HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ
Hoxe, día 17 de abril, por cortesía da editorial Xerais, contamos coa presenza da escritora Teresa González, que escribíu, entre otros, o libro titulado
" A filla do ladrón de bicicletas" ( Premio Merlín de Literatura infantil),que están lendo os nenos de 3º A e 3º B.
Teresa naceu no grove no ano 1975, licenciouse en Filoloxía inglesa e italiana. Traballou en diversas compañías teatrais como actriz, docente e autora.
Empezou a sesión coa representación teatral dos nenos de 3º A da pasaxe que máis lles gustou titulada " xente extraordinaria"
Os nenos preguntáronlle como xurdíu o tema do libro; de este xeito Teresa explicounos as súas lembranzas da mocidade relacionadas coas bicicletas.
Asemade, ensinounos unha copia do boceto que fixo Leonardo Da Vinci dunha bicicleta.
As mestras ensináronlle os debuxos que fixeron os nenos sobre o libro.
Fíxose unha foto cos nenos que participaron na representación e, como non podería ser doutra maneira, coa bicicleta como protagonista.
Deixounos ver dous libros dun autor chamado Nicolás Bouvier, sobre o que fixo unha investigación literaria da súa obra.
Rematou a sesión asinando os libros aos nenos e escribindo no " libro de Bitácora" da BiblioRía.
Asemade agasallámoslle co marcapáxinas da BiblioRía, agradecendo o seu tempo e as súas experiencias compartidas con todos nós.
Ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario