No mes de decembro do ano pasado, explicabamos neste blog que era iso do "Bubisher":
(O
proxecto BUBISHER é un ambicioso proxecto. De momento está formado por
dous bibliobuses que se moven polo deserto cheos de libros, para que os nenos e nenas do SAHARA poidan ler,
aprender e disfrutar coa lectura. Para que isto poida ser unha
realidade, moitas personas; escritores, persoeiros, políticos,entidades
de todo tipo,... e nen@s de moitos lugares colaboran, uns desde o mesmo
deserto participando directamente e outros desde os seus lugares de
orixen, aportando libros e dotacións económicas que fan viable este
proxecto.
Baixo
o lema "COÑECERNOS PARA QUERERNOS" un grupo de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE
FERROLTERRA, entre as que está a nosa, e coordinados polo escritor
GONZALO MOURE, estamos unidos para colaborar coas escolas dos
campamentos de refuxiados saharauis. Nos vindeiros días imos enviarlles
desde o noso colexio diverso material escolar solicitado, un ÁLBUM
ILUSTRADO (mándase un por cada colexio participante,... en Galicia xa
somos moitos) . O álbum que enviaremos leva por título NUEVOS COLORES do
escritor FRAN NUÑO e irá acompañado dunha presentación do noso colexio
realizado fundamentalmente desde o CLUB DE LECTURA. No segundo trimestre
colaborará máis alumnado do centro pois elaboraremos un traballo para
enviarlles sobre as FESTAS TRADICIONAIS E POPULARES EN PONTEDEUME..., e
algunha sorpresa máis...)
Grazas a este fantástico proxecto, moitos nenos e nenas poden desfrutar da lectura tanto coma nós. Grazas a nosa colaboración, recibimos o diploma que encabeza esta entrada do blog e do que estamos moi orgullosos e orgullosas.
NORABOA POR ESTA MARAVILLOSA INICIATIVA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario