O vindeiro venres, 25 de novembro, se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Para traballar en relación a este tema, vos recomendamos estas lecturas.
Para traballar en relación a este tema, vos recomendamos estas lecturas.
"Mis abuelos", un conto que atopamos no libro titulado "Pepe y Felisa"
Filosofía para nenos. PEPE Y FELISA. Aprender a pensar.
Autora: María Palmero Cremades
Editorial: Rústica
ISBN: 978-84-922009-3-1
Sinopse: o libro preséntase como un conxunto de narracións curtas sobre situacións rutinarias que invitan ao aprendizaxe cognitivo, ao razonamento e á expresión en grupo, aplicando a metodoloxía de Lipman. Conta cunha Guía do Mestre con suxerencias de temas, plans de discusións e actividades para cada un dos capítulos.
O Capítulo que narramos é o número 2, titulado "Mis abuelos" e traballamos con preguntas relativas ás demostracións de afecto: bicos e apertas.
Algunhas preguntas en relación ao conto poden ser: Cando podemos dar bicos e apertas ás persoas?, Gústache dar bicos e apertas?, A cales persoas bicas e abrazas normalmente?, Podemos dar bicos e apertas aos animais?,...
Outra das recomendacións "lectoras" pode ser o conto "Unha manchea de bicos" da Editorial Xerais.
UNHA MANCHEA DE BICOS
Autora: Antonia Ródenas
Ilustradora: Carme Solé Vendrell
Editorial: Xerais
ISBN: 978-84-8302-681-6
Sinopse: Kati, a protagonista desta historia, ten unha caixa chea de bicos que vai regalando a todos os compañeiros. Desta maneira fai que se sintan felices. Pero Diego chámalles parvos, empúxaos, colle o que quere sen mirar quen o ten... Aínda así, a ledicia dos demais compartindo bicos de todos os sabores fai que se sinta só e acabará pedindo perdón e dando tamén bicos de caramelo. Daquela a mestra xa non estará enfadada e contaralles unha desas historias longas, como ela fai cando están caladiños.
A sinopse do conto atopámola do libro "Medrando sans. De sentimento en sentimento... de emoción en emoción", publicado pola Xunta de Galicia.
Neste libro poderedes atopar orientacións e actividades prácticas para traballar na aula sobre o conto do que vos falamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario