martes, 6 de marzo de 2012

Un Entroido moi marítimo

Como ben sabedes, o proxecto deste ano leva por título "Suban a bordo, lean e naveguen"; cada unha das aulas do colexio escolleu un barco para traballar e, no Entroido deste curso, puidemos ver aos tripulantes destes barcos.
Así, piratas, vikingos, mariñeiros, pasaxeiros e un longo etc. de personaxes, inundaron a escola durante a xornada do 17 de febreiro.
6º Primaria: Pasaxeiros do barco
Para ver a totalidade das imaxes, podedes visitar o apartado de Galerías da nosa páxina web. Aquí vos deixamos a ligazón ao álbum:

Por outro lado, queremos destacar os escritos realizados polo alumnado de 3º curso: O Testamento e O Xuízo do Meco escritos por eles.
Aquí os recollemos:

TESTAMENTO DO MECO
Eu, que son un iceberg,
na fogueira me derritirei.
Tendo en conta o pouco tempo que queda,
deixo testemuña para quen ler queira.
Os nenos e nenas de 6º fixeron un almanaque,
nel fan o compromiso despois de ter debate,
de que o mar é moi importante.
Como iceberg que son do voso mar estre Cíes e Canido,
derrítome por vós, nenos e nenas do Ría de Vigo.
Tanto barco que puxestes no voso mar,
piratas, vikingos, cargueiros,... submariños e ata o barco de remolcar.
O Titanic en canto bateu comigo,
traspasou o tempo e o espazo para afundirse na Ría de Vigo.
Con eles fixestes actividades,
puxésteslle estrelas en navidades.
Polo día da Paz,
o mundo no medio do voso mar.
E agora que é Entroido,
co lume éntrame o agobio.
Despois de andar pola escola
paréime en cada porta,
cada clase tiña un barco
e a súa foto dentro dun marco.
Deixóume abraiado a BiblioRía,
con tanto libro de barcos en cada estantería.
Libros alucinantes, con piratas e pobos errantes,
de vikingos e xentes elegantes.
Conversas recollidas da xente da nosa Ría,
coas encargadas da BiblioRía non hai tristura, hai alegría.
Son simpáticas e valentes,
non teñen medo e se lle caen os dentes. 
Déixovos, en definitiva, unha morea de experiencias...
de mares, de barcos, de viaxes acompañadas de moi boas ocorrencias. 
Agora que se empezan a notar as consecuencias do cambio climático
con tanta falta de choiva e frío... xa me entra pánico.
O mesmo pasou o día que contra o Titanic batín,
eu podía estar fóra de sitio pero o barco tamén ía a todo filispín.
Noto que perdo forza..., cada vez estou máis apoucado,
váiseme a vida... non estou sólido... xa paso de líquido. ESTOU ESMIRRIADO.
Recibide unha aperta como quen acariña un libro, coa suavidade da miña branca inmensidade e recendo ao ar do mar.

XUÍZO DO MECO
Unha vez escoitado o testamento con moita atención,
nós, o alumnado e profesorado do colexio, chegamos á seguinte conclusión:
Sorprendéunos de bo grao que faga unha alusión ao noso calendario,
debe ser porque lle gusta saber o que facemos na escola a diario.
Postos a pensar con detemento chegamos á conclusión
que contra el, non podemos probar ninguna acusación.
Temos que recoñecer a temeridade do capitán do barco,
sabía da súa presenza e ía navegando como si estivera nun charco.
Do seu desprendemento en algo seremos culpables,
inda que o do cambio climático é máis moderno por ser os humanos moi pouco responsables.
Queremos seguir disfrutando da súa existencia, testemuña do equilibrio ambiental,
razón que nos leva a que, sen ningunha dúbida, declaremos a súa absolución total.

LONGA VIDA AOS ICEBERGS, O NOSO MECO!!!
VIVA O ENTROIDO!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario