domingo, 22 de junio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO - PRIMEIRA PARTE-

O curso xa está a piques de rematar e aquí  estamos, coma sempre, metidos en danzas para celebralo.
 Como este curso andivemos  a trafegar no mundo da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están feitos uns artistas!
Así o están a demostrar  neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”,  e nos contaron tódolos pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes  que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezaron recitando un poema que  resumía a vida de Van Gogh.
A continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música:  “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos  coa canción “Happy” de  Pharrell Williams fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a Primaria. Norabóa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario