jueves, 29 de marzo de 2012

DÍA DO TEATRO: Visita de Mario Tomás

O pasado martes, 27 de marzo de 2012, conmemoramos o Día do Teatro e, que mellor visita, que Mario Tomás.
"Mario Tomás López comienza su andadura teatral en el teatro amateur de Lugo en 1984, siendo cofundador de la asociación Chévere y participando en los diferentes espectáculos y talleres formativos de la asociación hasta 1987. Se formó en Alemania, París y Madrid con profesionales da talla de Jacques Lecoq, o con la directora del teatro Tembr de Moscú, entre otros muchos. Actor en espectáculos clásicos cómo La vida es sueño, Él burlador de Sevilla o Bodas de sangre, por sólo nombrar algunos, Mario Tomás también es y fue director y ayudante de dirección de otros muchos, tales como TROYA SIGLO XXI para el festival de teatro clásico de Mérida (2002) o la versión y puesta en escena de LOS TRES CERDITOS Y ALGUN OTRO (2007). Tiritero desde 1997 con numerosos espectáculos por toda la geografía del Estado, también colaboró en series como "Aquí no hay quien viva" (2005) y fue la voz del personaje de Bach en el programa Él conciertazo en TV-2 (2002/2004). En 2005 crea la compañía de guiñoles Tirititempo, con la cual ha estrenado ya varios espectáculos: Los Tres Cerditos y Algún Otro, La Isla del Tesoro y Setesete."


Todo o alumnado do colexio puido disfrutar da súa visita, en sesións diferenciadas.
En primeiro lugar, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de primaria que disfrutaron cunha historia africana.
Posteriormente, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria tamén disfrutou da sesión con Mario Tomás e das historias e divertidas personaxes que nos presentou.
Para rematar, Mario asinou no Caderno de Bitácora e nós lle regalamos un dos nosos fermosos  marcapáxinas.
Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes e coa ligazón para acceder ao álbum de fotos.


Ligazón

jueves, 22 de marzo de 2012

21 de Marzo. UN MAR DE POESÍAS

Como todos os 21 de marzo, celebramos o DÍA DA POESÍA na BiblioRía da escola. 
Así, como xa é tradición, un recital de poesía ten lugar na biblioteca do colexio durante toda a mañá. Os nenos e nenas das outras aulas escoitan atentamente o que prepararon os seus comprañeiros e compañeiras e, todos xuntos, disfrutamos de creacións poéticas de diferentes autores; a temática deste ano: o mar e os barcos.
As 11:10 horas da mañá comezaba este recital coa lectura dunha fermosa poesía elaborada pola nosa coordinadora Ángeles Maquieira. Alumnado de 6º curso foi o encargado da súa lectura e tamén de presentar as poesías interpretadas polos diferentes grupos.
21 de marzo, Día da Poesía,
imos celebralo, cheos de ledicia.
subirnos a bordo, ler e navegar,
ese é o noso lema, recorda Gaspar.
Vemos moitos barcos
pasar pola Ría,
as ondiñas veñen cheas de poesía.
E como este día poetas estamos
no Ría de Vigo
imos celebralo.
Maiores, pequenos imos recitar
dende a BiblioRía
con moita poesía
para navegar.
Xa co vento en popa imos comezar:
Para comezar, o alumnado de educación infantil. Como ben sabedes, este ano están a traballar cos piratas e que mellor poesía que "La canción del pirata" de José de Espronceda.
Continuamos con 1º de primaria coa poesía de Antonio García Teijeiro, "En medio del puerto". Para recitar esta poesía utilizaron o kamishibai (do que xa vos falabamos nesta entrada:http://biblioria.blogspot.com.es/2011/04/dia-mundial-do-teatro-2011-iii.html)
O alumnado de 2º ciclo, recitou unha poesía popular titulada "El barco de los ratones" moi ben caracterizados.
Ata aquí, a primeira partes desta celebración.

As 12:50 horas da mañá, comezou a segunda parte do Recital de Poesía. O alumnado de 2º e 3º ciclo foi o protagonista nesta ocasión e, os primeiros en recitar, foron os nenos e nenas de 3º A de primaria cunha poesía elaborada por eles mesmos, xunto coa súa mestra Carmen. O título: "A chuvia e outros poemas".
A continuación, os nenos e nenas de 3º B de primaria coa poesía "O meu barco" de Manuel María.
O alumnado de 4º recitou "El canto de la mar", de Mare Granell.
Posteriormente, chegou o turno do alumnado de 5º de primaria co seu poema "Amigo mar", elaborado por eles mesmos.
Para rematar, o turno de 6º de primaria cun poema de autor descoñecido titulado "Titanic"

viernes, 16 de marzo de 2012

Semana da Prensa

Durante toda esta semana (dende o 12 ata o 16 de marzo) celébrase a Semana da Prensa e, coma todos os anos, os xornais son os protagonistas destes días.
Este ano, Gaspar nos solicitou que trouxeramos á escola noticias relacionadas cos barcos e co titanic; así, milleiros de recortes de prensa chegaron ás aulas e, entre todos, estivemos a comentar cada unha das noticias. Como non podía ser doutra forma, o Titanic e tamén o Costa concordia foron as noticias máis comentadas.
Con todas esas noticias elaboramos un mural moi chulo no porche da escola, aquí vai unha imaxe:
 Por suposto, tiñamos un apartado adicado ao Titanic, como non podía ser doutro xeito... (fixádevos ben porque poderedes observar a portada do xornal de ese ano que anunciaba a tráxica noticia)
 Aula a aula, baixamos ao porche para pegar as nosas noticias no mural. Todas elas as clasificamos segundo foran de Vigo, España, Mundo ou do Titanic.
 Tamén tivemos tempo para comentar a noticia do Titanic: contamos ata 100, miramos as secuencias do tráxico suceso, observamos o barco, contamos as súas chimeneas,...

 Coma sempre, grazas ás familias por aportar as noticias e, ao alumnado, por ser partícipes da elaboración do mural, por comentar as noticias,..


 ... ata a proxima!!!