O 13 de decembro, abríu as súas portas a sala de arte Apo’strophe na pranta baixa do Centro Comercial Plaza Elíptica.
Para iniciar a súa andadura elixiron nada máis e nada menos que unha homenaxe ao maestro Velázquez en “12 MENINAS“. 12 artistas interpretan a súa obra en pintura, escultura, grabado e fotografía.
As obras de Víctor Alonso, Colin
Baldwin, Sara Bello, Moncho Borrajo, Rosa García, Ángeles Jorreto,
Manuel M. Barreiro, Rut Martínez, Gonzalo Quicler, Fabiola Mecías, Lina
Ramilo e Ucha, nos guiarán neste percorrido sensorial.
A exposición permanecerá na sala ata o día 24 de xaneiro e o seu horario de apertura é de luns a venres de 18 a 20h, sábados ata as 22h.
Aproveitando que o alumnado de 1º ciclo de educación primaria está a traballar coa figura de Velázquez e con este cadro, en concreto, RECOMENDAMOS ENORMEMENTE VISITAR A MOSTRA NESTE CENTRO COMERCIAL.
Xa nos contaredes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario