Aquí vos amosamos o cartel das Bibliotecas Escolares deste ano...
... e vos deixamos co artigo publicado na súa páxina oficial.
As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos
últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e
administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e
mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e
persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado
afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio
máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa,
porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade
que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza,
asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis
activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que
axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén.
As
bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación,
preséntase o cartel que neste curso 2012/2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario