jueves, 24 de noviembre de 2011

Recursos para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (II)

GRAZAS á Biblioteca Escolar do CEIP. VÍCTOR SÁENZ podemos disfrutar de milleiros de recursos para traballar esta conmemoración; vos animamos a visitar a súa páxina web.
(Preme no debuxo ou na ligazón que aparece debaixo)





miércoles, 23 de noviembre de 2011

Recursos para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (I)

O vindeiro venres, 25 de novembro, se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Para traballar en relación a este tema, vos recomendamos estas lecturas.
"Mis abuelos", un conto que atopamos no libro titulado "Pepe y Felisa"
Filosofía para nenos. PEPE Y FELISA. Aprender a pensar.
Autora: María Palmero Cremades
Editorial: Rústica
ISBN: 978-84-922009-3-1

Sinopse: o libro preséntase como un conxunto de narracións curtas sobre situacións rutinarias que invitan ao aprendizaxe cognitivo, ao razonamento e á expresión en grupo, aplicando a metodoloxía de Lipman. Conta cunha Guía do Mestre con suxerencias de temas, plans de discusións  e actividades para cada un dos capítulos.
 
O Capítulo que narramos é o número 2, titulado "Mis abuelos" e traballamos con preguntas relativas ás demostracións de afecto: bicos e apertas.
Algunhas preguntas en relación ao conto poden ser: Cando podemos dar bicos e apertas ás persoas?, Gústache dar bicos e apertas?, A cales persoas bicas e abrazas normalmente?, Podemos dar bicos e apertas aos animais?,... 

Outra das recomendacións "lectoras" pode ser o conto "Unha manchea de bicos" da Editorial Xerais.
 UNHA MANCHEA DE BICOS
Autora: Antonia Ródenas
Ilustradora: Carme Solé Vendrell
Editorial: Xerais
ISBN: 978-84-8302-681-6
Sinopse: Kati, a protagonista desta historia, ten unha caixa chea de bicos que vai regalando a todos os compañeiros. Desta maneira fai que se sintan felices. Pero Diego chámalles parvos, empúxaos, colle o que quere sen mirar quen o ten... Aínda así, a ledicia dos demais compartindo bicos de todos os sabores fai que se sinta só e acabará pedindo perdón e dando tamén bicos de caramelo. Daquela a mestra xa non estará enfadada e contaralles unha desas historias longas, como ela fai cando están caladiños.

A sinopse do conto atopámola do libro "Medrando sans. De sentimento en sentimento... de emoción en emoción", publicado pola Xunta de Galicia.

 Neste libro poderedes atopar orientacións e actividades prácticas para traballar na aula sobre o conto do que vos falamos. 


domingo, 20 de noviembre de 2011

TAL DÍA COMA HOXE...Día Universal do Neno


Hoxe, 20 de novembro de 2011, conmemoramos o DÍA UNIVERSAL DO NENO.
Este mesmo día, pero no ano 1959, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas reuníuse coa intención de reafirmar os dereitos universais dos nen@s e para que se celebrase en cada país do mundo un día no que se reflectiría a fraternidade e a comprensión entre os nen@s do mundo enteiro. Así, dende entonces, se realizan actividades encamiñadas a desenvolver o benestar de todos os nenos e nenas no mundo.
A idea desta xuntanza partiu dunha institución chamada "Unión Internacional de Protección a la Infancia" que, en 1952, plantexou a necesidade dun día especial para festexar aos nen@s.
Un ano más tarde, en 1953, 40 países sumáronse a esta festa.
As Nacións Unidas sumáronse a esta idea e se decretou por unanimidade que se debía establecer unha data para poñer o acento nas necesidades dos nenos e nenas de todo o mundo.

Aquí vos deixamos estes vídeos que poderían ser do voso interese.


viernes, 18 de noviembre de 2011

Tal día como hoxe... naceu Mickey Mouse, de Walt Disney.

Grazas a páxina de SOL ("Servicio de Orientación y Lectura")


podemos estar informados das diferentes conmemoracións que se celebran día a día.
Así, podemos inaugurar no noso blogue unha nova sección titulada

TAL DÍA COMA HOXE...

Pois, tal día coma hoxe... 18 de novembro nace a personaxe tan querida de MICKEY MOUSE (poder premer no seu nome e acceder a wikipedia para saber máis...) e, como este ano, a "cousa" vai de barcos, queriamos compartir con tod@s vós este pequeno anaco dunha proxección de Mickey Mouse relacionada con este medio de transporte.
Sabedes que é unha escena do primeiro episodio???
Agardamos que vos guste.

lunes, 14 de noviembre de 2011


PRESENTACIÓN DO LIBRO “A CHAVE DA ATLÁNTIDA” DE ANXO FARIÑA

           O venres, día 11 de novembro, asistimos á presentación do libro de Anxo Fariña, “A Chave da  Atlántida”, editado por Xerais,  co que conseguíu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011.
      Cun sinxelo acto na Casa do Libro de Vigo, o autor doutras historias coñecidas por nos coma “A Monstroescola” ou “Os Megatoxos”, etc, asinounos encantado un exemplar para a BiblioRía, ao tempo que nos agasallou cunha ilustración de tiraxe limitada de A-0 (A-cero), o personaxe principal da novela, tamén asinada.
     Segundo o anunciado na invitación tíñanos preparadas algunhas sorpresiñas: unha montaxe de vídeo coa presentación da obra, un debuxo en directo e a lectura duns parágrafos da súa propia obra en voz alta. Todo un privilexio para os presentes!
     E xa para rematar, a última sorpresa. A invitación á degustación dunhas riquísimas pastas que representan a chave e o continente afundido, con deseño de inspiración celta.
    Non cabe dúbida que esta  historia, situada na Ría de Vigo, ten moita relación co noso proxecto deste ano.
    Podedes coñecer máis cousas deste libro e do seu autor no blog: http://megatoxos.blogspot.com/
   Aquí vos deixo unhas fotos do evento:





 

lunes, 7 de noviembre de 2011

El oso miedoso

Na entrada anterior, comentabamos a importancia de traballar o sentimento de medo. Aproveitamos a festa do Samaín para ler contos destinados a superar esta emoción.
Podedes lembrar o artigo titulado CELEBRAMOS O SAMAÍN, publicado no blogue de educación infantil, premendo no título do mesmo e, dende este blogue, poderedes acceder a máis información sobre os libros traballados na entrada titulada CONTOS PARA TRABALLAR O MEDO.
Unha das lecturas traballadas e que non figuraba nesa lista de libros foi "El oso miedoso" e grazas a un dos milleiros álbumes picasa atopados na rede, a podemos compartir con vós.

(dende este álbum picasa, poderedes atopar máis lecturas sobre educación emocional)





viernes, 4 de noviembre de 2011

Contos para traballar o medo

TEMPO DE SAMAÍN, UNHA BOA ÉPOCA PARA TRABALLAR O MEDO A PARTIRES DOS CONTOS
Como todos os anos por estas datas, a celebración do Samaín é unha actividade que lles gusta moito a grandes e pequenos (bueno, a algúns non tanto... pero logran vencer os seus medos)
Dende as aulas de educación infantil do cole, decidimos traballar esta emoción dunha maneira lúdica e divertida.
Así, durante todos estes días de outubro-novembro, estivemos a ler e traballar nas aulas diferentes contos relacionados co sentimento de medo.
Algunhas lecturas recomendadas son as seguintes:

A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. Ella Burfoot. Baía Edicions.
ISBN 9788496893535
(Mentres María xoga, a escuridade entra a través da ventá do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como amiga das nenas e os nenos)

MONSTRUOS DIVERTIDOS. VV.AA., EDICIONES SM, 2000
ISBN 9788434880009
(Con este libro de rimas, o neno aprenderá que non hai que ter medo aos monstruos. En cada páxina se inclúen ilustracións sorpresa coas que o neno se divertirá)
GATO GUILLE Y LOS MONSTRUOS. Rocío Martínez. Kalandraka. 2000
ISBN 9788484640028
(Na casa de Guille escóitanse uns sons un tanto raros e ata a súa propia nai está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos)


E vós, coñecedes algunha publicación interesante que nos axude a traballar este sentimento???

martes, 1 de noviembre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

O venres, 28 de outubro, celebramos na BiblioRía o Día das Biblioteca Escolares.
Aquí vos amosamos o programa deste día.
Este ano, a BiblioRía quere celebrar o centenario do afundimento do Titanic e, por iso, plantexa este proxecto titulado:

"SUBAN A BORDO, LEAN E NAVEGUEN"

Nos exteriores da BiblioRía, nos atopamos cuns enormes barcos que decoran as dúas entradas á mesma, así como coas cintas-cortinas alusivas ao tema central, elaboradas polos nenos e nenas do colexio.

... por un lado...
... e polo outro...
09:30 - 10:20
Os primeiros en disfrutar das actividades foron os nenos e nenas de educación infantil. Nada máis chegar á escola, o alumnado puxo o mandilón e se colocou nas correspondentes filas para entrar de forma ordenada á BiblioRía... descubriron a cantidade de novas que Gaspar lles tiña preparadas!!!
O primeiro co que se atoparon foi cunha mostra de libros variados e relacionados co tema a conmemorar. Alí estaba Gaspar, vestido co seu gorro de capitán de barco e agardando por eles.
Todos estiveron moi pendentes das explicacións de Gaspar e da coordinadora da BiblioRía, a mestra Ángeles.
Así, nos lembraron as normas, os espazos destinados á literatura dirixida á nosa idade, os días do préstamo, o funcionamento das mochilas viaxeiras, etc.
Contemplaron a exposición, os diferentes libros, miraron as súas cubertas, ...
Unha vez rematada esta parte da visita, comezaron coa outra: a presentación da Formación de Usuarios da BiblioRía.
Este ano, contamos cunhas actividades nas que se traballan diferentes aspectos do funcionamento da biblioteca escolar de forma dixital e interactiva.
(para as poder descargar, preme na seguinte ligazón e accede á Wiki do colexio onde están aloxadas:

Da man da mestra Paula, puideron coñecer un pouquiño o contido das mesmas e disfrutar da pizarra dixital coa que contamos na BiblioRía.
Agora, cando baixen á biblioteca coa súa mestra, poderán traballar con elas e seguir aprendendo.
Xa para rematar, se lles entregou ás mestras uns preciosos marcapáxinas, elaborados por Ángeles, Geli e Begoña, e ao alumnado unhas saborosas gominolas coa forma do golfiño Gaspar.

10:20 - 11:10
O segundo grupo en disfrutar das actividade foi o composto polo alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria)

11:10 - 12:00
Os alumnos e alumnas de 2º ciclo (3º e 4º de primaria) baixaron á BiblioRía durante a terceira sesión da mañá.
Traballaron coa mestra Geli as actividades de Formación de Usuarios dirixidas a súa idade...
... e tamén disfrutaron coas gominolas de Gaspar...
 ... e as mestras do grupo tamén recibiron o seu marcapáxinas.

12:30 - 12:50

Cando tocaron as 12:30 horas da mañá e comezaba a Hora de Ler, se procedeu á entrega das mochilas viaxeiras e ao nomeamento dos voluntarios de 6º curso como axudantes da BiblioRía.
Un representante de cada aula do colexio foi o encargado de recibir a mochila correspondente e iniciar, esa mesma mañá, a peregrinaxe da mesma.
Por outro lado, se procedeu ao nomeamento dos voluntarios de 6º de primaria como axudantes da BiblioRía e as mestras Ángeles e Geli lles fixeron a "imposición" do seu colgante de axudante.
´

13:40 - 14:30
Por último, o alumnado de 1º ciclo (1º e 2º de primaria) baixou á BiblioRía a última hora da mañá e disfrutou, igual que os seus compañeiros e compañeiras, das diferentes actividades e agasallos propostos.
Unha xornada moi divertida e chea de novas.
Estade moi pendentes deste blogue xa que, dende aquí, vos iremos contando as diferentes novas e actividades realizadas.
Ata a próxima.