O martes, día 9 de xuño, tivemos dúas actividades moi bonitas : O esperado, mercadiño de libros!!e unha xornada máis de lecturas de padriños, madriñas e afillados/as
No proxecto lector cada neno/a colleu o seu Pasaporte Lector, onde tiñan anotadas as lecturas dende principio de curso, e llo entregaron aos axudantes de biblioteca de 6º curso para que lle puxeran o selo de Gaspar e, deste xeito, puideran coller un libro no mercadiño, na mesa correspondente ó seu curso.
Cambiamos lecturas por libros!!
Despois fixemos unha actividade entre padriños, madriñas, afillados e afilladas, que consistíu en montar uns mini-libros, axudándose entre eles. A semana pasada reunimos na biblioteca aos padriños e madriñas para explicarlles cómo tiñan que montar os libriños.
Os contos estiveron dispostos en nove mesas, unha para cada curso.Cada padriño e madriña foi collendo unha folla para se mesmo e outra para o seu afillado/a ; despois, sentados no chan axudaron aos pequenos a montar o conto. Unha vez montado, pasaron a outra mesa para grapalo e sentáronse de novo no chan a disfrutar da lectura e da compañía de padriños e afillados.
Pasámolo todos/as moi ben!!!
Mirade as fotos!
O mercadillo estivo moi ben.Había moita variedade de libros e moi interesantes.(Marta 5º)
ResponderEliminarNo mercadillo, fixen mais amizade cos meus afillados que se portaron moi ben( Pedro 5º)
No merdillo,pasámolo moi ben.Había moitos libros.Tiven que construir un libro e foi moi divertido(Candela 5º)
ResponderEliminarGrazas a todos os profes e aos nenos de 6º por colaborar(Iker 5º)
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e entusiasmo.
ResponderEliminar