Mostrando entradas con la etiqueta Festival fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festival fin de curso. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2015

FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO CHEO DE ARTE

O mércores e o xoves tivemos no colexio o
 FESTIVAL CULTURAL DE FIN DE CURSO.
A maioría  das actuacións estiveron relacionadas co proxecto deste curso 
" Lendo coa arte que nos rodea".
O mércores 17, as 10:30 comezamos coas actuacións dos nenos/as de 3, 4 e 5 anos que recitaron unha poesía titulada " A poesía da prehistoria".
A continuación os nenos/as de 3 anos bailaron " El pequeño Gugú".
E remataron as actuacións de Infantil coa poesía con linguaxe de signos : " Soy el hombre Cromañón".
Despois pasamos as actuacións de Primaria comenzando co vídeo " Os castrexos" e o baile " El rock de los castrexos".
A continuación actuaron os alumnos de 2º curso explicándonos moita cousas sobre Roma e despois fixeron un baile.
Os nenos/as de 3º representaron a obra de teatro " Catavento e Cía"
Por último, tivo lugar a Graduación dos nenos de 5 anos, que pasan a etapa de primaria.
Nesta xornada houbo varias sorpresas. Como xa sabedes a profe Paula non estará para o curso próximo no colexio e os pais e nais déronlle uns agasallos para agradecerlle todos os anos dedicados no colexio.
 Imos botarlla moito de menos!!
  Tamén houbo uns agasallo para a profe Tere que remata cos nenos/as esta etapa tan bonita e para unha nai, que axudou aos nenos de 4 anos na actuación coa linguaxe de signos. 
O xoves  empezamos as actuacións ás 10:30 co teatro do 4º curso titulado: " Requeteconquista", despois pasamos a obra de teatro de sombras: "Mans a obra" e, por último, a actuación dos maiores do colexio, que fixeron de turistas en " Camiñando por Vigo" eremataron cun baile.
Por último, para rematar o festival, como cada curso, tivemos a graduación dos nosos nenos/as de 6º.
Foi moi emotiva porque sempre é moi difícil  despedirse dos nenos/as que levan tanto tempo no colexio.
 Recibiron un agasallo de Suso, o seu titor, que lles fixo unha fotorevista que recolle os mellores momentos da súa etata no Ría de Vigo. 
Ademais os nenos/as fixeron un detalle personalizado para cada un dos mestres/as que lles deu clase.
Por parte da ANPA houbo agasallos para todos/as. Para os nenos/as, para a mestra Begoña por acompañalos na excursión e, por suposto, para o seu titor Suso, que os acompañou durante dous cursos. 
Temos que dicir dende a Biblioteca que foron uns axudantes estupendos!!
Imos botar moito de menos a estes nenos e nenas tan especiales!!!
Aquí tedes unha pequena reportaxe gráfica. Na páxina web do colexio e no blogue da Anpa atoparedes moitas máis fotos. 



miércoles, 25 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO - SEGUNDA PARTE-

Seguimos coa segunda parte da festa!
 Chegou o día das actuacións do segundo e terceiro ciclos. 
Tal e como fixeron os nenos e nenas máis pequenos onte, hoxe fixemos da festa unha mostra de parte do traballado ao redor do proxecto da Biblioteca " lendo con arte", que xa ben coñecedes. 
Na aula de 3º curso adaptaron o libro que estiveron traballando durante todo o curso titulado " Las siete caras del señor Grunt, de Ana Alonso para representalo cunha obriña de teatro que retitularon
" As seis caras do Gran señor". 
 A continuación  fixemos unha pequena homenaxe a unha alumna do colexio, LARA CASTRO TABOADA, de 5º curso, polo 2º premio recibido no Certame Literario do Concello de Outes por 3º ano consecutivo, cun poema precioso que recitou para todos nós.
En 4º curso centráronse nunha obra dun dos pintores galegos máis coñecidos Laxeiro. Mostráronnos ao seu xeito o cadro " O trasmundo".
O alumnado de 5º curso ampliou a presentación feita no Nadal do cadro da súa aula " El Guernica", cunha explicación acompañada de música.

