Como todos os 21 de marzo, celebramos o DÍA DA POESÍA na BiblioRía da escola.
Así, como xa é tradición, un recital de poesía ten lugar na biblioteca do colexio durante toda a mañá. Os nenos e nenas das outras aulas escoitan atentamente o que prepararon os seus comprañeiros e compañeiras e, todos xuntos, disfrutamos de creacións poéticas de diferentes autores; a temática deste ano: o mar e os barcos.
As 11:10 horas da mañá comezaba este recital coa lectura dunha fermosa poesía elaborada pola nosa coordinadora Ángeles Maquieira. Alumnado de 6º curso foi o encargado da súa lectura e tamén de presentar as poesías interpretadas polos diferentes grupos.
21 de marzo, Día da Poesía,
imos celebralo, cheos de ledicia.
subirnos a bordo, ler e navegar,
ese é o noso lema, recorda Gaspar.
Vemos moitos barcos
pasar pola Ría,
as ondiñas veñen cheas de poesía.
E como este día poetas estamos
no Ría de Vigo
imos celebralo.
Maiores, pequenos imos recitar
dende a BiblioRía
con moita poesía
para navegar.
Xa co vento en popa imos comezar:
Para comezar, o alumnado de educación infantil. Como ben sabedes, este ano están a traballar cos piratas e que mellor poesía que "La canción del pirata" de José de Espronceda.
Continuamos con 1º de primaria coa poesía de Antonio García Teijeiro, "En medio del puerto". Para recitar esta poesía utilizaron o kamishibai (do que xa vos falabamos nesta entrada:http://biblioria.blogspot.com.es/2011/04/dia-mundial-do-teatro-2011-iii.html)
O alumnado de 2º ciclo, recitou unha poesía popular titulada "El barco de los ratones" moi ben caracterizados.
Ata aquí, a primeira partes desta celebración.
As 12:50 horas da mañá, comezou a segunda parte do Recital de Poesía. O alumnado de 2º e 3º ciclo foi o protagonista nesta ocasión e, os primeiros en recitar, foron os nenos e nenas de 3º A de primaria cunha poesía elaborada por eles mesmos, xunto coa súa mestra Carmen. O título: "A chuvia e outros poemas".
A continuación, os nenos e nenas de 3º B de primaria coa poesía "O meu barco" de Manuel María.
O alumnado de 4º recitou "El canto de la mar", de Mare Granell.
Posteriormente, chegou o turno do alumnado de 5º de primaria co seu poema "Amigo mar", elaborado por eles mesmos.
Para rematar, o turno de 6º de primaria cun poema de autor descoñecido titulado "Titanic"
No hay comentarios:
Publicar un comentario