miércoles, 11 de abril de 2012

Visita de Gonzalo Moure

HOXE, 11 DE ABRIL,                                   
VISITOU A NOSA
BiblioRía
O ESCRITOR GONZALO MOURE 

Os nenos de 5º e 6º cursos  tiveron hoxe o privilexio de escoitar a un dos escritores máis comprometidos co pobo saharaui.

Compartíu con nós as súas andainas polo Sahara e os nenos fixéronlle moitas preguntas sobre o libro que leron, titulado " Palabras de caramelo". Contestou a todas as preguntas de xeito claro e simple; por exemplo ante a pregunta  : ¿ Por qué fixeches que o camelo morrera? respondeu: " Yo escribo sobre lo que quiero, no lo que quiero, escribo la realidad; un escritor no es dueño de sus historias, no es más que un intermediario".




Explicounos como xurdíu o proxecto BUBISHER nun colexio de Marín ( Pontevedra) coa finalidade de achegar ás escolas do pobo saharaui os libros de lectura. Aquí xurdíu a idea de crear un Bibliobus e comezou a transformarse en realidade da man da Asociación de Escritores polo Sahara, a cal pertencen Gonzalo Moure.

Despediuse asinando nos libros dos nenos e no "Caderno de Bitácora".






Agradecímoslle a Gonzalo a súa visita agasallándolle co marcapáxinas da BiblioRía. Tamén dende o colexio temos que agradecer a Gonzalo o alegato que fixo, no seu blogue, a favor da escola pública; dende aquí anticipamosvos as primeiras liñas:

"Estoy en huelga.
Porque los colegios en los que debería trabajar hoy, colegios públicos, son maravillosos. Para todos, con el fruto de mi trabajo, pero sobre todo con el trabajo de los maestros. Porque las bibliotecas son luminosas y alegres, porque están repletas de libros y de invitaciones al gozo de la lectura.
Estoy en huelga para que no dejen de ser así, para que no se retroceda, porque son el fruto de un siglo de luchas, algunas duras y ruidosas, otras calladas y discretas, día a día, mueble a mueble, libro a libro.
Estoy en huelga porque en la escuela pública en la que hoy no trabajo se cree en el niño por sí mismo, y no por lo que vaya a ser mañana: por lo que es hoy, porque aprender no es “útil”, sino gozoso......"

http://www.gonzalomouretrenor.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario