lunes, 5 de marzo de 2012

HOXE  VISITOUNOS A ESCRITORA ANA ALONSO

Hoxe, día 5 de marzo, tivemos o placer de recibir na nosa biblioteca á escritora ANA ALONSO, autora de catro lidos lidos polos nosos alumnos de 1º, 2º,3º e 4º cursos.

Ana Alonso naceu en Tarrasa ( Barcelona) en 1970,  residiu a maior parte da súa vida en León. Estudiou Ciencias Biológicas. Publicou oito poemarios e recibiu varios premios de Poesía.

Aos nenos de 1º curso  entusiasmoulles o libro " Juana sin miedo"
Os nenos de 2º curso disfrutaron lendo o libro titulado " La casita de verdurita".


Aos nenos  de 3º A  gustoulles moito o libro " Un número mágico".


Os de 3º B y 4º  ilusionáronse co  libro " El acertijo de la vida".
Ana empezou contándonos cómo dende nena xa escribía poesía e contos, pero foi no momento no que gañou un concurso, cando  descubriu que tiña que ensinar ós demais o que durante tanto tempo tiña gardado nun caixón.
Tamén  explicounos como xurdiron as ideas para cada un dos catro libros, ensinándonos imaxes de algúns personaxes.
Os nenos fixéronlle moitas preguntas, como por exemplo ¿ Por qué che gusta tanto os personaxes fantásticos?, ¿Cal é a túa comida preferida?.....etc

Despois, comezaron as actividades, dedicadas a Ana,  que tiñan programadas os alumnos, relacionadas cos libros lidos. A nosa  protagonista  sentouse na cadeira de honor e alí escoitou todo o que  prepararon con tanto cariño os seus lectores.


No  1º curso cada neno  levantouse dicindo  o seu nome e afirmando que non tiña medo.



En 3º A prepararon unha representación  teatral na que o protagonista foi o número 3.



Os alumnos de 3º B   leron un acertixo creado por eles para que Ana o adiviñara. Averiguou que se trataba da nosa mascota " Gaspar".


 
Ana escribiu no noso  " Caderno de Bitácora".
Despedímonos dela dándolle un agasallo " O marcapáxinas da nosa BiblioRía",feito polo equipo de Biblioteca.
Como o tempo no o permitía, non puido asinar todos os libros, mais levounos l para súa casa, prometéndonos  traelos de volta todos asinados.




¡Esperamos volver a verte pronto, con novas historias cheas de maxia!

Podemos atopar máis información sobre a escritora neste enlace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario