Levamos un tempo desaparecidos por aqui pero o motivo da nosa volta é máis que xustificado.... A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO!
O pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro, e para esta cita tan sinalada no noso calendario traballarmos nunha proposta moi especial . Condensar a esencia dun libro dentro dun tarro!
Para a realización desta actividade o alumnado debería escoller un libro que lles gustase, seleccionar algúns dos seus elementos máis característicos e introducilos dentro dun bote.
Os resultados deixáronnos ABRAIADOS!! Canta creatividade e coñecemento literario temos no Ría de Vigo!
Deixámosvos a continuación unha pequena mostra do noso traballo:
Recordade que podedes vivistar a nosa exposición coa vosa familia nas entradas da BiblioRía!
E agora ... Cánto sabes de libros? Serás capaz de descubrir que libros están agochados nos tarros? Cántos títulos coñeces? Agardamos as túas respostas!