O pasado luns, 8 de outubro, desfrutamos na BiblioRía da escola dos contos/cantos do bardo Abelardo.
Xa o coñeciamos doutras ocasións e, coma sempre, foi unha sesión moi divertida acompañada da música do seu acordeón. Realizamos uns xogos coa escala musical que repetiamos, ensinounos unha canción acumulativa ("A árbore da montaña, ia, ia oh,...") e outra moi divertida na que diciamos "mal raio te parta can que pouco agradeces o be que che fan).
Moitas grazas bardo Abelardo e ata a próxima!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario