Mostrando entradas con la etiqueta Mes do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mes do Libro. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de mayo de 2014

APADRIÑAMENTO LECTOR


O xoves, día 8 de maio, foi un gran día! Xa estábamos un pouco impacientes, tanto os padriños e madriñas coma os afillados/as, que pensabamos ter esta actividade o día 24 de abril, para completar as actividades do Día do Libro, pero como queriamos facelo ao aire libre e sempre estaba a chover  tivemos que ir pospoñéndoa.

Xa facía algún tempo que lle fixeran a visita na aula, para coñecerse e facerse a foto xuntos para o carnet. Asinaron os carnets e repasaron os compromisos. Mentres agardaban que chegase o día.

Así que por fin saíu o sol  e os padriños e madriñas , co seu conto na man,  que xa tiñan seleccionado e preparado,  esperaban ansiosos a sinal para ir ás aulas dos máis pequenos  e facerse cargo do seu afillado/a .

Collidos pola man baixaron cerimoniosamente as escaleiras e, xunto cos profes, dirixíronse ao lugar do patio grande que cada grupo tiña asignado..

O silencio reinaba na soleada mañá, e os case douscentos nenos e nenas, agrupados de dous en dous ou de tres en tres, semellaban fermosas frores de maio entre a herba. Soamente un leve murmurio de lecturas en voz baixa e os chíos dos paxariños  enchían o aire,

E  xa para rematar, de premio por tan bo comportamento lector, unha margarida de gominola para adozar esta fermosa mañá de primavera.

         Non vos perdades as fotos que contan moito máis que as palabras.

jueves, 24 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO NA BIBLIORÍA

Onte, 23 de abril, celebramos o día do libro na BiblioRía, que como ben sabedes a UNESCO estableceu nesta data o
 " Día internacional do libro e do dereiro de autor, xa que nesa mesma data do ano 1616 finaron tres grandes figuras da literatura universal. Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Todo o alumnado do colexio foi pasando pola Biblioteca na súa quenda ao longo da mañán onde os agardaban Gaspar e as profes do Equipo de Biblioteca para facer unha celebración especial neste día.
En primeiro lugar  fíxose unha presentación para lembrarlles o motivo desta celebración, dando lugar á lectura do comezo da obra de Cervantes " El Quijote".
A continuación uns compañeiros foron lendo aos demais un poema da escritora Paula Carballeira, que nos visitou neste mesmo mes, titulado  "Só un libro".
Despois presentóuselles aos nenos/as un libro novo titulado 
" O increíble neno devorador de libros", para pasar a continuaciíon a ver o vídeo dese mesmo libro no encerado dixital.
Rematamos a festa cunha canción de Pablo Díez titulada " O Libro", esta canción forma parte do libro-disco "TIC-TAC", editado por Kalandraka, que convina música e ilustraicón para o público infantil.
Como sempre, antes de voltar ás aulas, todos recibimos uns agasallos para lembrar este día.
Se queredes volver a ver o vídeo premede na imaxe.
 Como sempre, tamén tedes o reportaxe gráfico deste día, coa canción de Pablo Díez.
FELICES LECTURAS!!


miércoles, 9 de abril de 2014

HOXE VISITOUNOS PAULA CARBALLEIRA


Hoxe,día 9 de abril, visitounos a escritora PAULA CARBALLEIRA, Fene,A Coruña,1972, por cortesía da editorial Tambre-Edelvives.
 A sesión estaba preparada para os nenos/as de 3º e 4º cursos.
Paula empezou co teatro no colexio, despois participou como actriz en series e programas de la Televisión Galega; tamén escribíu numerosos libros, coma o que leron os nenos/as de 4º curso titulado "CASAS".
A sesión resultou moi divertida. Contou aos nenos/as contos de suspense e medo. Dicía que cando ti contas unha historia de medo a alguén, tí xa non tes medo; de este xeito Paula contaba historias de medo ao seu irmán Antonio, ela marchaba a durmir porque xa non tiña medo e o neno non podía durmir en toda a noite, Antonio contoullo a súa nai e prohibíulle contarlle contos ao seu irmán, por isto cando foi maior empezou a escribir as súas historias.
Explicounos como escribíu o libro " Casas".  Cando era pequena vivía nun piso que lle parecía grande, máis tarde cando naceron os seus irmáns  parecíalle más pequeno. Cando foi maior e tiña que atopar unha casa para vivir investigou diferentes tipos de casas e así xurdiron as diferentes casas que aparecen no libro, máis algunhas outras imaxinadas por ela.
Os nenos/ as de 3º e 4º cursos pasárono moi ben coas historias que lles contou Paula.
Foi unha sesión inolvidable!!
Moitas grazas Paula! Esperamos verte moi, moi axiña.



ACTIVIDADES PARA O MES DE ABRIL


O mes de abril está cheo de actividades de animación á lectura; pois como xa sabedes,
 "EN ABRIL, LIBROS MIL" .





domingo, 6 de abril de 2014

CHEGOU O MES DE ABRIL



“EN ABRIL, LIBROS MIL”
Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa chegou o mes do libro!

