lunes, 30 de abril de 2012

Pasapalabra das Letras Galegas

O día 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas e, este ano, o autor homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
Grazas á mestra Begoña, descubrimos na rede este interesante recurso para traballar cos nenos e nenas dunha maneira diferente e divertida: o Pasapalabra.

Na páxina https://sites.google.com/a/genmagic.net/pasapalabras-genmagic/areas-gallego/lenguaje/dia-letras-gallegas  poderedes atopar milleiros de xogos coma este e ademais crear o voso.
Para poder xogar, preme nesta ligazón ou na imaxe de debaixo.

lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do libro no colexio.
No primeiro lugar puidemos disfrutar coa participación do alumnado que vai á actividade extraescolar de Danza Moderna; interpretando a canción "Imos contar un conto".

A continuación, o alumnado de 2º e 3º ciclo subíu á biblioRía. Ó entrar foron depositando, nunha caixa, os barcos feitos polos nenos, co título do seu libro preferido escrito neles. Aparecerán cedo decorando a BiblioRía.

Tamén puideron observar a nova exposición sobre as historias de navegación das familias.

 Despois , a coordinadora do equipo de biblioteca lembrounos a todos  o motivo desta celebración, que coincide co falecemento de varios escritores coñecidos por todos nós. Asemade algúns  nenos de cada grupo leron unha pasaxe da edición adaptada da obra " Don Quijote de La Mancha".

Por último, co gallo de que hoxe tamén celebramos o 2º aniversario da inauguración da BiblioRía, visionamos o vídeo da inauguración da nosa Biblioteca.

Os nenos despediron este día recibindo un dobre agasallo: unha gominola de Gaspar e un marcapáxinas.


viernes, 20 de abril de 2012

VISITA DA ILUSTRADORA MARISA IRIMIA

Hoxe, día 20 de abril, na BiblioRía do cole contamos coa visita , para os nenos de 4º, 5º e 6º cursos, da ilustradora Marisa Irimia.

Marisa naceu en Foz no ano 1969. Estudiou "Belas Artes". Ademais de ilustradora, é contacontos e animadora da lectura.

Comezou a sesión explicando a súa vinculación ao mundo dos libros, así como as súas participacións nos programas de animación á lectura.

A continuación, contou dous  contos; centrados no comportamento de dous nenos en distintos ambientes: na escola e na casa; destacando neles o seu comportamento social.

Por último, asinou no "libro de Bitácora" e recibíu  en agradecemento o noso marcapáxinas.

Ata pronto Marisa!











Fabricamos un mini-libro para o "Día do Libro"

Grazas á mestra Begoña e á páxina http://www.actiludis.com/ descubrimos unha actividade moi orixinal e moi apropiada para conmemorar o 23 de abirl, Día do Libro.

Aquí vos deixamos todos os enderezos necesarios para que poidades estar informados de todos os pasos a seguir:

Este é o mini-libro que imos fabricar:

Se premes na imaxe ou no enderezo que aparece debaixo dela, poderás descargar o arquivo, imprimir e colorear ao teu gusto.
Aquí vai o vídeo que nos amosa como levar a cabo a súa fabricación:

Por último, se queres adaptar este mini-libro á túa escola ou fabricar outro para traballar algún outro tema, aquí vos deixamos a plantilla para a súa creación (en formato Open Office):

martes, 17 de abril de 2012

HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ

Hoxe, día 17 de abril, por cortesía da editorial Xerais, contamos coa presenza da escritora Teresa González, que escribíu, entre otros, o libro titulado
" A filla do ladrón de bicicletas" ( Premio Merlín de Literatura infantil),que están lendo os nenos de 3º A e 3º B.

Teresa naceu no grove no ano 1975, licenciouse en Filoloxía inglesa e italiana. Traballou en diversas compañías teatrais como actriz, docente e autora.

Empezou a sesión coa  representación teatral dos nenos de 3º A da pasaxe que máis lles gustou titulada " xente extraordinaria"



Os nenos  preguntáronlle como xurdíu o tema do libro; de este xeito Teresa explicounos as súas lembranzas da mocidade relacionadas coas bicicletas.

Asemade,  ensinounos unha copia do boceto que fixo Leonardo Da Vinci dunha bicicleta.


As mestras ensináronlle os debuxos que fixeron os nenos sobre o libro.






Fíxose unha foto cos nenos que participaron na representación e, como non podería ser doutra maneira, coa bicicleta como protagonista.



Deixounos ver  dous libros dun autor chamado Nicolás Bouvier, sobre o que fixo unha investigación literaria da súa obra.



Rematou a sesión asinando os libros  aos nenos e escribindo no " libro de Bitácora" da BiblioRía.

Asemade agasallámoslle co marcapáxinas da BiblioRía, agradecendo o seu tempo e as súas experiencias compartidas con todos nós.
Ata pronto!




lunes, 16 de abril de 2012

Centenario do afundimento do Titanic. O suceso.

Aquí vos deixamos un vídeo en honra dos 100 anos do Afundimento do Titanic elaborado polo Equipo da BiblioRía, contando coa narración das nenas de 6º curso de primaria.
Agardamos que vos guste.

domingo, 15 de abril de 2012

"Los DIEZ del TITANIC"

"Los DIEZ del Titanic" é o libro que conta todo o que viviron os españois embarcados no considerado "buque insumerxible". A súa vida antes de embarcar e os seus motivos para facelo. A súa estancia no barco durante os catro días que estivo surcando as augas, incluíndo algunhas relacións con outros pasaxeiros que marcaron o que lles pasaría aos españois durante as dúas horas e media que transcurriron tras o impacto co iceberg ata o afundimento do navío. 
Tambén coñeceremos o sucedido nas angustiosas horas que tiveron que soportar os 704 supervivintes nos botes ata que arribou ao lugar do naufraxio o famoso Carpathia para comezar a rescate e o traslado a terra.
E tras o afundimento e o rescate para algúns, as peripecias antes de voltar á vida normal… si é que a vida pode voltar a ser normal para un grupo de persoas que tiveron a fortuna de salvarse e a desgracia de escoitar durante uns minutos interminables os gritos de dor e pánico dos que se atopaban nas gélidas augas nocturnas do Atlántico sabendo que a conxelación, que tanta dor lles causaba, estaba a punto de precipitar a súa morte.
Este libro é o resultado dun intenso e promenorizado traballo de investigación que, entre outras cousas, levou a determinar con absoluta precisión cales eran os dez españois que viaxaban no Titanic.
Cristina Mosquera,  Nacho Montero  e Javier Reyero,  son os autores deste libro editado por  LID. Quen o teña poderá acceder ao librositio  de "Los DIEZ del Titanic" onde atoparán moita máis documentación sobre os españois e sobre o célebre barco.

Centenario do Afundimento do Titanic

Hoxe, 15 de abril de 2012, conmemóranse os 100 anos dende o tráxico suceso acontecido en aguas do Atlántico. O Titanic, considerado como un barco insumerxible, colisionaba cun iceberg e, poucas horas despois, quedaba afundido no fondo do océano para sempre.
En moitos puntos do noso país e do mundo, estanse a celebrar conmemoracións variadas; así, hoxe podiamos ler no xonal El País o seguinte artigo:

Campanas y cantos por el 'Titanic'

Campanas, desfiles, velas, cantos, exposiciones, flores al mar, música y reproducciones del Titanic y su noche trágica hace cien años se han producido en las últimas 24 horas en varias ciudades del mundo, especialmente en las de Belfast (Irlanda) y Halifax (Canadá). Es el recuerdo y homenaje que se ha hecho al barco más famoso del mundo cuya mitología no hace más que crecer.
En Halifax sus habitantes empezaron la conmemoración anoche, teniendo en cuenta que el crucero chocó con el iceberg a las 11.40 de la noche del 14 de abril de 1912. Aunque se hundiría casi tres horas después, es decir, en la madrugada del domingo 15, muriendo más de 1.500 personas de sus 2.208 pasajeros y tripulantes.
Fue en esta ciudad, Halifax, donde hace un siglo asumieron las principales labores de recuperación de cadáveres. Fue La noche de las campanas, en el que destacó un espectáculo audiovisual que mostró toda la historia del Titanic, desde su concepción hasta su naufragio y recuperación de cuerpos, pasando por el interior del crucero y, claro, sus ocupantes. También hubo presentaciones musicales que buscaban recrear lo vivido momentos antes de la tragedia. Poco antes un desfile fúnebre recorrió parte del paseo marítimo, encabezado por un carruaje tirado por dos caballos, acompañado de gaiteros.
A las 00.27 minutos de esta madrugada del domingo canadiense (04.27 GMT) todo quedó en silencio.Fue la hora en que se recibió el último mensaje de radio del Titanic.
Pero la conmemoración había empezado ayer por la mañana en el cementerio Fairview Lawn, donde están enterradas 121 víctimas. "Es importante que sepan lo que pasó, cómo pasó y lo que la ciudad hizo hace cien años", explicaba una madre con su hijo en brazos. Un campo santo en el que también reposa el cuerpo de Sidney Leslie Goodwin, un niño inglés de 19 meses que viajaba con sus padres en esa tercera clase eduardiana en la que fue organizado el Titanic. Fue la cuarta persona que rescató la embarcación Mackay-Bennett, un bebé sin salvavidas en las heladas aguas del Atlántico. Los marineros intentaron identificarlo pero todo fue inútil y lo enterraron junto a los otros 120 adultos en su cementerio. Hasta que en 2007 unas pruebas de ADN lograron identificarlo como Sidney Leslie Goowin.
Mientras Halifax recordaba el Titanic en tierra, en el MS Balmoral, que había estado desandando la ruta del mítico crucero, ofreció tres coronas al mar acompañdas del sonido de la sirena del barco.
Varias embarcaciones han cruzado esto días en Atlántico, entre Belfast y Nueva York, Precisamente uno de ellos, el crucero Journey ha mantenido un servicio en el lugar del desastre, es decir a 400 millas (640 kilómetros) de la costa de Terranova.
Uno de los homenajes más conmovedores es el que hoy ha rendido Belfast, donde se construyó el Titanic. Allí se ha levantado un monumento con los nombres de las víctimas, presidido por los familiares de las víctimas, las autoridades locales y el explorador Robert Ballard, quien descubrió los restos del Titanic en el fondo del océano en 1985.
Ayer, se realizó un concierto en el que actuaron Bryan Ferry y la cantante de soul Joss Stone. En la Catedral de Santa Ana en la ciudad, una actuación del compositor Philip Hammond, 'El Réquiem por las almas perdidas del Titanic' fue seguida por una procesión con antorchas hasta el Monumento a Titanic en los terrenos del ayuntamiento.

 Fonte: http://cultura.elpais.com/cultura/2012/04/15/actualidad/1334480145_706352.html

 Neste xornal, tamén poderedes disfrutar dunha fotogalería de imaxes do Titanic á que poderedes acceder premendo na seguinte ligazón:

 

jueves, 12 de abril de 2012

Libros interesantes para traballar sobre o Titanic

Se onte vos deixamos no blogue un pequeno proxecto para traballar o Titanic nas aulas, hoxe queremos facer mención a unha serie de publicacións moi interesantes sobre o suceso.
A primeira delas é o libro
 
"EL VIAJE DEL TITANIC (EDICIÓN ESPECIAL CENTENARIO)"

 
Traductor: CORTÉS CORONAS, DANIEL
Editorial: GRUPO EDITORIAL BRUÑO, S.L.
Ano da edición: 2012
Páxinas: 32
978-84-216-8703-1 
Sinopse: O 15 de abril de 2012 se cumprirán 100 anos da catástrofe do Titanic. Neste fabuloso libro de cubertas prateadas, cheo de solapas e desplegabres tridimensionais de gran realismo, un neno vai narrando a fatídica viaxe deste poderoso trasatlántico. Unha historia que, 100 anos despois, segue fascinando ao mundo enteiro.

 

TITANIC. El cuaderno

Autor: ALLCLOUD LTD
Editorial: Ediciones Saldaña
Ano da edición: 2011
Páxinas:16
  9788499391861
Sinopse: No caderno do Titanic unha espectacular inxeniería de papel da vida ao esplendor e a locura do barco icono da historia mariña. Con desplegabres e complexos recortables en 3D, o lector poderá tocar un mundo perdido e explorar o corazón deste grandioso barco

TITANIC. LA EXPOSICIÓN. Catálogo oficial

 Aquí vos amosamos este libro que chegou á BiblioRía fai poucos días. É o catálogo oficial da exposición sobre o Titanic que ten lugar en Barcelona.
O Museo Marítimo desta cidade acollerá, dende marzo ata setembro deste ano, a exposición "Titanic The Exhibition" con motivo do centenario do afundimento.
Unha das mestras do colexio puido visitar a exposición e traer este exemplar para a BiblioRía.
A mostra presenta unha morea de pezas orixinais, nunca antes amosadas. A Fundación Titanic, propietaria da mostra, selecionou Barcelona como sede dos actos centrais do centenario polo emprazamento das Atarazanas Reais e o Museo Marítimo.
Aquí vos deixamos a ligazón para poder acceder a máis información sobre "Titanic The Exhibition"_PREME AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN 

SUPLEMENTOS DE REVISTAS E XORNAIS.

Por outro lado, na BiblioRía contamos con variados suplementos e edicións especiais relativas ao Titanic. En moitos xornais de tirada nacional, atopamos revistas especiais na súa edición dominical que recollen imaxes e artigos referentes ao suceso e que son moi interesantes pra traballar co alumnado.
Pouco a pouco, vos iremos amosando novos recursos e imaxes sobre este centenario tan especial para a nosa BiblioRía... estade moi atentos e atentas.

miércoles, 11 de abril de 2012

Visita de Gonzalo Moure

HOXE, 11 DE ABRIL,                                   
VISITOU A NOSA
BiblioRía
O ESCRITOR GONZALO MOURE 

Os nenos de 5º e 6º cursos  tiveron hoxe o privilexio de escoitar a un dos escritores máis comprometidos co pobo saharaui.

Compartíu con nós as súas andainas polo Sahara e os nenos fixéronlle moitas preguntas sobre o libro que leron, titulado " Palabras de caramelo". Contestou a todas as preguntas de xeito claro e simple; por exemplo ante a pregunta  : ¿ Por qué fixeches que o camelo morrera? respondeu: " Yo escribo sobre lo que quiero, no lo que quiero, escribo la realidad; un escritor no es dueño de sus historias, no es más que un intermediario".




Explicounos como xurdíu o proxecto BUBISHER nun colexio de Marín ( Pontevedra) coa finalidade de achegar ás escolas do pobo saharaui os libros de lectura. Aquí xurdíu a idea de crear un Bibliobus e comezou a transformarse en realidade da man da Asociación de Escritores polo Sahara, a cal pertencen Gonzalo Moure.

Despediuse asinando nos libros dos nenos e no "Caderno de Bitácora".






Agradecímoslle a Gonzalo a súa visita agasallándolle co marcapáxinas da BiblioRía. Tamén dende o colexio temos que agradecer a Gonzalo o alegato que fixo, no seu blogue, a favor da escola pública; dende aquí anticipamosvos as primeiras liñas:

"Estoy en huelga.
Porque los colegios en los que debería trabajar hoy, colegios públicos, son maravillosos. Para todos, con el fruto de mi trabajo, pero sobre todo con el trabajo de los maestros. Porque las bibliotecas son luminosas y alegres, porque están repletas de libros y de invitaciones al gozo de la lectura.
Estoy en huelga para que no dejen de ser así, para que no se retroceda, porque son el fruto de un siglo de luchas, algunas duras y ruidosas, otras calladas y discretas, día a día, mueble a mueble, libro a libro.
Estoy en huelga porque en la escuela pública en la que hoy no trabajo se cree en el niño por sí mismo, y no por lo que vaya a ser mañana: por lo que es hoy, porque aprender no es “útil”, sino gozoso......"

http://www.gonzalomouretrenor.es/

TITANIC. 100 anos do naufraxio

Onte, 10 de abril de 2012, conmemoráronse os 100 anos da primeira (e única) viaxe do Titanic.
Na nosa BiblioRía este acontecemente ten unha especial importancia xa que, durante este curso, estamos a realizar o proxecto anual "Suban a bordo, lean e naveguen" para traballar o centenario do afundimento así como coñecer máis a fondo outras embarcacións.
A nosa coordinadora da BiblioRía, Ángeles, preparou este pequeno libro para traballar co alumnado de educación infantil. Aquí vos deixamos as imaxes do mesmo así coma o enderezo para proceder a súa descarga e poder modificar o que queirades... compartímolo con todos e todas e agardamos que vos guste.