Mostrando entradas con la etiqueta Día do Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Teatro. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o día da poesía (21 de marzo) e do teatro (27 de marzo) fixemos un programa especial de radio en vivo, guiado polo alumnado de 6º curso e retransmitido no tempo de lecer. Neste participaron os alumnos/as de 6º de infantil, coa lectura dun fragmento teatral da obra "El circo de la fantasía", o alumnado de 1º que nos recitou un poema do seu libro de itinerarios lectores "O meu gato é un poeta", 3ºB co seu "manual para ser poeta" e 4º de primaria coas súas ladaíñas.

Esperamos que gocedes do 2º programa de "Ondas do Ría", que proximamente terá novo logo! 

Grazas a tódalas familias por participar na creación do mesmo.

 



jueves, 27 de marzo de 2014

DÍA DO TEATRO



Hoxe, día 27 de marzo, xa case a piques de rematar este mes tan cheo de festa, chega o
DÍA DO TEATRO.
Os nenos/as de 3º curso fixeron unha representación dunha parte do libro que están lendo na clase " Las seis caras del señor Grunt", da escritora Ana Alonso, que visitounos fai uns días.
A este representación asistiron os nenos/as de 5º curso.
A obra trata dun pintor, chamado Max, que ten que pintar a un capitán con sete caras diferentes.
Aplaudímoslles moito porque o fixeron moi ben.
Mirade as fotos!

jueves, 29 de marzo de 2012

DÍA DO TEATRO: Visita de Mario Tomás

O pasado martes, 27 de marzo de 2012, conmemoramos o Día do Teatro e, que mellor visita, que Mario Tomás.
"Mario Tomás López comienza su andadura teatral en el teatro amateur de Lugo en 1984, siendo cofundador de la asociación Chévere y participando en los diferentes espectáculos y talleres formativos de la asociación hasta 1987. Se formó en Alemania, París y Madrid con profesionales da talla de Jacques Lecoq, o con la directora del teatro Tembr de Moscú, entre otros muchos. Actor en espectáculos clásicos cómo La vida es sueño, Él burlador de Sevilla o Bodas de sangre, por sólo nombrar algunos, Mario Tomás también es y fue director y ayudante de dirección de otros muchos, tales como TROYA SIGLO XXI para el festival de teatro clásico de Mérida (2002) o la versión y puesta en escena de LOS TRES CERDITOS Y ALGUN OTRO (2007). Tiritero desde 1997 con numerosos espectáculos por toda la geografía del Estado, también colaboró en series como "Aquí no hay quien viva" (2005) y fue la voz del personaje de Bach en el programa Él conciertazo en TV-2 (2002/2004). En 2005 crea la compañía de guiñoles Tirititempo, con la cual ha estrenado ya varios espectáculos: Los Tres Cerditos y Algún Otro, La Isla del Tesoro y Setesete."


Todo o alumnado do colexio puido disfrutar da súa visita, en sesións diferenciadas.
En primeiro lugar, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de primaria que disfrutaron cunha historia africana.
Posteriormente, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria tamén disfrutou da sesión con Mario Tomás e das historias e divertidas personaxes que nos presentou.
Para rematar, Mario asinou no Caderno de Bitácora e nós lle regalamos un dos nosos fermosos  marcapáxinas.
Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes e coa ligazón para acceder ao álbum de fotos.


Ligazón

viernes, 1 de abril de 2011

Día Mundial do Teatro 2011 (III)

Onte, xoves 31 de marzo, os nenos e nenas de 4º de Primaria nos contaron o conto titulado "O ladrón de galiñas", de Béatrice Rodríguez, editado por "Libros del Zorro Rojo"
O alumnado asistente foi o de 3º, 5º e 6º de Primaria.
Este conto ilustrado, sen texto, que atoparon na BiblioRía do cole, deulles pé para escribilo entre todos os alumnos e alumnas da aula, xunto coa súa mestra Marina.
Utilizando as novas tecnoloxías instaladas na aula o foron deseñando e, posteriormente, o presentaron colocando as láminas da historia no KAMISHIBAI, rendendo así unha pequena homenaxe a Xapón, xa que este "aparello" é un tetro tradicional xaponés que se usa para contar historias aos nenos e nenas.
Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel". Esta forma de contar contos é moi peculiar nese país, e forma parte dunha tradición milenaria para espertar a imaxinación e a fantasía dos nenos e nenas.
Tamén, nós pretendemos espertar a imaxinación, a fantasía e o hábito lector con estas actividades coas que agardamos disfrutaran actores, espectadores e, agora, todos os usuarios e usuarias deste blogue.
Aquí vos deixamos as imaxes.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Día Mundial do Teatro 2011 (II)

Seguimos coas actividades de animación á lectura na nosa BiblioRía. Hoxe lle tocou o turno ao alumnado de 2ºA que representou a obra teatral "A ratiña bambeada", adaptada pola súa mestra Carmen. Os espectadores que puideron disfrutar da historia foros os alumnos e alumnas de educación infantil.
Sobre as 12:30 horas da maña, comezou a función; os nenos e nenas de 2ºA estaban un poquiño nerviosos antes de comezar pero, cando a mestra Carmen presentou a obra, todo saíu moi ben e recibiron, ao rematar, os aplausos dos seus compañeir@s e as felicitacións do profesorado alí presente.
... ATA MAÑÁ!!!

martes, 29 de marzo de 2011

Día Mundial do Teatro 2011 (I)

O domingo pasado, día 27 de marzo de 2011, celebrouse o

DÍA MUNDIAL DO
Nós, dende a BiblioRía, tamén queremos sumarnos a esta iniciativa desenvolvendo unha serie de actuacións teatrais da man do noso alumnado e favorecendo así a ANIMACIÓN Á LECTURA.
Aquí vos deixamos a programación das actividades:
Hoxe, o alumnado de 2ºB representou "A margarida branca" para os nenos e nenas de 1º e 2ºA.
Mañá, está prevista a actuación do alumnado de 2ºA coa obra teatral "A Ratiña bambeada"; estade moi atentos e atentas a este blogue xa que aquí atoparedes toda a información.
ATA MAÑÁ!!!