traballo feito!!
Mirade as fotos!

sábado, 13 de junio de 2015

SAÍMOS NA PRENSA !!!!


Este curso con motivo do proxecto " A ARTE QUE NOS RODEA" tivemos moitas saídas pola cidade para observar atentamente a nosa arte: escultura e arquitectura. Algunhas destas saídas fixémolas cunhas guías estupendas especializadas no tema. Estas guías encargáronse de divulgar o noso proxecto na prensa; deste xeito saímos en varios xornais: Vigo al minuto, Faro de Vigo e Atlántico Diario.

Salvo na primeira imaxe, que non temos o enlace, o resto podedes miralo premendo debaixo da foto.
VISITA DE 5º E 6º PUBLICADA POLO  ATLÁNTICO DIARIO


VISITA  DE 3º E 4º CURSOS PUBLICADA POR VIGO AL MINUTO







 








VISITA DE 3º E 4º CURSOS PUBLICADA POLO ATLÁNTICO DIARIO











VISITA DE 3º E 4º PUBLICADA POLO FARO DE VIGO








viernes, 12 de junio de 2015

VISITA Á VILLA ROMANA DE TORALLA


 O xoves, día 11 de xuño, os alumnos/as de 2º e 3º cursos, unha vez máis, con motivo do proxecto deste curso  " Lendo coa arte que nos rodea", fixeron unha visita á Villa romana de Toralla.
Foron camiñando dende  colexio e chegaron a praia, onde merendaron e xogaron un pouquiño. Á hora prevista dirixíronse ao xacemento. Visitaron primeiro o Centro de Interpretación, onde o arqueólogo explicoulles moitas cousas sobre cómo vivía naquela época; despois fixeron un percorrido polo xacemento acompañados dunha arqueóloga, que lles explicou as partes da vila e cómo vivían.
Os nenos/as estiveron moi motivados porque foi un tema que traballaron durante todo o curso e sabían moitas das cousas que explicaban os especialistas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!


miércoles, 10 de junio de 2015

MERCADIÑO DE LIBROS

 O martes, día 9 de xuño, tivemos dúas actividades moi bonitas : O esperado, mercadiño de libros!!e unha xornada máis de lecturas de padriños, madriñas e afillados/as
No proxecto lector cada neno/a colleu o seu Pasaporte  Lector, onde tiñan anotadas as lecturas dende principio de curso, e llo entregaron aos axudantes de biblioteca de 6º curso para que lle puxeran o selo de Gaspar e, deste xeito, puideran coller un libro no mercadiño, na mesa correspondente ó seu curso.
                                       Cambiamos lecturas por libros!!
Despois fixemos unha actividade entre padriños, madriñas, afillados e afilladas, que consistíu en montar uns mini-libros, axudándose entre eles. A semana pasada reunimos na biblioteca aos padriños e madriñas para explicarlles cómo tiñan que montar os libriños.
Os contos estiveron dispostos en nove mesas, unha para cada curso.Cada padriño e madriña foi collendo unha folla para se mesmo e outra para o seu afillado/a ; despois, sentados no chan axudaron aos pequenos a montar o conto. Unha vez montado, pasaron a outra mesa para grapalo e sentáronse de novo no chan a disfrutar da lectura e da compañía de padriños e afillados.
      Pasámolo todos/as moi ben!!!
Mirade as fotos!

viernes, 5 de junio de 2015

VISITA A SALINAE

Hoxe, día 4 de xuño, os nenos/as de 2º e 3º volveron saír do colexio a facer unha visita as salinas de Vigo "Salinae", con motivo, unha vez máis do proxecto da Biblioteca " Lendo coa arte que nos rodea".
Fixeron un percorrido pola única salina de evaporación solar conservada e musealizada  de todo o imperio romano.
Este xacemento arqueolóxico de Vigo, polo seu excelente estado de conservación, permitíu entender o funcionamento dunha instalación salinera e cómo os romanos producían sal na superficie das cubetas. 
A visita foi moi interesante. Os nenos/as chegaron  moi motivados, pois tratábase dun tema que xa coñecían e sobre o que estiveron traballando durante todo o curso  e o arqueólogo conectou moito con eles e explicoulles cousas moi interesantes do mundo romano.
Despois foron ver o Miliario que hai na rúa García Barbón, que se colocaba no borde das calzadas romanas para sinalar as distancias. Un neno/a de cada grupo explicou aos demais cousas sobre os miliarios.
Foi unha visita moi completa e educativa!
Mirade as fotos!!

jueves, 4 de junio de 2015

PERCORRIDO MEDIEVAL DOS NENOS E NENAS DE 2º E 3º CURSOS


O mércores, día 3 de xuño, os nenos/as de 2º e 3º cursos fixeron un percorrido medieval e romano, con motivo do proxecto "Lendo coa arte que nos rodea", que como xa sabedes, se está a desenvolver este curso no colexio.
A primeira parada fixérona na  Ponte romana e medieval de Sárdoma, onde os nenos/as de 3º explicaron aos de 2º a parte arquitectónica, mentras os  de 2º facían un debuxo desta ponte.
 Continuaron o camiño observando a natureza e a paisaxe do entorno: as aves, plantas...etc
  Camiñando, camiñando.... chegaron a Castrelos, onde fixeron unha parada no parque para merendar; despois foron a ver a Ponte romana e medieval de Castrelos e observaron  as diferenzas entre as dúas pontes.
Foi unha saída moi educativa onde os nenos/as  de distinos cursos compartiron vivenzas e información sobre cada etapa histórica que lles tocou preparar durante todo o curso.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica!!