Onte, 10 de abril de 2012, conmemoráronse os 100 anos da primeira (e única) viaxe do Titanic.
Na nosa BiblioRía este acontecemente ten unha especial importancia xa que, durante este curso, estamos a realizar o proxecto anual "Suban a bordo, lean e naveguen" para traballar o centenario do afundimento así como coñecer máis a fondo outras embarcacións.
A nosa coordinadora da BiblioRía, Ángeles, preparou este pequeno libro para traballar co alumnado de educación infantil. Aquí vos deixamos as imaxes do mesmo así coma o enderezo para proceder a súa descarga e poder modificar o que queirades... compartímolo con todos e todas e agardamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario