Mostrando entradas con la etiqueta OQO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OQO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de junio de 2014

EUROPA Á CARTA

O luns, día 2 de Xuño, tivemos o terceiro e último obradoiro do proxecto COCIÑANDO CONTOS.
Nesta ocasión foi para o alumnado de 4º de E. Primaria e resultuo igualmente interesante e divertido.
Distribuídos en cinco grupos de cinco nenos e nenas, Cristina, a monitora de OQO editora, comezou presentándolle un mapa de Europa e a continuación imaxes de comidas que correspondían a distintos  países: España, Francia, Italia, Polonia e Portugal. Coñecíamos o nome de moitas comidas, sobre todo do noso país, aínda que tamén de Italia, Francia e Portugal.
Logo comeza o xogo, clasificar as fotos das comidas e saber de que país son, elaborar un menú para un restaurante, ao que lle teñen que buscar un nome que teña  algo que ver co país, poñerlle precio ao menú e facer unha promoción.
Por último cada grupo expuxo aos demaís o seu traballo facendo razoamentos sobre os prezos.
O obradoiro foi todo un éxito que lles deu a oportunidade de traballar unha chea de conceptos sociais, matemáticos e gastronómicos dun xeito divertido.
Unha vez máis, grazas Cristina, e tamén grazas a OQO editora e ao Concello de Vigo por este proxecto.



miércoles, 21 de mayo de 2014

COAS MANS NA MASA

   O luns, 19 de maio, á volta do recreo aos nenos e nenas de 1º de E. Primaria esperábaos unha gran sorpresa. Raquel e Cristina, as monitoras de OQO editora, agardábanos na aula cunha mesa chea de produtos de cociña e un conto xa coñecido para eles, MARUXA, que recibimos xunto con outros de agasallo da editorial OQO.

Raquel comezou contando o conto:  Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude. Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país. Fixéronse diversas versións, desde orquestras sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock..

              A cuestión era que non había pan e Pepiño tiña fame, entón pensamos que ingredientes son necesarios para facer pan: Fariña, auga, sal e fermento. Así que mans á obra, Cristina comezou a preparar a masa, repartiu cachiños entre todos e cun pouco mais de fariña seguimos amasando ata que quedou mais dura.

Raquel amosounos unha ilustración orixinal da ilustradora do libro, Mafalda Milhões.

   Os persoaxes estaban feitos de masa de pan, así que,  xa coas mans na masa, nos tamén fixemos os nosos persoaxes coas nosas propias mans e seguindo as indicacións das monitoras en todo momento. Para rematar pintámolas con temperas de cores e quedaron chulísimos!

  Non vos perdades as fotos coa música da canción polaca que inspirou este album.!

  Graciñas a Raquel e Cristina, a OQO editora e ao Concello de Vigo por este obradoiro tan estupendo! 

CONTOS A PEDIR DE BOCA

Onte, luns 19 de maio, empezamos cos obradoiros de contos. 
O primeiro titúlase "CONTOS A PEDIR DE BOCA"
 Os protagonistas foron os nenos e nenas de 5 anos.
Hoxe,  contámosvos como foi a sesión de animación á lectura e contacontos na escola, na que traballamos arredor destes contos e realizaremos actividades "saborosas".
A través do obradoiro, puidemos descubrir un repertorio de historias onde o tema principal foi a alimentación e todo o que xira ao seu arredor: alimentos, cociña, sabores,...
A BiblioRía estaba preciosa, ambientada cunha decoración chulísima, así coma cos contos que recibimos na aula e algúns que, ao longo da sesión, coñecimos.
 Comezamos o obradoiro coa lectura duns contos saborosos que nos gustaron un montón. Raquel é unha fabulosa contacontos!!! Todos e todas estabamos atentísimos ás historias e aos acontecementos que, páxina a páxina, descubriamos. Aínda que algunha historia xa a tiñamos visto na aula, foi un pracer voltar a escoitar o conto da man da nosa contacontos.
"Croco" foi o primeiro conto; despois chegaron dúas historias xa coñecidas por nós: "Sopa de nada" e "A Sopa Queima".
 Rematamos a sesión de contos co xigante " Verlioka".
Unha vez rematada a lectura dos contos, chegou o momento de poñer "mans á masa" e traballar coa infinidade de alimentos que Raquel trouxera á sesión. 
De un en un,  achegámosnos á mesa onde a monitora  deunos un anaco de prato de papel, un alimento e descubrimos outros agochados baixo unha "bolsa sorpresa". Con todo iso, tiñamos que debuxar no prato a receita que saira: "Ovos con tomate", "Fideos con peixe", "Tarta con mel",... foron algunhas das receitas que fixemos.
Unha vez rematadas, buscamos as nosas "parellas de prato", a partires da cor que cada un deles tiña por detrás. Así, formamos e completamos cada un dos pratos para realizar estes días na aula un pícnic con elas.
Raquel agasallounos cun mantel que decoraremos estes días e co que poderemos facer unha requetesaborosa receita.
Se queredes ver as fotos premede no enlace de abaixo.

 

CONTARTE:COCIÑA DE CONTOS



Dende a Concellería de Educación, de Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, na súa cuarta edición de QONTARTE, concedéronnos tres obradoiros gastronómicos-literarios e de plástica creativas, para promover entre os nenos e nenas o coñecemento de distintos países europeos  a través dos seus contos tradicionais e das súas manifestacións gastronómicas. Esta campaña titúlase: “ COCIÑA DE CONTOS. EUROPA Á CARTA” .    

As monitoras da editorial OQO, Raquel e Cristina, son as encargadas de  impartirnos os seguintes obradoiros:

-         Para 6º de E. Infantil: “CONTOS A PEDIR DE BOCA” (19-05-2014 ás 10:20 h.)
-         Para 1º de E. Primaria: “COAS MANS NA MASA” (19-05-2014 ás 12:30 h.)
-         Para 4º de E. Primaria: “EUROPA Á CARTA” (02-06-2014 ás 12:30 h.)

martes, 22 de marzo de 2011

OQO editora súmase á celebración do Día Mundial da Auga

A editorial OQO súmase á celebración do Día Mundial da Auga; así, fixeron unha recopilación de exemplares para conmemorar esta celebración... aquí os deixamos.

Colección nanOQOs:
Navega, Caracol! de Armando Quintero e André Letria

Colección O:
Cantas pingas na cidade de Eva Montanari
Pétala de Pep Bruno e Luciano Lozano
A vella Lulula de Mar Pavón e Alessandra Cirnatoribus
Macario Dromedario de Rachel Chaundler e Bernardo Carvalho

Colección Q:
O cazador e a balea de Paloma Sánchez Ibarzábal e Iban Berrenetxea
A illa dos cangrexos violinistas de Xavier Queipo e Jesús Cisneros
Rato solteiro de Paco Liván e Marta Torrao
A sesta dos enormes de Pep Bruno e Natalie Pudalov