miércoles, 18 de junio de 2014

MERCADIÑO DE LIBROS

Onte, luns 16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO DE LIBROS.

Os postos de "troco de libros por lecturas” puxéronse á sombra das árbores do patio. ( Do liquidambar e do plátano de sombra, mais concretamente).

A hora de apertura estaba programada para as 12:30h., así que en canto tocou o timbre, ao remate do recreo,  os nenos e nenas  xa sabían que íamos cambiar a “hora de ler” polo mercadiño. Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono,  e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíanse polo libro ou libros  que querían levar.

O mais fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría e o orden  con que o fixeron e, sobre todo, a espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente,se  puxeron inmediatamente a ler sentados na herba polos recunchos do patio.

Foi unha fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta  soleada mañá de xuño!

Non vos perdades as fotos. Falan por si soas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario