martes, 1 de noviembre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

O venres, 28 de outubro, celebramos na BiblioRía o Día das Biblioteca Escolares.
Aquí vos amosamos o programa deste día.
Este ano, a BiblioRía quere celebrar o centenario do afundimento do Titanic e, por iso, plantexa este proxecto titulado:

"SUBAN A BORDO, LEAN E NAVEGUEN"

Nos exteriores da BiblioRía, nos atopamos cuns enormes barcos que decoran as dúas entradas á mesma, así como coas cintas-cortinas alusivas ao tema central, elaboradas polos nenos e nenas do colexio.

... por un lado...
... e polo outro...
09:30 - 10:20
Os primeiros en disfrutar das actividades foron os nenos e nenas de educación infantil. Nada máis chegar á escola, o alumnado puxo o mandilón e se colocou nas correspondentes filas para entrar de forma ordenada á BiblioRía... descubriron a cantidade de novas que Gaspar lles tiña preparadas!!!
O primeiro co que se atoparon foi cunha mostra de libros variados e relacionados co tema a conmemorar. Alí estaba Gaspar, vestido co seu gorro de capitán de barco e agardando por eles.
Todos estiveron moi pendentes das explicacións de Gaspar e da coordinadora da BiblioRía, a mestra Ángeles.
Así, nos lembraron as normas, os espazos destinados á literatura dirixida á nosa idade, os días do préstamo, o funcionamento das mochilas viaxeiras, etc.
Contemplaron a exposición, os diferentes libros, miraron as súas cubertas, ...
Unha vez rematada esta parte da visita, comezaron coa outra: a presentación da Formación de Usuarios da BiblioRía.
Este ano, contamos cunhas actividades nas que se traballan diferentes aspectos do funcionamento da biblioteca escolar de forma dixital e interactiva.
(para as poder descargar, preme na seguinte ligazón e accede á Wiki do colexio onde están aloxadas:

Da man da mestra Paula, puideron coñecer un pouquiño o contido das mesmas e disfrutar da pizarra dixital coa que contamos na BiblioRía.
Agora, cando baixen á biblioteca coa súa mestra, poderán traballar con elas e seguir aprendendo.
Xa para rematar, se lles entregou ás mestras uns preciosos marcapáxinas, elaborados por Ángeles, Geli e Begoña, e ao alumnado unhas saborosas gominolas coa forma do golfiño Gaspar.

10:20 - 11:10
O segundo grupo en disfrutar das actividade foi o composto polo alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria)

11:10 - 12:00
Os alumnos e alumnas de 2º ciclo (3º e 4º de primaria) baixaron á BiblioRía durante a terceira sesión da mañá.
Traballaron coa mestra Geli as actividades de Formación de Usuarios dirixidas a súa idade...
... e tamén disfrutaron coas gominolas de Gaspar...
 ... e as mestras do grupo tamén recibiron o seu marcapáxinas.

12:30 - 12:50

Cando tocaron as 12:30 horas da mañá e comezaba a Hora de Ler, se procedeu á entrega das mochilas viaxeiras e ao nomeamento dos voluntarios de 6º curso como axudantes da BiblioRía.
Un representante de cada aula do colexio foi o encargado de recibir a mochila correspondente e iniciar, esa mesma mañá, a peregrinaxe da mesma.
Por outro lado, se procedeu ao nomeamento dos voluntarios de 6º de primaria como axudantes da BiblioRía e as mestras Ángeles e Geli lles fixeron a "imposición" do seu colgante de axudante.
´

13:40 - 14:30
Por último, o alumnado de 1º ciclo (1º e 2º de primaria) baixou á BiblioRía a última hora da mañá e disfrutou, igual que os seus compañeiros e compañeiras, das diferentes actividades e agasallos propostos.
Unha xornada moi divertida e chea de novas.
Estade moi pendentes deste blogue xa que, dende aquí, vos iremos contando as diferentes novas e actividades realizadas.
Ata a próxima.

1 comentario:

  1. Grazas a todo o equipo de BiblioRía e, sobre todo, a súa coordinadora Ángeles, polas horas de traballo puidemos disfrutar dunha xornada super interesante na escola.
    Por outro lado, que dicir dos marcapáxinas!!!... preciosos. Grazas a Begoña, Geli e Ángeles polo esforzo.
    Como unha das creadores das actividades de Formación de Usuarios, vos invito a visitar a Wiki do cole e descargar todo o que precisedes.

    http://edi-riadevigo.wikispaces.com/

    Saúdos

    ResponderEliminar