Aínda que nós andamos sempre mergullados entre libros, este mes queremos facelo dun xeito moi especial. Estade atentos ao programa, que imos ter unhas actividades superchulas.

Tamén é tempo de lembrarse dos padriños; pois a ver se os padriños do cole van buscando o conto máis bonito para lerlle como agasallo aos seus afillados.

O venres, día 4, algúns dos maiores fixeron xa unha visita aos seus afillados/as.

Tamén os nenos e nenas de 3 anos, que son novos no cole, van ter uns novos padriños. Serán os nenos e nenas de 3º de Primaria que xa pasaron ao lado dos maiores e este ano estréanse como padriños.

Seguro que o farán todos moi ben.

FELIZ MES DO LIBRO!

jueves, 25 de abril de 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Por fin chegou o día tan esperado por todos/as:
 O 24 DE ABRIL.
Os padriños e madriñas foron a buscar ás aulas aos seus afillados/as e os levaron ao patio para contarlles os contos que levaban preparando durante un tempo.
O día resultou marabilloso. O tempo acompañou e todos os nenos/as disfrutaron moito da xornada de convivencia e lectura.

martes, 23 de abril de 2013


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o día do libro no colexio.
Como ben sabedes, a UNESCO estableceu esta data como " DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data do ano  1616 finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da Literatura Universal.
Por este motivo, neste día tan especial, para ir coñecendo a obra deste español universal ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos/as de todo o mundo,  xuntámonos, por grupos, na Biblioteca do colexio para ler o comezo deste libro:

" DON QUIJOTE DE LA MANCHA" , de Cervantes.

Esta vez a lectura fixémola nunha versión que temos en comic na Biblioteca, para relacionalo co proxecto que estamos a desenvolver neste curso.

Tamén escoitamos a lectura do poema titulado " Só un libro",recitado por un grupo de nenos/as de 5º e 6º, que foi un agasallo que a escritora Paula Carballeira fixo ás Bibliotecas escolares de Galicia para o día do libro deste ano.

Os nenos/as levaron como agasallo unha páxina do comic, para lela e coloreala ó seu gusto e unha gominola de Gaspar.
Para os mestres/as tamén houbo agasallos.


sábado, 20 de abril de 2013

CONTACONTOS

      Hoxe, venres día 19, no recreo, disfrutamos na biblioteca do colexio doutra sesión de contacontos, da man de Naiara, Raquel e Iria, de 5º e 6º cursos,
representando o conto " El Pollo Pepe".
 
     Tanto as mestras/es como os nenos/as disfrutamos moito da representación.

PARABÉNS A NAIARA, RAQUEL E IRIA!

miércoles, 17 de abril de 2013


CONTACONTOS

      O día 12 de abril,  tres axudantes da BiblioRía de 5º e 6º cursos prepararon no recreo unha actividade de Animación á Lectura, co conto titulado:
                      " Os tres porquiños".
     A actividade resultou do agrado de todos/as os nenos/as  e os mestres/as que acudimos a mirar a representación.

PARABÉNS PARA ALEX, XIÁN E HENOK por facernos pasar un rato tan agradable!

domingo, 14 de abril de 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Esta semana comezamos a primeira  actividade programada para o mes do libro.

A actividade consiste en ser PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. Ou sexa, un neno/a maior leerá un conto a unha nena/o  máis pequeno, compartindo así momentos de lectura.

O luns, día 8 de abril, xuntáronse os padriños/ madriñas cos seus correspondentes afillados/ afilladas para coñecerse e falar sobre os seus gustos, aficións..etc;  o que lles permitíu elixir  un conto axeitado a idade e os gustos do seu afillado/a.
A partires do martes os nenos dos distintos cursos acudiron acompañados dos seus afillados/as  a biblioteca para asinar o correspondente
CARNET DE APADRIÑAMENTO LECTOR.
Con este Carnet os padriños/madriñas comprométense  a tratar con respecto oa seu afillado/a, ter paciencia e lerlle o mellor posible. Asemade os afillados/as comprométense a respectar ó padriño/madriña e escoitar con atención o conto.
O martes, día 9, acudiron os nenos de 3º curso cos seus afillados/as, que son  os nenos/as de 3º anos.
O mércores 10, os nenos/as do 4º curso cos nenos/as de 4 anos.
O xoves 11, os nenos/as do 5º curso e os nenos/as de 5 anos.
O venres 12, os nenos/as do 6º curso e os nenos/as de 1º e 2º cursos.

Ademais de asinar o correspondente carnet, escribiron por detrás o título do libro que pensan lerlle o seu afillado/a.

Foi unha actividade moi bonita que contribuíu a desenrolar  as relacións  interpersonais dos slumnos do centro e posibilitou o acercamento entre nenos/as de idades diferentes.

Ahora todos os padriños/madriñas están preparando as súas lecturas, para convertirse nuns verdadeiros PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES, pronto teredes máis novas, de momento podedes disfrutar das fotos.

domingo, 7 de abril de 2013

                      ABRIL: MES DO LIBRO
"EN ABRIL LIBROS MIL"

      Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estamos xa no mes do libro.

      Xa rematou a Pascua, e de seguro que aínda andades a comer a rosca e os ovos de chocolate que vos regalaron os padriños, non sí?
uhmmmm que ricos.

       Dende o equipo de Biblioteca pensamos que vos gustaría ter tamén uns padriños no cole, pero sen agasallar roscas, eh! Escoitade! Imos facervos unha proposta:

       Trátase dun xogo que se chama "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES E LECTORAS".

       O xogo consiste en que un neno ou nena dos maiores lle lea un conto a outro neno ou nena máis pequeno. Que vos parece a idea de ser afillados e afilladas lectores?

       Ademais desta actividade temos programadas, durante todo o mes de abril, as actividades seguintes:
 

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
DÍA
ACTIVIDADE
 
22
 
APADRIÑAMENTO LECTOR
 
23
 
DÍA DO LIBRO: “ACHEGÁNDONOS AO “QUIJOTE” DENDE O COMIC ”
 
 
 
25
 
PRESENTACIÓN-EXPOSICIÓN SOBRE TINTÍN POR NACHO PÉREZ
 
 
 
26
 
SUSANA LAMELA
EDIT. TAMBRE/EDELVIVES
 
 
 
 
30
 
 
FRANCISCO CASTRO
EDIT. GALAXIA


  Ó longo do mes iremos informando de todas estas actividades.
     Aínda que este é un mes especial, lembrade que:

 O DÍA DO LIBRO PODE SER TODOS OS DÍAS DO ANO.

viernes, 20 de abril de 2012

Fabricamos un mini-libro para o "Día do Libro"

Grazas á mestra Begoña e á páxina http://www.actiludis.com/ descubrimos unha actividade moi orixinal e moi apropiada para conmemorar o 23 de abirl, Día do Libro.

Aquí vos deixamos todos os enderezos necesarios para que poidades estar informados de todos os pasos a seguir:

Este é o mini-libro que imos fabricar:

Se premes na imaxe ou no enderezo que aparece debaixo dela, poderás descargar o arquivo, imprimir e colorear ao teu gusto.
Aquí vai o vídeo que nos amosa como levar a cabo a súa fabricación:

Por último, se queres adaptar este mini-libro á túa escola ou fabricar outro para traballar algún outro tema, aquí vos deixamos a plantilla para a súa creación (en formato Open Office):

sábado, 30 de abril de 2011

Recibimos a BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA


29 de abril de 2011
SESIÓN DE CONTACONTOS
CON
BENXAMÍN MÍGUEZ NOVÓA


E xa como remate final deste mes do libro, hoxe recibimos a visita do contacontos BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos deleitou a pequenos e maiores con diferentes historias para cada nivel repartidas en catro sesións.
Na primeira sesión ,os nenos e nenas de 5 anos e 1º ciclo  disfrutaron un montón con  contos personalizados sobre  monstruos e ratos á vez que facía as ilustracións  e todos quedaron cunha boísima sensación.

 Tamén o alumnado do 2º ciclo, desfrutou da visita de Benxamín Míguez, que, xogando cos personaxes do conto de Paula Carballeira "Correo urxente", fíxolles pasar un rato agradable, demostrando, unha vez máis, o divertido que é ler e compartir lecturas cos compañeiros.

  Co alumnado do 3º ciclo  realizou actividades interactivas referentes ao libro que tiñan lido  de Maite Carranza, “Queres se-lo mozo da miña irmá?” co que pasaron un rato moi divertido mentras recordaban as diferentes escenas do conto.

E por último os nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén o pasaron moi ben con Benxamín, que lles  contou unhas historias tan personalizadas que lles fixeron aflorar os sentimentos pasando da sorpresa a alegría ou do medo á risa sen parar.
Gracias Benxamín, por esta mañán tan ben aproveitada por todo o cole na BiblioRía. 
Aquí vos deixamos cunha presentación das imaxes.

miércoles, 27 de abril de 2011

Mostra dos nosos libros das árbores

SEGUIMOS CELEBRANDO O MES DO LIBRO.
EN ABRIL, LIBROS MIL!

Despois duns días de descanso polas vacacións, volve a actividade á BiblioRía. Seguimos coas celebracións do mes do libro, xa a piques de rematar, e invitamos a toda a Comunidade Educativa a visitar a mostra: “OS LIBROS DAS NOSAS ÁRBORES”, confeccionados coas aportacións que o alumnado elaborou coa súa familia. Non volo perdades!!! Pasade e lede!!!  
 3 ANOS-4º Educación Infantil
  4 ANOS-5º Educación Infantil
 5 ANOS-6º Educación Infantil
 1º Educación Primaria
 2º A Educación Primaria
 2ºB Educación Primaria
  3º Educación Primaria
 4º Educación Primaria
 5º Educación Primaria
  6º Educación Primaria
Gaspar tamén nos está agardando con sorpresas!!! OS préstamos desta semana teñen premio: un marcapáxinas e unha rosa . . . de piruleta!!!  FELIZ DÍA DO LIBRO E . . . DOCES LECTURAS!!!