lunes, 14 de noviembre de 2011


PRESENTACIÓN DO LIBRO “A CHAVE DA ATLÁNTIDA” DE ANXO FARIÑA

           O venres, día 11 de novembro, asistimos á presentación do libro de Anxo Fariña, “A Chave da  Atlántida”, editado por Xerais,  co que conseguíu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2011.
      Cun sinxelo acto na Casa do Libro de Vigo, o autor doutras historias coñecidas por nos coma “A Monstroescola” ou “Os Megatoxos”, etc, asinounos encantado un exemplar para a BiblioRía, ao tempo que nos agasallou cunha ilustración de tiraxe limitada de A-0 (A-cero), o personaxe principal da novela, tamén asinada.
     Segundo o anunciado na invitación tíñanos preparadas algunhas sorpresiñas: unha montaxe de vídeo coa presentación da obra, un debuxo en directo e a lectura duns parágrafos da súa propia obra en voz alta. Todo un privilexio para os presentes!
     E xa para rematar, a última sorpresa. A invitación á degustación dunhas riquísimas pastas que representan a chave e o continente afundido, con deseño de inspiración celta.
    Non cabe dúbida que esta  historia, situada na Ría de Vigo, ten moita relación co noso proxecto deste ano.
    Podedes coñecer máis cousas deste libro e do seu autor no blog: http://megatoxos.blogspot.com/
   Aquí vos deixo unhas fotos do evento:





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario