Hoxe conmemóranse os 25 anos da morte do pintor SALVADOR DALÍ.
Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech, (Figueras 11 de maio de 1904 - 23 de xaneiro de 1989), foi un pintor, escultor, grabador, escenógrafo e escritor español, considerado un dos máximos representantes do surrealismo.
Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas atribuénselle á influenza e admiración polo arte renacentista. Tamén foi un experto debuxante. Os recursos plásticos dalinianos tamén abordaron o cine, a escultura e a fotografía.
Tivo a habilidade de forxar un estilo marcadamente
persoal e recoñecible, que en realidade era moi ecléctico. Unha das súas obras máis célebres é "La persistencia de la memoria" ,e o famoso cadro dos «relojes blandos», realizado en 1931.
Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ó narcisismo e a megalomanía para atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a
quenes apreciaban o seu arte e xustificaba ós seus críticos, que rexeitaban
as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario
máis chamativo que a súa produción artística.
" Lo importante es que hablen de tí, aunque sea bien", era unha das frases do pintor.
Se queredes saber máis sobre o pintor, aquí tedes un documental e unha entrevista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario