Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

        Bo día das bibliotecas a tod@s!

  Hoxe, 24 de Outubro do 2020, conmemórase o día das bibliotecas.

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

  Se queres obter máis información pulsa aquí:


 

Durante este tempo estivemos traballando arreo na biblioteca para poder facela o máis segura posible, e xa temos todo preparado! Así que conmemorando o día das bibliotecas, a nosa BiblioRía comezará a funcionar o vindeiro luns 26, onde daremos a coñecer o novo proxecto integral de centro para este curso 2020-2021 da man dos Bibliotequeir@s de 6º de primaria.

Estade atentos para coñecer as novas normas de funcionamento e a temática do PDI!

Por unha biblioteca máis segura.

Saúdos de Gaspar! 




 

martes, 10 de noviembre de 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desde a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das bibliotecas públicas.
Podedes ver toda a información premendo no  enlace de abaixo. En Vigo, coma sempre, as actividades desenvólvense na biblioteca pública " Juan Companel". Tedes tamén a infromación na corcheira do "Recanto de lectura" e nas dúas  corcheiras da biblioteca.

jueves, 7 de noviembre de 2013


 AQUÍ TEMOS  O CARTEL  
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DESTE ANO



        As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. 


   deixámosvos co artigo publicado na páxina oficial

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

miércoles, 13 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012-2013


    Os encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares tiveron lugar os días 7 e 8 de marzo no Palacio de Congresos en Santiago.

A coordinadora da Biblioteca do noso colexio só tivo que asistir o día 8 , posto que para os colexios que levaban xa tempo co PLAMBE, como é o noso caso, os encontros estaban programados só para un día. 

Como todos os anos, contamos con ponentes destacados no panorama internacional da Literatura.

Comezaron cunha conferencia titulada " Novos medios, novas alfabetizacións: Estratrexias e prácticas" da man de Xose Manuel Pérez Tornero".

Despois tiveron unhas mesas de experiencias simultáneas. A coordinadora da Biblioteca asistíu  á titulada: " La palabra vinculada" e outras experiencias de lectura compartida; que resultou moi interesante.

Despois dunha pausa para xantar, iniciáronse os encontros por zonas de responsables de Biblioteca , que consistíu nunha reunión de intercambio de experiencias, reflexión e propostas arredor duns eixos comúns básicos.

Foi unha ocasión estupenda para compartir traballos das distintas bibliotecas; que estiveron expostos nos corredores do Palacio de Congresos

O acto rematou cunha charla, moi interesante, do escritor Agustín Fernández Paz, titulada " A construción do lector".

Rematamos cunha cita, escrita no programa dos encontros, de Ramón Salaberría:

" Cando o labor dunha Biblioteca escolar recae  nun equipo motivado, en profesionais que queren renovar e transformar a pedagoxía, entón os resultados son positivos".


Se queredes ter máis información sobre os encontros premede no seguinte enlace:

 

sábado, 13 de octubre de 2012

IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. 
Varias mestras do noso centro acudirán a estes actos e nos contarán todo o que alí se desenvolva nas páxinas deste blogue.
Para coñecer máis datos sobre a convocatoria deste ano, aquí vos deixamos o texto publicado na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Logo da paréntese de 2011 (ocasionada pola celebración, nas datas acostumadas, do que fora o congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, con carácter estatal), reanúdase unha actividade que, con periodicidade anual, combinando a fórmula xornadas/encontros, vén reunindo a máis de mil docentes en Compostela, preocupados por mellorar a súa formación en todo o relacionado coa lectura na actual sociedade da información, así como as estratexias necesarias para unha axeitada educación neste terreo, pois as bibliotecas escolares son territorios privilexiados para adquirir competencias imprescindibles para moverse polo mundo da información, son centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, fundamentais en colexios e institutos. 
O lema destas xornadas, LER PARA VER, recolle a necesidade de educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación, dos medios polos que se transmite información na sociedade actual, máis aló de soportes ou xéneros discursivos. No programa contémplanse conferencias plenarias (Fabio Tropea, Tíscar Lara, Luis González) e mesas de experiencias, coa participación de expertos en distintos medios, relacionándoos coa educación (prensa, radio, cómic, videoxogos, arte, audiovisuais, vídeo, cine, animación....) e responsables de bibliotecas escolares con boas prácticas nestes ámbitos.
Está aberto o prazo para a inscrición nesta xornada de formación (12 horas), na aplicación FPROFE, con data límite do 12 de outubro. O código da actividade é G1202009, e atópase aloxada nas actividades do Plan Anual de formación do profesorado 12/13, do CAFI-Santiago. É unha actividade organizada conxuntamente por este organismo, dependente do Servizo de Formación do Profesorado, e pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

Aquí vos amosamos o cartel das Bibliotecas Escolares deste ano...
 ... e vos deixamos co artigo publicado na súa páxina oficial.

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. 
As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa. Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013.