jueves, 12 de abril de 2012

Libros interesantes para traballar sobre o Titanic

Se onte vos deixamos no blogue un pequeno proxecto para traballar o Titanic nas aulas, hoxe queremos facer mención a unha serie de publicacións moi interesantes sobre o suceso.
A primeira delas é o libro
 
"EL VIAJE DEL TITANIC (EDICIÓN ESPECIAL CENTENARIO)"

 
Traductor: CORTÉS CORONAS, DANIEL
Editorial: GRUPO EDITORIAL BRUÑO, S.L.
Ano da edición: 2012
Páxinas: 32
978-84-216-8703-1 
Sinopse: O 15 de abril de 2012 se cumprirán 100 anos da catástrofe do Titanic. Neste fabuloso libro de cubertas prateadas, cheo de solapas e desplegabres tridimensionais de gran realismo, un neno vai narrando a fatídica viaxe deste poderoso trasatlántico. Unha historia que, 100 anos despois, segue fascinando ao mundo enteiro.

 

TITANIC. El cuaderno

Autor: ALLCLOUD LTD
Editorial: Ediciones Saldaña
Ano da edición: 2011
Páxinas:16
  9788499391861
Sinopse: No caderno do Titanic unha espectacular inxeniería de papel da vida ao esplendor e a locura do barco icono da historia mariña. Con desplegabres e complexos recortables en 3D, o lector poderá tocar un mundo perdido e explorar o corazón deste grandioso barco

TITANIC. LA EXPOSICIÓN. Catálogo oficial

 Aquí vos amosamos este libro que chegou á BiblioRía fai poucos días. É o catálogo oficial da exposición sobre o Titanic que ten lugar en Barcelona.
O Museo Marítimo desta cidade acollerá, dende marzo ata setembro deste ano, a exposición "Titanic The Exhibition" con motivo do centenario do afundimento.
Unha das mestras do colexio puido visitar a exposición e traer este exemplar para a BiblioRía.
A mostra presenta unha morea de pezas orixinais, nunca antes amosadas. A Fundación Titanic, propietaria da mostra, selecionou Barcelona como sede dos actos centrais do centenario polo emprazamento das Atarazanas Reais e o Museo Marítimo.
Aquí vos deixamos a ligazón para poder acceder a máis información sobre "Titanic The Exhibition"_PREME AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN 

SUPLEMENTOS DE REVISTAS E XORNAIS.

Por outro lado, na BiblioRía contamos con variados suplementos e edicións especiais relativas ao Titanic. En moitos xornais de tirada nacional, atopamos revistas especiais na súa edición dominical que recollen imaxes e artigos referentes ao suceso e que son moi interesantes pra traballar co alumnado.
Pouco a pouco, vos iremos amosando novos recursos e imaxes sobre este centenario tan especial para a nosa BiblioRía... estade moi atentos e atentas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario