A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu 
por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia,O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao,
 e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e
 da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel 
deseñado por Miguel Anxo Prado,
 un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este 
cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo 
da ilustración nas bibliotecas escolares de Galicia (A Coruña, Lugo, 
Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca
 de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.
O secretario xeral de Cultura,
 Anxo Lorenzo, explicou  que esta celebración nace coa vocación de 
"permanencia" para que nos próximos anos o día 30 de enero  se promocione "A importancia que ten este sector". 
"A ilustración debe ter un espazo singular dentro de ese calendario 
de actividades vinculadas co libro e a lectura e a mensaxe que 
queremos transmitir é que o 30 de enero debe ser un día no cal  se configuren diferentes tipos de programación para poñerlle valor a ilustración", engadíu.
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario