domingo, 15 de abril de 2012

"Los DIEZ del TITANIC"

"Los DIEZ del Titanic" é o libro que conta todo o que viviron os españois embarcados no considerado "buque insumerxible". A súa vida antes de embarcar e os seus motivos para facelo. A súa estancia no barco durante os catro días que estivo surcando as augas, incluíndo algunhas relacións con outros pasaxeiros que marcaron o que lles pasaría aos españois durante as dúas horas e media que transcurriron tras o impacto co iceberg ata o afundimento do navío. 
Tambén coñeceremos o sucedido nas angustiosas horas que tiveron que soportar os 704 supervivintes nos botes ata que arribou ao lugar do naufraxio o famoso Carpathia para comezar a rescate e o traslado a terra.
E tras o afundimento e o rescate para algúns, as peripecias antes de voltar á vida normal… si é que a vida pode voltar a ser normal para un grupo de persoas que tiveron a fortuna de salvarse e a desgracia de escoitar durante uns minutos interminables os gritos de dor e pánico dos que se atopaban nas gélidas augas nocturnas do Atlántico sabendo que a conxelación, que tanta dor lles causaba, estaba a punto de precipitar a súa morte.
Este libro é o resultado dun intenso e promenorizado traballo de investigación que, entre outras cousas, levou a determinar con absoluta precisión cales eran os dez españois que viaxaban no Titanic.
Cristina Mosquera,  Nacho Montero  e Javier Reyero,  son os autores deste libro editado por  LID. Quen o teña poderá acceder ao librositio  de "Los DIEZ del Titanic" onde atoparán moita máis documentación sobre os españois e sobre o célebre barco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario