Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de enero de 2017

BENVIDA



Benvidos de novo ao cole neste segundo trimestre cheo de emocionantes aventuras dende a nosa Biblioría. Que novas traerá Gaspar? Esperamos ansiosos a súas cartas.

jueves, 15 de septiembre de 2016

BENVIDA á Comunidade educativa do Ceip Ría de Vigo

Xa estamos de volta neste novo curso. Estade atentos as vindeiras novas da nosa BiblioRía. 
Que estará facendo Gaspar? Seguro que está buscando unha chea de historias para contarnos viaxando polo mundo adiante. Xa estamos desexando que volva. 

jueves, 3 de octubre de 2013

Xa estamos de volta!


                 XA ESTAMOS DE VOLTA! 

                            Ola a todos e todas!

Xa estamos de volta un curso máis no noso blogue de BiblioRía.
Dentro de pocos días, celebraremos o 
"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e abriremos a nosa Biblioteca a un proxecto novo.
De momento, conformarémonos coa carta que Gaspar envíou a todas as aulas proporcionándonos  pistas sobre o tema que traballaremos neste curso. 


Ola! Que tal amiguiños e amiguiñas?
Espero que xa estedes todos de volta. Cantos desexos teño de vervos!
Estou a piques de chegar ao cole, aínda que xa sei que remataron as vacacións.
Cantas novidades  teño que vos contar e ensinar. . .
Pasei o verán viaxando. Como sempre! E como ás veces son un pouco despistado, sen saber como,  vinme metido nun tremendo labirinto de canales e canto mais nadaba menos atopaba a saída. Foi un verdadeiro pesadelo!
Pero como di o refrán; “Non hai mal que por ben non veña”, así que unha noite me encontrei nun lugar marabilloso e enorme, tan silencioso pola noite como a vosa BiblioRía, pero moitísimo mais grande, con moitas escaleiras, moitas salas e teitos de cristal!
Estaba tan canso que  adormecín. Pensei que estaba nun barco que me ía traer ao cole Ría de Vigo, pero cando o sol entrou polos teitos acristalados e polas altísimas vidreiras de cores quedei pampo  co que alí había . . . Corrín como tolo dunha sala a outra e cada cal era mellor ca  anterior!
Noooon! Non era un tesouro! Aínda que ao mellor tamén se lle pode chamar así.
 Aquelas marabillas que colgaban daquelas altísimas paredes fixéronme pensar que seguía soñando, pero . . .  de súpeto, uns fortísimos e amables gardas de seguridade leváronme ate o mar onde atopei o camiño de retorno.
Agardade por min, que chego axiña, pero mentres tanto ide  PENSANDO:  onde estaría eu? Que me podería asombrar tanto?
Se sodes quen de adiviñalo daredes coa pista do tema que imos ter este curso na BiblioRía, jaja
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos  corredores.
E nada máis por hoxe. Vémonos prontiño!                     



Bicos salgados,



sábado, 13 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

Aquí vos amosamos o cartel das Bibliotecas Escolares deste ano...
 ... e vos deixamos co artigo publicado na súa páxina oficial.

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. 
As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa. Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013.

Xa estamos de volta!!!

Ola a todos e todas! Xa estamos de volta un curso máis no noso blog da BiblioRía.
Dentro de poucos días, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e desvelaremos pequenos detalles sobre o proxecto anual deste ano.
Mentres tanto, vos deixamos coa carta enviada por Gaspar os primeiros días do curso.


SAÚDOS DE GASPAR DENDE O EXTRANXEIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!  Qué tal o novo curso?   

Xa sei que remataron as vacacións, pero eu aínda ando un pouco liado percorrendo países lonxanos cun novo amigo que vos presentarei á volta, que é moi aventureiro e anda a percorrer o mundo co seu can, asi que aceptei a invitación de acompañalos porque xa sabedes que a min tamén me gustan estas aventuras. Estou seguro de que  tamén a vos os han de gustar as historias que conta este amigo.

Non vos quero adiantar nada, porque vai ser unha sorpresa. Pero a ver si sodes capaces de imaxinar de que personaxe se trata este novo amigo meu.

Estade atentos, xa vos irei mandando pistas.

Dende pases moi lonxanos,  quero desexarvos un feliz retorno ás aulas.

Vémonos axiña. Bicos,
                                                                                        
 Gaspar
Setembro/2012
 

martes, 27 de septiembre de 2011

Benvid@s a un novo curso na BiblioRía

BENVI@s a un novo curso escolar na BiblioRía; desexamos vivir con todos milleiros de actividades e experiencias que aumenten o noso amor pola lectura.
Ah!... Gaspar non quere pasar sen dicirvos unhas palabras:
Hola amiguiños!
Supoño que xa estaredes disfrutando  a tope do noso cole Ría de Vigo, non si?
Que sorte a vosa! Eu aínda me atopo un pouco lonxe, a moitas millas de aí, e xa estou sentindo moita morriña, por iso quero voltar o mais axiña posible.
Que tal de vacacións? Xa me contaredes algo. Vivístedes moitas aventuras? Eu, pola miña parte, teño moitísimas cousas  que contarvos das miñas viaxes polos mares do Sur e do Norte, onde me atopo agora mesmo.
Nin vos imaxinades o que  se pode atopar no fondo do mar . . . e a de historias de barcos que se escoitan nos portos da costa!
En canto chegue quero contárvolo todo, todo, todo!
Tamén atopei unha chea de libros que falan de historias que aconteceron no mar: aventuras,  viaxes, etc. que axiña estarán nos andeis da BiblioRía e así vos tamén   poderedes vivir tantas aventuras coma min.
 Xa estou impaciente por chegar,  moitas historias agardan por nos este novo curso.
 Bo comezo e bicos xeados dende o Ártico. Con agarimo,
                                                                                                    Gaspar
                                                                                               Setembro, 2011      

domingo, 30 de enero de 2011

BENVID@S AO BLOGUE DA BIBLIORÍA

Hola a todos e todas!!!

Son Gaspar, a mascota da biblioteca do CEIP. Ría de Vigo, a BiblioRía.
A partires de hoxe, poderedes descubrir nesta plataforma da rede todas as novas relativas ao meu fogar, todo o que acontece tanto dentro como fóra das portas da BiblioRía.
Esperamos os vosos comentarios así que Benvid@s e ADIANTE!!!