O mércores, día 3 de xuño, os nenos/as de 2º e 3º cursos fixeron un percorrido medieval e romano, con motivo do proxecto "Lendo coa arte que nos rodea", que como xa sabedes, se está a desenvolver este curso no colexio.
A primeira parada fixérona na Ponte romana e medieval de Sárdoma, onde os nenos/as de 3º explicaron aos de 2º a parte arquitectónica, mentras os de 2º facían un debuxo desta ponte.
Continuaron o camiño observando a natureza e a paisaxe do entorno: as aves, plantas...etc
Camiñando, camiñando.... chegaron a Castrelos, onde fixeron unha parada no parque para merendar; despois foron a ver a Ponte romana e medieval de Castrelos e observaron as diferenzas entre as dúas pontes.
Foi unha saída moi educativa onde os nenos/as de distinos cursos compartiron vivenzas e información sobre cada etapa histórica que lles tocou preparar durante todo o curso.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario