Mostrando entradas con la etiqueta Dia da ilustración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia da ilustración. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2eUqXVzfkabgQjMeURBKeiqM30DRnPCCxOa9EMDqspsIP_kgyn38hDEM42uOuHmgoGtK_VOv6Wa3cDHwLZPQHc5FX2_wtE9gTHv2y_2dNS3iROUgwWYV3JJfe7mpYH9XCyU1D3CzkEDmS/s1600/dia_da_ilustracion_14.jpg
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia,O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguel Anxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo da ilustración nas bibliotecas escolares de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicou  que esta celebración nace coa vocación de "permanencia" para que nos próximos anos o día 30 de enero  se promocione "A importancia que ten este sector". "A ilustración debe ter un espazo singular dentro de ese calendario de actividades vinculadas co libro e a lectura e a mensaxe que queremos transmitir é que o 30 de enero debe ser un día no cal  se configuren diferentes tipos de programación para poñerlle valor a ilustración", engadíu.