Mostrando entradas con la etiqueta Quedada Literaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quedada Literaria. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de junio de 2019

Quedada literaria

O pasado luns 27 de maio celebrouse, un ano mais, a QUEDADA LITERARIA no Parque de Castrelos. Todos disfrutaron dunha xornada de lectura con outros colexios de Vigo.Un momento importante para compartir lecturas !



https://www.youtube.com/watch?v=4hhoEfHN5Oc

domingo, 28 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA

Xa temos as imaxes da IV QUEDADA LITERARIA celebrada no Parque de Castrelos.Contou coa participación de 11 colexios. Do noso colexio asistiron os nenos de 5 anos e os de 5º de E.Primaria.Os maiores compartiron lecturas co ceip Carrasaqueira e os pequenos escoitaron contos dos bibliotecarios do Ceip Frián Teis e do Ceip Carrasqueira. Todos fixeron uns estupendos marcapáxinas co que agasallaron aos outros centros.despois de compartir lecturas e merendas, reuníronse todos para escoitar os contos do grupo MIGALLAS. Para rematar, cantaron o "Himno da Quedada", a canción "Imaxínate". Botade un ollo.

lunes, 22 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA


O alumnado de 5 anos e o de 5ª de E. Primaria asistirán ao Parque de Castrelos para compartir lecturas e asistir a un espectáculo de música e contacontos.Mostramos a información da IV QUEDADA LITERARIA


martes, 24 de mayo de 2016

III QUEDADA LITERARIA

Onte, 23 de maio, celebramos a III Quedada Literaria.
Reunímonos no parque de Castrelos os colexios: Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán, O Pombal, Frian Teis, CPI Ribeira, A Doblada, Fleming, Eduardo Pondal e o noso colexio. Contamos tamén coa visita do IES República Oriental do Uruguay que participou contando contos aos máis cativos.
Do noso colexio acudiron a Quedada os nenos de 5 anos e os de 5º curso. Os máis cativos  xuntáronse cos nenos de  infantil do CPI Ribeira e fixeron pequenos grupos  para escoitar os contos que tiñan preparados os alumnos/as de 1º da ESO; ademais escoitaron en gran grupo á unha  "Contacontos" que lles contou unha historia preciosa sobre animais.
Os nenos/as de 5º curso compartiron lecturas cos nenos/as do colexio Emilia Pardo Bazán e o Fleming.
Despois da lectura e a merenda, escoitamos os contos de Bea e Davide, e as palabras de concelleira Uxía Blanco.
 Por ultimo, cantamos todos xuntos a canción de
 Migallas " O libro máxico".
Todo isto foi posible gracias á coordinación do Servizo De Normalización Lingüística do concello de Vigo,  de Antonio Fernández, profesor do IES Carlos Casares, da Biblioteca " Xosé Neira Vilas" e  dos mestres/as dos centros participantes.
Foi unha xornada moi bonita chea de lecturas emocionantes. 
Mirade as fotos! 

jueves, 28 de mayo de 2015

II QUEDADA LITERARIA

Hoxe, 28 de maio os nenos e nenas de  5 anos e os de 6º curso, en representación do  noso colexio, tivemos a sorte de participar na II QUEDADA LITERARIA, xunto con outros coles de Vigo: Carrasqueira, O Chouzo, Frián-Teis, O Pombal,  IES do Castro,  para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  que esta dedicado a   XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.  

 
Todo foi transcurrindo segundo o programa establecido, que podedes ver abaixo, aínda que houbo algúns cambios con respecto á presentación do acto.
  Deste xeito os nosos nenos e nenas de 5 anos escoitaron tres contos representados magnificamente polos nenos/as de 1º da ESO do IES do Castro: "A galiña vermella" , " A que sabe a lúa" e " A cebra Camila" . Despois obsequiáronnos cun conto dos lidos e coas máscaras que empregaron para a representación.

Mentres tanto os nenos e nenas de 6º curso compartiron lecturas e confidencias cos alumnos/as do colexio Frián Teis. 

A xuntanza final de todos os colexios para o Acto de Clausura empezou cantando todos/as a canción " Imaxínate" do grupo Migallas. 
A continuación presentou o acto o grupo de teatro Baobad e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
Nós participamos con dúas poesías. Unha de Rosalía de Castro " Adios ríos, adios fontes" que recitaron os nenos/as de 5 anos e outra titulada " O rapto de Europa", escrita e recitaba polos nenos/as de 6º curso. 
Contamos coa presencia do Sr. Alcalde, e outros representantes do Concello, como Marta, do Departamento de Normalización Lingüística, que quedaron encantados coa experiencia.
Non podemos esquecer agradecerlle a Antonio Fernández, que se encargou da organización e que cada ano organiza xuntanzas de responsables de Bibliotecas Escolares de Vigo e bisbarra, onde xurdíu esta iniciativa, que pouco a pouco se foi fraguando para converterse nesta fermosa realidade.

