lunes, 23 de abril de 2012

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do libro no colexio.
No primeiro lugar puidemos disfrutar coa participación do alumnado que vai á actividade extraescolar de Danza Moderna; interpretando a canción "Imos contar un conto".

A continuación, o alumnado de 2º e 3º ciclo subíu á biblioRía. Ó entrar foron depositando, nunha caixa, os barcos feitos polos nenos, co título do seu libro preferido escrito neles. Aparecerán cedo decorando a BiblioRía.

Tamén puideron observar a nova exposición sobre as historias de navegación das familias.

 Despois , a coordinadora do equipo de biblioteca lembrounos a todos  o motivo desta celebración, que coincide co falecemento de varios escritores coñecidos por todos nós. Asemade algúns  nenos de cada grupo leron unha pasaxe da edición adaptada da obra " Don Quijote de La Mancha".

Por último, co gallo de que hoxe tamén celebramos o 2º aniversario da inauguración da BiblioRía, visionamos o vídeo da inauguración da nosa Biblioteca.

Os nenos despediron este día recibindo un dobre agasallo: unha gominola de Gaspar e un marcapáxinas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario