O mércores e o xoves tivemos no colexio o
FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO.
FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO.
A maioría das actuacións estiveron relacionadas co proxecto deste curso
" Lendo coa arte que nos rodea".
" Lendo coa arte que nos rodea".
O mércores 17, as 10:30 comezamos coas actuacións dos nenos/as de 3, 4 e 5 anos que recitaron unha poesía titulada " A poesía da prehistoria".
A continuación os nenos/as de 3 anos bailaron " El pequeño Gugú".
E remataron as actuacións de Infantil coa poesía con linguaxe de signos : " Soy el hombre Cromañón".
Despois pasamos as actuacións de Primaria comenzando co vídeo " Os castrexos" e o baile " El rock de los castrexos".
A continuación actuaron os alumnos de 2º curso explicándonos moita cousas sobre Roma e despois fixeron un baile.
Os nenos/as de 3º representaron a obra de teatro " Catavento e Cía"
Por último, tivo lugar a Graduación dos nenos de 5 anos, que pasan a etapa de primaria.
Nesta xornada houbo varias sorpresas. Como xa sabedes a profe Paula non estará para o curso próximo no colexio e os pais e nais déronlle uns agasallos para agradecerlle todos os anos dedicados no colexio.
Imos botarlla moito de menos!!
Imos botarlla moito de menos!!
Tamén houbo uns agasallo para a profe Tere que remata cos nenos/as esta etapa tan bonita e para unha nai, que axudou aos nenos de 4 anos na actuación coa linguaxe de signos.
O xoves empezamos as actuacións ás 10:30 co teatro do 4º curso titulado: " Requeteconquista", despois pasamos a obra de teatro de sombras: "Mans a obra" e, por último, a actuación dos maiores do colexio, que fixeron de turistas en " Camiñando por Vigo" eremataron cun baile.
Por último, para rematar o festival, como cada curso, tivemos a graduación dos nosos nenos/as de 6º.
Foi moi emotiva porque sempre é moi difícil despedirse dos nenos/as que levan tanto tempo no colexio.
Recibiron un agasallo de Suso, o seu titor, que lles fixo unha fotorevista que recolle os mellores momentos da súa etata no Ría de Vigo.
Ademais os nenos/as fixeron un detalle personalizado para cada un dos mestres/as que lles deu clase.
Por parte da ANPA houbo agasallos para todos/as. Para os nenos/as, para a mestra Begoña por acompañalos na excursión e, por suposto, para o seu titor Suso, que os acompañou durante dous cursos.
Temos que dicir dende a Biblioteca que foron uns axudantes estupendos!!
Imos botar moito de menos a estes nenos e nenas tan especiales!!!
Aquí tedes unha pequena reportaxe gráfica. Na páxina web do colexio e no blogue da Anpa atoparedes moitas máis fotos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario