viernes, 28 de abril de 2017

Celebración do DÍA DO LIBRO

Hoxe, para rematar a semana, celebramos o día do libro. Nun primer momento, reunidos  no ximnasio, e despois de facer a presentación  miramos dous videos: un, que anima a ler e ofrece as vantaxes da lectura e explica como son as palabras; e o outro, é unha "peli" das TRES MELLIZAS falando da historia de Don Quijote.
https://www.youtube.com/watch?v=aleLEK1yBPs


https://www.youtube.com/watch?v=OYLqTPVYyjM
A continuación saímos ao patio para que os padriños e as madriñas leran aos seus afillados o conto elexido para a continuación, realizar un intercambio de marcapáxinas e rematar cun agasallo dunha chuche do noso "Gaspar" tan característica das nosas celebracións.
 


Visita de Marcos Calveiro

Visitounos MARCOS CALVEIRO, autor de "Unha casiña branca" libro lido polos alumnos de 5º de E.Primaria. Comentoulles que para escribir o libro tivo en conta o ambiente que tiñan moitos nenos e nenas que vivían nun vertedoiro, explicoulles cómo era a súa vida aquí e o que atopaban.
Despois  Marcos acudíu á aula de 4º curso, a petición da súa titora, porque  escribíu todas as historias que inician as unidades do libro de texto de Lingua Galega. Os alumnos/as fixéronlle moitas preguntas  sobre os personaxes cos que están a convivir durante todo o curso.
Por último, asinou os libros dos nenos/as e o noso Libro de Bitácora e lle entregamos como agasallo un marcapáxinas da nosa biblio. 
Como podedes ver, foi unha visita moi completa!



martes, 25 de abril de 2017

Visita da escritora MÓNICA RODRÍGUEZ




Visita para o alumnado de 3º de E.Primaria


Mónica explicounos os motivos da elección deste tema: as sucesivas noticias na prensa sobre o drama da inmigración e tamén as visitas que facía nos veráns ,en réxime de acollida ,unha nena saharahui , Amaina, na súa casa. Quería destacar a relación de Alma, a nena recollida do mar, co fillo dun pescador, que rescataraa de morir afogada.
Alma representa a todas esas persoas que abandonan os seus fogares na procura dun mundo mellor e que, as veces, non o consiguen.
Mónica firmou no libro de bitácora e os libros dos alumnose recibiu de recordo un margapáxinas de Gaspar.

jueves, 20 de abril de 2017

XUNTANZA DE PADRIÑOS E MADRIÑAS CON AFILLADOS E AFILLADAS

O día 19, celebramos unha xuntanza de padriños e madriñas con afillados e afilladas.
Os nenos/as de 3 anos e 3º curso estrenáronse.
Os maiores acudiron ás aulas dos pequenos e estiveron un ratiño falando de moitas cousas, entre elas os padriños e madriñas preguntáronlles os gustos pola lectura, se lles gustan os libros de animais, de medo, de misterio, fantasía....etc. 
Dende hoxe ata o día 28  os padriños e madriñas poderán  buscar na biblioteca libros axeitados para contarlles aos seus afillado/as

SEMANA DO LIBRO

Como xa sabedes, o domingo 23 de abril é o DÍA DO LIBRO.  
No colexio imos facer a SEMANA DO LIBRO, dende o día 24 ata o 28 de abril.
O día 19 comezaremos coa actividade do APADRIÑAMENTO LECTOR, no que cada padriño e madriña acudirá á aula dos afillados/as para coñecerse un pouco máis e falar dos seus gustos lectores.
A semana do 24 ao 28 temos varias actividades e tarefas: Elexir o libro para ler aos afillados/as, facer o marcapáxinas para compartir, elaborar o noso conto favorito en pequeno para poñelo como folla na árbore máxica da biblioteca e ademais, teremos a visita de dous escritores. 
Rematará a semana o día 28 cun pequeno acto no ximnasio presentado por dous nenos de 6º curso e despois sairemos ao patio a compartir lecturas entre padriños, madriñas e afillados/as. 
Aquí tedes o programa!
BOAS LECTURAS!!!





miércoles, 19 de abril de 2017

O noso cole viaxou por moitas MARABILLAS

O nome do nose cole viaxou moi lonxe. 
Familias do Ría de Vigo levaron o noso espíritu a algunhas das sete marabillas. Mirade. Adiviñades de cal se trata?

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!






martes, 4 de abril de 2017

MACHUPICHU, nova Marabilla

Queredes saber mais cousa desta impresionante marabilla? Preme na imaxe e escoita.

https://www.youtube.com/watch?v=UXE2oiEMNnI
 Tamén podemos aprender uns segredos desta marabillosa cidade. Que interesante!

https://www.youtube.com/watch?v=HS4RFFw7308&spfreload=5

 

lunes, 3 de abril de 2017

CARTA DE GASPAR DO MES DE ABRIL

E xa temos outra vez, carta de GASPAR. 
Outro mes, outra carta e por suposto OUTRA MARABILLA. Mirade o que nos di GASPAR
 É UN ANTIGO POBOADO
NO QUE O ACCESO NON É DOADO
CHEO DE ALTAS MONTAÑAS
CANDO QUERAS ME ACOMPAÑAS.
O SEU NOME SIGNIFICA "MONTAÑA VELLA"
POR ISO ESTA MARABILLA,
NO MUNDO ENTEIRO FIXO TANTA MELLA.

Pois sí, é MACHUPICHU a MARABILLA do mes de abril. 
Tedes que buscar información donde se atopa, en que continente, país, as súas costumes.
 Imos aló! Espéranos unha boa viaxe.Disfrutade 






CONTACONTOS PARA 1º, 2º E 5º CURSOS

O xoves, día 30, os nenos e nenas de 1º eº 2º a primeira hora e os nenos/as de 5º curso máis tarde, recibiron a visita da contacontos María, pola cortesía da editorial S.M.
       Foron unhas sesións divertidísimas e os nenos/as o pasaron moi ben. Mirade as fotos!

domingo, 2 de abril de 2017

VISITA DO ESCRITOR DAVID FERNÁNDES SIFRES


O luns, 27 de marzo, vistounos o escritor DAVID FERNÁNDEZ SIFRES,  para falar do libro que leron os nenos e nenas de 4º curso, titulado "QUE VIENEN LOS FANTASMAS", pola cortesía da editorial Edelvives.
 O escritor fixo varias actividades moi entretidas que nos fixeron rir a todos/as. 
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas.
Despois asinou os libros dos nenos/as , tamén asinou o no noso libro de bitácora e, por último, lle dimos o agasallo deste curso: un fermoso marcapáxinas con forma de golfiño, a nosa mascota. 
Foi unha sesión moi divertida. Mirade as fotos!!

sábado, 1 de abril de 2017

OS NENOS E NENAS DE 5º CURSO TRABALLARON SOBRE CHICHÉN ITZÁ

Os alumnos/as de 5º curso investigaron moito sobre a marabilla que nos tocou traballar no mes de marzo: CHICHÉN ITZÁ.
Contruíron unhas maquetas e logo fixeron unha presentación para todos os seus compañeiros sobre o tema.
Mirade as fotos!