Despois, os alumnos e alumnas de 6º traballaron durante todo o curso o pintor Monet: paisaxes, natureza, tranquilidade, cores....co cadro 
" La terraza de Sainte-Adresse" .
Por último, tivo lugar a graduación dos nenos de 6º, que rematan a etapa no Ría e comezan outra nova no instituto.
 Sorte para todos e todas!!
 Botarémosvos moito de menos.

domingo, 22 de junio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO - PRIMEIRA PARTE-

O curso xa está a piques de rematar e aquí  estamos, coma sempre, metidos en danzas para celebralo.
 Como este curso andivemos  a trafegar no mundo da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están feitos uns artistas!
Así o están a demostrar  neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”,  e nos contaron tódolos pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes  que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezaron recitando un poema que  resumía a vida de Van Gogh.
A continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música:  “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos  coa canción “Happy” de  Pharrell Williams fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a Primaria. Norabóa!

viernes, 21 de junio de 2013

FESTA DE FIN DE CURSO
( 2º e  3º CICLOS)

Hoxe, mércores  día 20 as 12:45, tivo lugar a
FESTA DE FIN DE CURSO de 2º e 3º ciclos de E. Primaria.
Como sempre as familias estiveron convidadas a asistir como público.
No primeiro lugar, actuaron os nenos/as de 4º curso, coa obra de teatro titulada " A Formiga coxa".
Despois os alumnos/as de 5º fixeron un número acrobático ( acrosport) impresionante.
A continuación actuaron os nenos/as de 3º  cantando a canción
 " Tintín e as momias namoradizas".
Os nenos/as de 4º curso que teñen relixión fixeron por parellas unha recopilación de refráns sobre a amizade.
Aproveitamos esta ocasión tan estupenda para felicitar a Xián, Lara e María polo  premio de creación literaria que recibiron.
Despois volveron a actuar os alumnos/as de 5º , interpretando unha melodía en conxunto instrumental.
Cos alumnos/as  de 4º curso mergullámonos no mundo da maxia, cunha orixinal representación en teatro de sombras.
Para rematar, os nenos/as de 6º  foron os protagonistas. Interpretaron a canción " Mar e arte"e recibiron os seus correspondentes diplomas de graduación polo seu titor Suso. Ó mesmo tempo, entregaron un diploma de agradecemento ó  Equipo Directivo polos 9 anos que levaron algúns/as neste colexio.
 Foi unha ceremonia moi emotiva!!
Botarémosvos moito de menos!!

miércoles, 19 de junio de 2013


FESTA DE FIN DE CURSO
(INFANTIL e 1º CICLO)

Hoxe, mércores  día 19 as 12:45, tivo lugar a FESTA DE FIN DE CURSO de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.
Como sempre as familias estiveron convidadas a asistir como público.
No primeiro lugar actuaron os nenos/as de 1º curso, contando un conto con proxección de sombras.
A continuación actuaron os nenos/as de 4º de E. Infantil, que cantaron unha canción de Susa Herrera “ A Xirafa”.
Despois continuaron os alumnos/as de 5º de E. Infantil coa canción “ Avestruz”.
Máis tarde os nenos/as de 2º cantaron e bailaron “ O Lobo”.
Para rematar, os nenos/as de 6º de E. Infantil  interpretaron a canción “ O Gorila”.
Acto seguido, tivo lugar a súa graduación coa entrega de diplomas e bandas.
Tamén recitaron un poema, onde fixeron unha pequena recopilación do seu paso por esta etapa, dende que entraron con 3 anos ata agora, que xa remataron o curso de 5 anos.
Por último, cantaron “ Gaudeamus Igitur” adaptado a nenos e traducido ó galego.
Contamos coa presenza de Susa Herrera, que participou en todo momento animando ó público a participar da festa.

miércoles, 13 de julio de 2011

Festival de Fin de Curso

O día 22 de xuño, no CEIP Ría de Vigo, rematamos o curso coma tódolos anos cun estupendo festival, onde cada clase tiña preparada unha actuación para deleite de toda a comunidade educativa. Foi unha xornada marabillosa onde alumnos, profes, familias, etc. Viviron alegrías, nervios, sorrisos e algunha bágoa . . .
Pero non poderíamos rematar este curso sen dedicarlle un apartado especial ao tema central de tódalas actividades no cole: O Ano Internacional dos Bosques.
Por iso os nenos e nenas de E. I. de 3 anos metéronse no bosque de Carapuchiña Vermella e fixeron unha estupenda  representación do conto.
Tamén,  pola súa parte, os nenos e nenas de 4º de E.P. quixéronos recordar a importancia de coidar a Natureza mantendo o monte limpo. Representaron unha pequena obra de Alicia Borrás titulada “Los árboles”, que prepararon coa súa titora. A autora, Alicia Borrás, asistiu ao Festival e emocionouse moitísimo ao ver tan ben representado o seu conto.