Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de marzo de 2014

FALLECE O POETA LEOPOLDO MARÍA PANERO




Leopoldo María Panero Blanc 
 ( madrid  16 de xuño de 1948 - Las Palmas de Gran Canaria 5 de marzo de 2014).
fillo do poeta Leopoldo Panero e irmán do poeta tamén  Juán Luis Panero.
 foi un poeta español, encadrado na poesía española comtemporánea dentro do grupo "Os Novísimos".

 A súa poesía, de alto contenido autobiográfico, comenzou a súa  andadura en 1968, coa publicación do seu primer libro, "Por el camino de Swan". Pouco despois foi incluído na famosa antoloxía de José María Castellet Nueve novísimos poetas españoles, xunto a outros como Vázquez Montalbán o Martínez Sarrión. Pero especialmente recordado será o seu gran poema " La canción de croupier del Mississippi", que resume a súa excéntrica marca persoal.

Tedes máis información sobre a súa vida e obra neste enlace:

 http://es.wikipedia.org/wiki/Leopoldo_Mar%C3%ADa_Panero

martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DA ROSALÍA

Onte luns, 24 de febreiro  celebramos, un ano máis, o cumpreanos da nosa poetisa por excelencia: 
ROSALÍA DE CASTRO.
Hai moitas cousas na nosa terra  que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores , os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas.
Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparamos o equipo de BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo..
Deste xeito Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano " Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, propuxemos ás distintas aulas  que preparasen un poemiña  para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro " ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Empezaron os nenos/as de E. Infantil co poema " Has de centar", para continuar co poema " Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria. Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema " Alborada" e , por último,  participaron os nenos/as de 5º e 6º co poema " Miña  santiña , miña santasa.


ROSAS PARA ROSALÍA
Para representar o poema cada curso escribíu unha estrofa do seu poema nos pétalos dunha rosa que cada quen ofreceu a Rosalía.
Ademais contamos coa visita, para os alumnos de 2º e 3º ciclos, do escritor Pedro Feijoo, antiguo alumno deste centro e tío de Nayra, alumna de terceiro curso.
 Pedro  está investigando sobre a vida de Rosalía e a súa obra: de este xeito, presentounos unha imaxe distinta de Rosalía da que todos coñecemos; ademais de ser unha persoa  triste e chea de morriña, era unha persoa alegre , firme, vengativa e misteriosa.
Asemade algúns nenos saíron  voluntariamente a ler  uns poemas de Rosalía que presentaban esa imaxe distinta da que nos estaba a falar Pedro.
Moitas grazas Pedro pola túa visita!

CUMPREANOS DE ROSALÍA on PhotoPeach

viernes, 14 de febrero de 2014

Bosque de fantasías

 Nos comentarios recibidos no mes de xaneiro no blog de educación infantil, puidemos descobrir a unha parella madrileña, que nos permitiu coñecer un novo proxecto sobre contos e poemas infantís.

O espazo chámase 
e teñen contidos exclusivos e inéditos, escritos por eles mesmos.
http://www.bosquedefantasias.com/
Todos estes recursos os comparten con diferentes centros educativos para fomentar a lectura infantil, así que aquí compartimos a ligazón á súa web para que vos mesmos poidades descobrir os seus traballos.

jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

" POEMAS DO MUNDO"
Hoxe, mércores, día 21 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA POESÍA. cun recital de poesías, dende Educación Infantil ata 6º curso de primaria.
Neste percorrido que estamos a facer polo mundo con Tintín,  foron coñecendo  e recollendo contos, poemas e cancións que hoxe  recitaron para celebrar este día.
O acto dividiuse en dúas partes:
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL recitaron un  poema africano, da República Democrática do Congo, titulado: “OLELÉ”
En segundo lugar, os nenos e nenas de 2º de Primaria, que andan a facer viaxes pola Lúa con Tintín, recitaron o poema :  “QUISIERA SABER” de  INMACULADA DÍAZ
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, que tamén andan pola Lúa cós seus compañeiros de 2º,   recitaron un poema  titulado  “EN UN TROZO DE PAPEL” de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
E  para rematar esta primeira parte, os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.
 Na segunda parte participaron os nenos/as do 2º, 3º ciclo e 1º de Primaria.
En Primeiro lugar os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.


En segundo lugar, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que andan a facer viaxes pola China con Tintín recitáronnos uns poemas titulados:  “DE CHINA A GALICIA”   feitos por eles mesmos, coa axuda da súa titora.
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, que  andan viaxando a Sidney, en Australia con Tintín   recitaráronnos un poema  adicado a un animal que vive alí   “LA FAMILIA CANGURO” de INGRID CHOURIO DE MARTINEZ.
Despois os alumnos de 6º de P. , os maiores do colexio,  recitaron para todos nós un poema que recollía as súas investigacións sobre a viaxe de Tintín ao Tibet, titulado: “EL MIEDO EN lHASA”
Para rematar, a coordinadora de Biblioteca entregou  a cada titor un diploma con cinco motivos para ler poesía.
Por último,  as presentadoras e o presentador do acto, deron as grazas, en nome do equipo de Biblioteca, xunto con Gaspar, a todos e todas por participar, unha vez máis, de este xeito tan fermoso neste RECITAL DE POESÍA.