E, como xa estaban desexando ir a biblioteca, hoxe acudiron un montón de rapaces e disfrutaron de verdade.
Mostrando entradas con la etiqueta Inauguración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inauguración. Mostrar todas las entradas
jueves, 2 de mayo de 2019
Festa coas familias
As familias tamén disfrutaron dunha tarde de festa despois de ver a nova biblioteca. Houbo sorteos e agasallos e tamén uns aperitivos elaborados na cociña do centro. Moitas Grazas a todos e … A disfrutar coa lectura!.
miércoles, 1 de mayo de 2019
Festa cos padriños e madriñas
Co gallo da nova biblioteca, os padriños e madriñas acompañados dos seus afillados pasaron un bo rato lendo xuntos no patio. A continuación degustaron unha chocolatada que estaba exquisita.
Inauguración Biblioteca
Os nen@s de 6º foron os encargados de facer a presentación da nova biblioteca. Xa que este ano o tema do Proxecto é "Cociñando Contos", os presentadores estiveron ataviados con atuendos culinarios.

Tamén tivemos a sorte de ter música en directo interpretada polo alumnado de 6º de E.Primaria e tamén de Susa Herrera coa que cantamos varias cancións, acompañada polos profes Iria, Lupe e Juanca.

E tamén o "chef" desta marabillosa BiblioRía.
Tamén tivemos a sorte de ter música en directo interpretada polo alumnado de 6º de E.Primaria e tamén de Susa Herrera coa que cantamos varias cancións, acompañada polos profes Iria, Lupe e Juanca.
domingo, 29 de octubre de 2017
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa comenzan a viaxar polos fogares do Ría de Vigo as nosas mochilas cheíñas de aventuras, pasatempos e imaxinación. Coma sempre un nen@ de cada clase comeza a súa andaina.
3 anos
4 ANOS
5 anos
1º E.P
2º EP
3º EP
4º A E.P
4º B
5º E.P
6º E.P
4 ANOS
5 anos
1º E.P
2º EP
3º EP
4º A E.P
4º B
5º E.P
6º E.P
BOA VIAXE E DISFRUTADE MOITO!
INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIORÍA
MIRADE que ben o pasamos o día da inauguración da nosa "Biblio".Tivemos un marabilloso contacontos, o noso profe GERMÁN, e un grandioso dobraxe feito polos alumnos de 6º de E.Primaria. Estivo xenial!
Gaspar deixounos na biblioteca uns agasallos para os profes e para os nen@s coma sempre as nosas chuches con forma de golfiño.
lunes, 23 de octubre de 2017
GRAN FESTA DE INAUGURACIÓN
Como xa sabedes mañá DÍA 24 de outubro celébrase
o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Gaspar xa mandou as invitacións.
Miradeas
Estades preparados para mañá.
Este é o CARTEL da Consellería de Educación.Preme na imaxe e coñecerás un pouco máis porqué celébrase este día.
O lema:
"APRENDE A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"
viernes, 28 de octubre de 2016
APERTURA DA NOSA BIBLIO. INAUGURACIÓN
Por fin!
Hoxe é o gran día.
Xa podemos ir a Biblioteca.
Xa podemos mergullarnos nun montón de aventuras. Gaspar mandounos unha invitación para asistir á festa da "Biblio". Mirade que chula!
APERTURA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach
Hoxe é o gran día.
Xa podemos ir a Biblioteca.
Xa podemos mergullarnos nun montón de aventuras. Gaspar mandounos unha invitación para asistir á festa da "Biblio". Mirade que chula!
Durante todo o día Gaspar recibíu a todos os nenos e nenas do colexio na biblioteca, para lembrarlles as normas xerais e iniciar o proxecto deste curso " AS MARABILLAS DO MUNDO".
Miramos un Powert Point no que a nosa mascota contounos cousas moi interesantes. Rematamos cunha canción moi bonita titulada
Miramos un Powert Point no que a nosa mascota contounos cousas moi interesantes. Rematamos cunha canción moi bonita titulada
" Vamos a leer", cun agasallo de gominola e un marcapáxinas moi especial, que ten no seu reverso un extracto do pregón que a nosa escritora Ledicia Costas tiña preparado para hoxe, por ser O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Os mestres e mestras tamén recibiron un agasallo moi especial, feito polo equipo de biblioteca, un marcapáxinas con forma de Gaspar. Por último, os nenos e nenas de 6º curso que son axudantes de biblioteca, recibiron os seus distintivos e un agasallo dun caderno de viaxe, para anotar as súas experiencias.
Aquí tedes as fotos e a canción!!!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES A TODOS E TODAS!!
lunes, 26 de octubre de 2015
INAUGURACIÓN DUN NOVO CURSO NA BIBLIORÍA
Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", que foi o sábado 24. Fixémolo, como sempre, coa apertura da biblioteca.
Dende as 9:30 ata as 13:45 os nenos e nenas foron baixando á biblioRía por cursos.
Primeiro tocoulles aos nenos/as de Infantil; despois aos de 1º e 2º e antes do recreo aos de 3º e 4º.
Despois do recreo acudiron a biblioteca os alumnos e alumnas de 5º e 6º.
O acto dividiuse en dúas partes:
Na primeira, Gaspar apareceu nadando na pantalla dixital e lembrounos as normas da biblioRía.
Na primeira, Gaspar apareceu nadando na pantalla dixital e lembrounos as normas da biblioRía.
A segunda parte centrouse no proxecto que imos desenvolver este curso. Gaspar preguntou sobre o encargo que nos fixo fai uns días de mirar as cariñas que están nos corredores e colocalas ben. Fomos mirando na pizarra as cariñas e comprobamos que todos os nenos e nenas traballaron moito porque recoñeceron as emocións de todas as caras.
Coa actividade das cariñas, todos os nenos/as descubriron cal vai ser o tema do proxecto deste curso: AS EMOCIÓNS, co lema
" EMOCIÓNATE COA LECTURA" .
" EMOCIÓNATE COA LECTURA" .
Despois os nenos/as de infantil, 1º e 2º cursos miraron un vídeo de emocións moi bonito, sobre o conto " El monstruo de colores". Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º miraron outro vídeo con varias emocións presentes en distintos personaxes de debuxos animados e películas.
A última hora baixou o neno ou nena de cada curso que levará a mochila viaxeira este xoves. Os afortunados/as en levala primeiro serán: Alba de 3 anos, Samuel de 4 anos, Isaac de 5 anos, Zoe de 1º curso, Hugo de 2º, Brián de 3º, Uxía de 4º, Fran de 5º e Antonio de 6º.
E, para rematar, despedímonos cun agasallo de gominola para cada neno/a e un agasallo tamén para os mestres/as.
Disfrutamos dunha xornada moi especial e moi emotiva.
Non vos perdades a seguinte entrada no blogue porque aparecerán os encargados de biblioteca, que comezan o seu traballo nos recreos.
Non vos perdades a seguinte entrada no blogue porque aparecerán os encargados de biblioteca, que comezan o seu traballo nos recreos.
Aquí tedes os vídeos e a reportaxe gráfica.
INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA on PhotoPeach
sábado, 25 de octubre de 2014
INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA
Hoxe, día 24 , como xa sabedes, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e, aproveitamos a ocasión para inaugurar a nosa Biblioteca.
Cada curso foi baixando á biblioteca na hora sinalada no programa:
Como vedes, fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar.
"LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".
Aquí tedes o precioso conto e o marcapáxinas cunha poesía de Gloria Fuertes, traducidos ámbolos dous ao Galego. Tamén ensinámosvos os vídeos e as fotos en dúas presentacións: unha para as actividades de todos os cursos e outra para a entrega das mochilas viaxeiras e a presentación dos axudantes do 6º curso."LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".
Ao
final, entregamos un agasallo de gominola, un marcapáxinas cunha
poesía de Gloria Fuertes e uns libriños de fomento á lectura.
Tamén fixemos entrega aos encargados de biblioteca de 6º curso dos distintivos e da guía de axudantes.
domingo, 27 de octubre de 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 celebrouse o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, aínda que debido á folga, no colexio celebrámolo o VENRES 25, coa reapertura da nosa Biblioteca.
Foi unha celebración simbólica que servíu para lembrar as normas, revisar as carpetas, motivar aos alumnos, así como introducir o lema deste curso
"LENDO CON ARTE"
Todos os grupos de alumnos baixaron á biblioteca co seu titor/a, para ver a exposición de Libros de Arte, lembrarlles o funcionamento, distribución de espazos, préstamos...etc.
Miramos dous vídeos, un deles " El perro y el delfín", que explica o valor da amizade.
O outro vídeo titúlase " La lectura en el arte ", onde aparecen cadros con persoas lendo.
l
Como despedida, todos os alumnos/as recibiron un agasallo de gominolas de Gaspar e un marcapáxinas para colorear, relacionado co lema deste curso.
Asemade, entregouselle aos encargados de Biblioteca do 6º curso os seus correspondentes distintivo,s que terán que poñer o día que lles toque traballar no recreo.
Por último,un neno/a de cada curso baixou a Biblioteca para recoller a mochila viaxeira, que comeza sempre a súa andaina por estas datas.
FOI UN DÍA MOI, MOI ESPECIAL PARA TODOS NÓS!!
Por último,un neno/a de cada curso baixou a Biblioteca para recoller a mochila viaxeira, que comeza sempre a súa andaina por estas datas.
FOI UN DÍA MOI, MOI ESPECIAL PARA TODOS NÓS!!
Aquí tedes unha selección de fotos dos momentos máis importantes, coa música que estará sempre presente na nosa BiblioRía.
jueves, 25 de octubre de 2012
Inauguración BibioRía
INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA
O mércores, día 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares ao tempo que fixemos a reapertura oficial da nosa Biblioteca. Foi unha celebración simbólica que servíu para lembrar as normas, revisar as carpetas e motivar aos nenos, así como introducir o lema deste curso:
" LENDO O MUNDO CON TINTÍN"
Todos os alumnos baixaron a Biblioteca coa súa titora/or e un membro do equipo de Biblioteca. No primeiro lugar lembráronse o funcionamento , as normas, a distribución dos espazos e os préstamos.
A continuación presentáronse a selección de libros do tema deste curso, na "Exposición dos comics de Tintín".
Despois visionaron un fragmento dunha película de Tintín.
Como despedida todos os alumnos recibiron un agasallo de gominolas de Gaspar e una marcapáxinas, alusivos ao tema deste curso que poderán colorear do xeito que queran.
Como despedida todos os alumnos recibiron un agasallo de gominolas de Gaspar e una marcapáxinas, alusivos ao tema deste curso que poderán colorear do xeito que queran.
No tempo da " HORA DE LER" baixaron á Biblioteca os nenos que lles correspondía recoller as Mochilas Viaxeiras. Asemade, os nenos do 6º curso, que farán de axudantes da Biblioteca, pasaron a recoller os seus distintivos.
A xornada foi un éxito!
A xornada foi un éxito!
Os nenos marcháronse as súas aulas motivados, desexando recibir cedo moitas novas de Tintín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)































