Mostrando entradas con la etiqueta Semana cultural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana cultural. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de junio de 2013

SEMANA CULTURAL: EXPOSICIÓN DE 6º DE PRIMARIA


Os nenos/as  de 6º curso contaron aos nenos/ as de 4º curso  moitas cousas sobre o proxecto que estiveron a desenvolver neste curso, basado no libro “ Tintín en el Tibet”.
Por grupos foron presentando toda a información recopilada, axudados por unha presentación en Power Point.
No primeiro lugar  fixeron un resumo do libro.
A continuación, proporcionáronnos moitos datos sobre o Tíbet, algúns moi curiosos como a forma da súa bandeira que é diferente a todas as bandeiras. Faláronnos tamén do seu clima, xeografía, moeda, monumentos máis importantes e cultura.
Con esta Exposición dáse por rematada a SEMANA CULTURAL 2013
Agora todos/as  os nenos/as de cada curso coñecen  os traballos  e as investigacións que se fixeron noutros cursos, en relación ao proxecto:
 “ LENDO O MUNDO CON TINTÍN”.
 Asemade os nenos/as e as mestras/es  disfrutamos moito de esta experiencia de interrelación entre nenos/as de diferentes idades.
 


domingo, 9 de junio de 2013

Semana Cultural: Exposición do alumnado de 5º de Primaria

Os nenos/as de 5º de primaria expuseron aos nenos/as de 3ºcurso  as súas investigacións sobre a cidade de Sydney e o país de Australia.
No primeiro lugar faláronnos sobre o libro que lles tocou ler " Vuelo 714 para Sydney", nomearon os seus  personaxes, faláronnos do autor e fixéronnos un resumo do libro.
Despois contáronnos moitas curiosidades sobre Australia e mostráronnos moitas fotos.
Os nenos/ as de 3º curso que  xa tiñan preparadas moitas preguntas e xa  investigaran sobre Australia, amosáronse moi interesados. 
 O que máis lles sorprendeu  foi a cantidade de canguros que viven neste país.
Despedíronse os nenos/as de 3º curso con ganas de investigar moitas máis cousas sobre esta cidade tan cosmopolita.
 

viernes, 7 de junio de 2013

Semana Cultural. Exposición do alumnado de 4º de Primaria

Os nenos/as de 4º curso explicaron aos nenos/as de 5º curso moitas c-ousas sobre China, que foi o país que traballaron durante todo o curso, no proxecto de " Lendo o mundo con Tintín".
Asemade contamos coa presenza de David, un deportista de élite, que competíu nos Xogos Olímpicos de Pekín no ano 2008 en atletismo.
Contounos que o que máis lle sorprendeu da cidade  foi o contraste entre a modernidade e a antigüidade nas construcións e a Muralla China , ademais falounos da gastronomía, do carácter....etc
Tamén contounos  cousas moi curiosas como que o número 4 é de mala sorte; de este xeito son tan supersticiosos que non existe un edificio co piso nº 4. O número 8 é da boa sorte, por isto fixeron coincidir a inauguración das Olimpidadas o día 8, do mes 8, do ano 2008.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas sobre a cidade de Pekín e sobre a súa actividade profesional.
 Todos disfrutamos moito dos coñecementos de David sobre a cultura China e a súa experiencia nos 19 días que pasou neste país.
 
 

jueves, 6 de junio de 2013

Semana Cultural: Exposición do alumnado de 1º e 2º de Primaria


Os nenos e nenas do 1º ciclo foron os encargados de falar aos alumnos  de infantil sobre os seus contos relacionados ca Lúa: “Objetivo la luna” e “Aterrizaje en la luna”.Anxo e Diego fixeron a presentación disfrazados de Tintín ,tal e como fixeran no entroido. A continuación foron o resto dos alumnos os que explicaron as historias  e os traballos realizados.

Comenzaron por resumir os dous contos, explicar a vida  de Hergé, os personaxes de Tintín e tamén falar dos planetas, ensinándonos os movementos da terra e dos planetas. Ensinaron as diversas actividades feitas con cómics .Explicaron algunhas das noticias relacionadas ca Lúa: falaron de Gagarin,o primeiro astronauta; trouxeron a Laika, a cadela que orbitou o espacio e tamén explicáronnos a noticia da nova mascota da Axencia Espacial que se chama Paxi , nome  creado por unha nena española chamada Sara.

Para rematar, contáronnos unhas adiviñas sobre a Lúa e recitaron a poesía “Quisiera saber”.


miércoles, 5 de junio de 2013

Semana cultural: Exposición do alumnado de 3º de primaria

A segunda exposición que puidemos desfrutar nesta Semana Cultural foi a realizada polo alumnado de 3º de educación primaria e os nenos/as de 1º ciclo foron os encargados de escoitar todo o aprendido por eles/elas.
Hergé foi o primeiro protagonista desta exposición ao que lle acompañaron as personaxes dos seus contos, así como unha breve reseña sobre razas de cans, facendo alusión a raza de Milú.
Posteriormente, realizaron un seguimento no mapa por todos os países que visitamos este ano a través das historias de Hergé; cada un dos nenos e nenas da aula comentou as caracteristicas principais de cada un destes países así como comentou cal fora a curiosidade que máis lle chamara a atención.
Para rematar, o alumnado de 1º ciclo fixo de público e realizou as correspondentes preguntas que o alumnado de 3º non dubidou en contestar.

martes, 4 de junio de 2013

Semana cultural: Exposición de Educación Infantil

Tal e como comentabamos nunha entrada anterior deste blog, durante toda esta semana levaremos a cabo na escola a "Semana Cultural", un percorrido por todos os países e as investigacións levadas a cabo por cada unha das aulas do colexio.
O inicio desta actividade comezou co alumnado de educación infantil. Así, os nenos e nenas de educación infantil da escola expuseron todo o investigado sobre o Congo ao alumnado de 6º de primaria.
Grazas á súa exposición, os nenos/as maiores puideron coñecer a situación no mapa da República Democrática do Congo, a bandeira, a moeda, as linguas que alí se falan,... así como descubrir a infinidade de animais que atopamos na sabana.
Doutra banda, lles contaron datos variados sobre o conto que traballaron: información da cuberta, autor, conto adaptado,...
Se queredes seguir descubrindo as outras exposicións que se levan a cabo nesta Semana Cultural, non deixedes de visitar este blog.

lunes, 3 de junio de 2013

Semana Cultural sobre "Lendo o mundo con Tintín"

Dendo hoxe, 3 de xuño de 2013, e ata o día 10 de xuño, desenvolveremos na nosa escola unha Semana Cultural.
Esta actividade consiste en que, cada unha das aulas do cole, lle conta a unha clase diferente todas as súas investigacións con respecto ao conto asignado dentro do proxecto "Lendo o mundo con Tintín".
Hoxe comezaron os nenos/as de educación infantil e lle contaron ao alumnado de 6º curso de primaria todo o que saben sobre a República Democrática Congo así como os datos relativos ao libro que lles tocou ("Tintín no Congo") e ao autor.

Se queredes ver a planificación desta Semana Cultural, aquí vos deixamos este cadro que recolle, por días, as exposicións que se levarán a cabo.