viernes, 16 de marzo de 2012

Semana da Prensa

Durante toda esta semana (dende o 12 ata o 16 de marzo) celébrase a Semana da Prensa e, coma todos os anos, os xornais son os protagonistas destes días.
Este ano, Gaspar nos solicitou que trouxeramos á escola noticias relacionadas cos barcos e co titanic; así, milleiros de recortes de prensa chegaron ás aulas e, entre todos, estivemos a comentar cada unha das noticias. Como non podía ser doutra forma, o Titanic e tamén o Costa concordia foron as noticias máis comentadas.
Con todas esas noticias elaboramos un mural moi chulo no porche da escola, aquí vai unha imaxe:
 Por suposto, tiñamos un apartado adicado ao Titanic, como non podía ser doutro xeito... (fixádevos ben porque poderedes observar a portada do xornal de ese ano que anunciaba a tráxica noticia)
 Aula a aula, baixamos ao porche para pegar as nosas noticias no mural. Todas elas as clasificamos segundo foran de Vigo, España, Mundo ou do Titanic.
 Tamén tivemos tempo para comentar a noticia do Titanic: contamos ata 100, miramos as secuencias do tráxico suceso, observamos o barco, contamos as súas chimeneas,...

 Coma sempre, grazas ás familias por aportar as noticias e, ao alumnado, por ser partícipes da elaboración do mural, por comentar as noticias,..


 ... ata a proxima!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario