Mostrando entradas con la etiqueta Mercadiño de libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mercadiño de libros. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de junio de 2017

MERCADIÑO DE LIBROS

Por fin, hoxe, como o tempo foi moi agradable, realizouse o mercadiño de libros como remate do noso proxecto da BiblioRía.

Todos tiñan que levar o seu pasaporte lector para poder adquirir un libro de balde. Despois os padriños e madriñas axudaban aos seus afillados a construir un minilibro feito polo equipo de biblioteca sobre as 7 Marabillas. 
Mirade o video e podedes comprobar como disfrutaron!
 

jueves, 16 de junio de 2016

MERCADIÑO LECTOR

Esta semana, do 13 ao 16 de xuño, celebramos a actividade do
 " Mercadiño lector".
 A actividade consistíu en CAMBIAR LIBROS POR LECTURAS.
 No tempo do "proxecto lector", ao carón da biblioteca,  cada neno/a entregou o seu PASAPORTE LECTOR, que foi cubrindo ao longo do curso cos libros que collía en préstamo da biblioteca,  á responsable da biblioteca para poñerlle o selo de Gaspar, deste xeito cada un/a podía coller un dos libros da mesa como agasallo por ser un gran lector/a e por ter a responsabilidade de cubrir e conservar o Pasaporte.
Mirade as fotos!

miércoles, 10 de junio de 2015

MERCADIÑO DE LIBROS

 O martes, día 9 de xuño, tivemos dúas actividades moi bonitas : O esperado, mercadiño de libros!!e unha xornada máis de lecturas de padriños, madriñas e afillados/as
No proxecto lector cada neno/a colleu o seu Pasaporte  Lector, onde tiñan anotadas as lecturas dende principio de curso, e llo entregaron aos axudantes de biblioteca de 6º curso para que lle puxeran o selo de Gaspar e, deste xeito, puideran coller un libro no mercadiño, na mesa correspondente ó seu curso.
                                       Cambiamos lecturas por libros!!
Despois fixemos unha actividade entre padriños, madriñas, afillados e afilladas, que consistíu en montar uns mini-libros, axudándose entre eles. A semana pasada reunimos na biblioteca aos padriños e madriñas para explicarlles cómo tiñan que montar os libriños.
Os contos estiveron dispostos en nove mesas, unha para cada curso.Cada padriño e madriña foi collendo unha folla para se mesmo e outra para o seu afillado/a ; despois, sentados no chan axudaron aos pequenos a montar o conto. Unha vez montado, pasaron a outra mesa para grapalo e sentáronse de novo no chan a disfrutar da lectura e da compañía de padriños e afillados.
      Pasámolo todos/as moi ben!!!
Mirade as fotos!

miércoles, 18 de junio de 2014

MERCADIÑO DE LIBROS

Onte, luns 16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO DE LIBROS.

Os postos de "troco de libros por lecturas” puxéronse á sombra das árbores do patio. ( Do liquidambar e do plátano de sombra, mais concretamente).

A hora de apertura estaba programada para as 12:30h., así que en canto tocou o timbre, ao remate do recreo,  os nenos e nenas  xa sabían que íamos cambiar a “hora de ler” polo mercadiño. Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono,  e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíanse polo libro ou libros  que querían levar.

O mais fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría e o orden  con que o fixeron e, sobre todo, a espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente,se  puxeron inmediatamente a ler sentados na herba polos recunchos do patio.

Foi unha fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta  soleada mañá de xuño!

Non vos perdades as fotos. Falan por si soas!!!