Mostrando entradas con la etiqueta Día da Árbore. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Árbore. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de marzo de 2011

Elaboramos árbores en Educación Infantil

Os nenos e nenas de educación infantil elaboramos unhas árbores moi chulas.
O primeiro que fixemos foi pintar o tronco das árbores de cor marrón (cada un na súa aula, utilizou a técnica que quixo) e, a continuación, picamos a silueta.
Cando xa está picado, decoramos a árbore ao noso gusto: con gomets amarelos de limóns, vermellos de mazás, verdes de peras,...
Posteriormente, recortamos pola liña de puntos e encaixamos a árbore. Para que queda máis estable, poñemos na base unha boliña de plastilina onde encaixa a árbore.
Para darlle máis volume ao tronco, utilizamos as virutas que quedan de afilar os lápis de cores e as pegamos cu poquiño de cola branca.
Gustouvos???

lunes, 21 de marzo de 2011

Celebramos o Día da Árbore e o Día da Poesía

Hoxe, 21 de marzo de 2011, unha chea de celebracións inundaron a nosa BiblioRía: a chegada da primavera, o Día da Árbore e o Día da Poesía.
Os corredores do colexio quedaron decorados cunha morea de árbores elaborados por cada un dos nenos e nenas da escola.
Landro e Gaspar quixeron celebrar con nós este día e estaban xuntos e presentes na BiblioRía.
Aquí vos deixamos co acto de celebración na BiblioRía e co programa do mesmo.
I RECITAL DE POESÍA NA BiblioRía
(21 – MARZO – 2011)
(a música ambiental que nos acompañou nesta celebración foi a seguinte: “A primavera” de Vivaldi)
Hola! Bo día, e benvidos ao 1º Recital de Poesía na BiblioRía.
Hoxe, 21 de marzo, estreamos primavera, e como di o refrán: “A primavera o sangue altera”, por iso nós estamos algo alterados e alteradas. E non é para menos!!!... con tantos acontecementos...
 pois como xa vos anunciaron Gaspar e Landro, hoxe tamén celebramos o
Día da Poesía
e o
Día da Árbore
(preme en cada un dos títulos da celebración para "saber máis")
Dúas cousas moi importantes na nosa vida: A árbore lle da osíxeno aos nosos pulmóns e a poesía lle da osíxeno aos nosos sentimentos . . . e xa que estamos a celebrar o
Ano Internacional dos Bosques,
 os nosos poemas foron seleccionados sobre ese tema, o que nos da tamén unha idea de cómo  a Natureza e as árbores inspiran aos poetas.
Do baúl dos nosos “Tesouros dos Bosques” sacamos poemas de Rosalía, de Pondal, de A. Machado, Antonio García Teijeiro . . .  que nos falan de pinos, carballos, sauces, bosques, arboredas, etc
E agora prestade atención imos a ver unhas imaxes de un power point de bosques que de seguro ides coñecer, acompañados pola música de Alberto Cortez, titulado:
“OS TESOUROS DO BOSQUE”
E chegou o gran momento!!!... cada curso recitou o seu poema.
1º PARTE
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de 3 anos recitaron un poema de  A.GARCÍA TEIJEIRO, titulado  “AS FOLLAS DUNHA ARBORIÑA”
En 2º lugar os nenos e nenas de 4 anos presentaron unha canción popular titulada: DENTRO DE LA TIERRA NEGRA” -  pOPULAR
En 3º lugar, o turno dos nenos e nenas de 5 anos, cun poema titulado: “PLANTEMOS EL ÁRBOL” de E.E. RIVAROLA
 
En 4º lugar, os nenos e nenas de 1º de Primaria  recitáronnos:  “MEU AVÓ MERCOU UNHA BARCA” de  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO
 
En 5º lugar os alumnos e alumnas de 2º A recitaron un poema de , EDUARDO PONDAL titulado  “OS PINOS”
E para rematar esta primeira parte do noso Recital de Poesía, os nenos e nenas de 2ºB recitaron “UNA SEMILLA PEQUEÑA”  de TERESA  DE LARDIZÁBAL
2º parte
En 6º lugar os nenos e nenas de 3º DE  PRIMARIA recitaron un poema de  A. MACHADO, titulado  “A UN OLMO SECO”
En 7º  lugar os nenos e nenas de 4º DE PRIMARIA presentaron un poema  titulado: “POEMA DEL ÁRBOL”  de A. MACHADO.
En 8º lugar, o turno dos nenos e nenas de 5º, cun poema titulado: “MI ÁRBOL Y YO” de ALBERTO CORTEZ
E xa para rematar, como broche final os nenos e nenas de  6º de Primaria recitaron un poema titulado: “TRES ÁRBOLES” de GABRIELA MISTRAL
 
Un gran aplauso para todos e todas!!!
 Soamente podemos dar as grazas de parte de todo o EQUIPO DE BIBLIOTECA, XUNTO CON GASPAR E LANDRO por participar deste xeito tan fermoso neste 1º RECITAL DE POESÍA, desexando que nos esperen moitas máis primaveras para a poesía neste cole.
A coordinadora
Mª Ángeles Maquieira Camiña 
Xa para rematar, a mestra Marilú entregou a todos os participantes unhas saborosas gominolas de parte de Landro e Gaspar...
ATA A PRÓXIMA!!!

viernes, 18 de marzo de 2011

Prantamos árbores en Educación Infantil

Onte, 17 de marzo de 2011, os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos de excursión no Monte de San Miguel de Oia... pero non estivemos mirando a paisaxe... estivemos a traballar!!!... PRANTAMOS ÁRBORES... uns fermosos carballos!!!... unha actividade moi motivadora para o alumnado e moi relacionada co proxecto deste curso escolar: "Os tesouros dos bosques".
As persoas da Comunidade de Montes da zona botáronnos unha man nesta tarefa así como as nosas mestras e mestre.
Ás 10:30 horas da mañá, o autobús agardaba por nós ás portas do colexio... estabamos un pouco nervios@s e con moitas ganas de ir.
Unha vez alí, comezamos a nosa función... repoblar o monte. Pouquiño a pouco, puxemos a árbore, botásmoslle a terra por enriba, pisamos esa terra e, como non, deixamos cada un ao noso Landro colgado do carballo... todo isto entre unha terra un pouquiño "húmida" pola chovias de días anteriores... algún rematou cos pés cheos de lodo!!!

Traballo feito e... chega a hora da merendar!!!
Primeiro toca subir ata a zona escollida para tomar os bocatas así que comezamos a camiñar pouco a pouco e tod@s xunt@s ata chegar xunto da "nosa recompensa": uns saborosos bocatas de chocolate... mmm!!! ...boísimos!!!
De postre, zume de froitas e mazás... a merenda máis traballador@s!!!
Despois de merendar, xogamos un pouqiño e camiñamos polo monte na busca dun lobo que non apareceu pero parece que as súas pegadas andaban pola terra...
foi unha xornada moi divertida na que cumprimos a nosa función de contribuir á repobración dos montes.
Se queres disfrutar da totalidade das imaxes, podes facelo no apartado de Galerías da páxina web do cole. Para acceder, preme na ligazón que aparece aquí abaixo:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=168

jueves, 17 de marzo de 2011

Actividades para o Día da Árbore - Día da Poesía 21 de marzo (I)

Aquí vos amosamos o "cartel" que cada un dos nenos e nenas do colexio está a decorar para celebrar o Día da Árbore e o Día da Poesía.
Con estas árbores, elaboraremos unha cenefa polos corredores do colexio... estade moi atent@s a este blogue xa que neste espazo web aparecerá toda a información sobre as nosas actividades.
Por outro lado, o alumnado do colexio está a preparar, en cada unha das aulas, unha poesía relacionada cos bosques e que "interpretarán" o vindeiro luns 21.
Toda esta información a "almacenamos" no dossier do proxecto que está presente na BiblioRía, con toda a información de consulta e literatura que o alumnado pode atopar no espazo destinado ao proxecto dos bosques.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Actividade para celebrar o Día da Árbore en Educación Infantil

O vindeiro luns, 21 de marzo, celebraremos no colexio o Día da Árbore e o Día da Poesía. Dende as aulas de Educación Infantil, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias unha actividade moi sinxela consistente en montar unha árbore sobre cartolina; aquí vos deixamos as plantillas (as poderedes decorar como queirades, utilizando diversas técnicas, materiais,...)