Como todos os anos por estas datas, a celebración do Samaín é unha actividade que lles gusta moito a grandes e pequenos (bueno, a algúns non tanto... pero logran vencer os seus medos)
Dende as aulas de educación infantil do cole, decidimos traballar esta emoción dunha maneira lúdica e divertida.
Así, durante todos estes días de outubro-novembro, estivemos a ler e traballar nas aulas diferentes contos relacionados co sentimento de medo.
Algunhas lecturas recomendadas son as seguintes:
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. Ella Burfoot. Baía Edicions.
ISBN 9788496893535
(Mentres María xoga, a escuridade entra a través da ventá do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como amiga das nenas e os nenos)
MONSTRUOS DIVERTIDOS. VV.AA., EDICIONES SM, 2000
ISBN 9788434880009
ISBN 9788434880009
(Con este libro de rimas, o neno aprenderá que non hai que ter medo aos monstruos. En cada páxina se inclúen ilustracións sorpresa coas que o neno se divertirá)
GATO GUILLE Y LOS MONSTRUOS. Rocío Martínez. Kalandraka. 2000
ISBN 9788484640028
ISBN 9788484640028
(Na casa de Guille escóitanse uns sons un tanto raros e ata a súa propia nai está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos)
A verdade é que estes libros funcionan moi ben para traballar o medo con eles.
ResponderEliminarO titulado "A miña amiga a escuridade" resultou moi boa opción nas aulas de 3 anos (ademais, o debuxo da escuridade presenta unha textura moi suave e agradable; os nenos e nenas poden tocar o debuxo e o pasan moi ben. A sensación ao tacto é moi agradable)
Grazas a mestra Lorena, descubrimos tamén o conto "El oso miedoso" que ela mesma se encargou de contar ao alumnado e que fala dos medos á hora de ir para a cama.
Saúdos