Grazas, tamén a todos os coles pola súa implicación e colaboración, así como a Marta, coa súa colaboración dende o Departamento de Normalización Lingüística do Concello.
Contamos tamén coa presenza de Protección Civil e distintos medios de comunicación.

No remate final da quedada cantamos outra vez todos/as xuntos/as a canción " Imaxínate", que escoitaredes xunto coa reportaxe gráfica , que podedes ver clicando no enlace de abaixo.
 Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.

sábado, 17 de mayo de 2014

I QUEDADA LITERARIA

                       FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
               Onte, 15 de maio, os nenos e nenas de E. Infantil de 4 e 5 anos e os de 1º e 2º de E. Primaria, en representación do  noso colexio, tivemos a sorte de participar na I QUEDADA LITERARIA, xunto con outros coles de Vigo e bisbarra: Carrasqueira, O Chouzo, Frián-Teis, O Pombal, Santa Mariña de Redondela, IES do Castro e o IES Pino Manso de Porriño, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  que esta dedicado a XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO,  podemos ver un resumo da súa biografía no cartel de abaixo.

 
Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.

Todo foi transcurrindo segundo o programa establecido, así os nosos nenos e nenas de 1º compartiron lectura con 4º do CEIP Santa Mariña de Redondela, os de 2º co 2º de Frián-Teis.

Mentres tanto os nenos e nenas de 4 e 5 anos disfrutaron dunha estupenda sesión de contacontos que prepararon para eles dous grupos de alumnos/as do IES O Castro. Aos de 4 anos contáronlle “A que sabe a Lúa?”, e aos de 5 “A galiña roxa”. Temos que agradecer a minuciosidade da preparación dos contos e a sensibilidade que mostraron cara os nosos pequenos.
A xuntanza final, para o Acto de Clausura, estivo presentada e animada pola actriz Uxía Blanco, e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
Nos participamos con Poemas de Arte, cada curso saíu a recitar o seu poema segundo  estaba previsto no programa, así:
-          E. Infantil de 4 anos recitou “A Habitación de Arlés (van Gogh)”
-          E. Infantil de 5 anos: “Os Xirasoles de Van Gogh”
-          1º de E. Primaria: varios poemas sobre “As meninas de Velázquez”
-          2º de Primaria: “Velázquez  e as Meninas”.



Contamos coa presencia do Sr. Alcalde, e outros representantes do Concello, como Marta, do Departamento de Normalización Lingüística, que quedaron encantados coa experiencia, tanto que xa quedamos citados para a mesma data do 2015.

Non podemos esquecer agradecerlle a Antonio Fernández, responsable da Biblioteca do CIFP Manuel Antonio, que se encargou da organización e que cada ano organiza xuntanzas de responsables de Bibliotecas Escolares de Vigo e bisbarra, onde xurdiu esta iniciativa, que pouco a pouco se foi fraguando para converterse nesta fermosa realidade.

Grazas, tamén, a todos os coles pola súa implicación e colaboración, así como a Marta, cola súa colaboración dende o Departamento de Normalización Lingüística do Concello.
Contamos tamén coa presenza de Protección Civil e distintos medios de comunicación.

Así que o vindeiro domingo, 25 de maio, sairá unha reportaxe no suplemento do xornal Atlántico.
O remate final da quedada tiñamos previsto cantar todos xuntos, a modo de himno, a canción " ESA LUS", que o alumnado do IES DIAZ CASTRO dedicou ao seu poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, feita de retazos de poemas do seu libro " NIMBOS". Como non deu tempo, aquí vos deixamos o enlace da canción, que servirános tamén como música de fondo no reportaxe gráfico.





Aquí vos deixamos coa noticia do acto que se puido ver onte, no telexornal de tve ás 14:00 horas da tarde, no minuto 11 e, como non podía ser doutra maneira,  co reportaxe gráfico desta xornada, no que  semellábamos unha "marea azul", coas camisetas tan bonitas do noso colexio.




  CELEBRAMOS CON LEDICIA E POESÍA ESTE DÍA DAS LETRAS GALEGAS!