Mostrando entradas con la etiqueta Días das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Días das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O venres 13 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na escola cunha hora de patio cheo xogos e un TALLER DE CREACIÓN LITERARIA no CENTRO ARQUEOLÓXICO DA VILA ROMANA DE TORALLA, unha magnífica xuntanza co IES de Coruxo, e 5º e 6º curso do noso centro onde o noso alumnado compartiu pezas musicais interpretadas  coa poesía do homenaxeado FLORENCIO DELGADO de fondo e un taller de creación poética onde o alumnado agrupouse de tres en tres persoas de distinto curso, para crear entre eles poesías, cunha colección de 10  palabras que ofertou o responsable de patrimonio do Concello de Vigo que nos falou sobre as características e historia da Vila romana.

 







                                                      


MURAL CUARTO B  PRIMARIA



 

 

lunes, 31 de mayo de 2021

PODCAST XELA - LETRAS GALEGAS 2021

O mes pasado participamos nun concurso de podcast sobre Xela Arias para o Día das Letras Galegas 2021, que a pesares de non haber gañado, compartimos con ilusión con toda a comunidade educativa, xa que os cativos se esforzaron moito para facelo posible e nos parece moi interesante. Esperamos que vos guste!

 No primeiro participaron nenos/as de 5º de educación infantil co seu particular dígocho eu, con "x" de Xela e de 2º de primaria que recitaron unha pequena bibliografía sobre a vida e obra de Xela Arias. 


No segundo nenos/as de 3º elaboraron un rap para Xela, os de 4º compartiron unha carta que escribiu o pai de Xela cando ela tiña 6 anos, reivindicando a liberdade do uso do galego dos máis cativos, os de 5º fixeron un pequeno traballo sobre a obra de Xela e os de 6º de primaria recitaron unha poesía da autora e exerceron de presentadores do podcast.


Esperamos que gocedes escoitándoos! 

martes, 20 de abril de 2021

AMPARO, NAI DE XELA ARIAS

A semana pasada tivemos a honrra de contar coa visita de Amparo na biblioría. Amparo é a nai de Xela Arias, homenaxeada neste 2021 polo día das Letras Galegas. Compartiu espazo e tempo co alumnado de 5º e 6º de primaria, os cales mantiveron unha bonita charla con ela, que amablemente respondeu as súas dúbidas e curiosidades. 














 

Grazas!

 

domingo, 28 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA

Xa temos as imaxes da IV QUEDADA LITERARIA celebrada no Parque de Castrelos.Contou coa participación de 11 colexios. Do noso colexio asistiron os nenos de 5 anos e os de 5º de E.Primaria.Os maiores compartiron lecturas co ceip Carrasaqueira e os pequenos escoitaron contos dos bibliotecarios do Ceip Frián Teis e do Ceip Carrasqueira. Todos fixeron uns estupendos marcapáxinas co que agasallaron aos outros centros.despois de compartir lecturas e merendas, reuníronse todos para escoitar os contos do grupo MIGALLAS. Para rematar, cantaron o "Himno da Quedada", a canción "Imaxínate". Botade un ollo.

viernes, 20 de mayo de 2011

Actividades Día das Letras Galegas

Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos traballar con autores homenaxeados noutras ocasións así como co protagonista deste ano, Lois Pereiro.
Ao longo de todo o porche do colexio, colocamos as diferentes láminas que recollen momentos da súa vida así como os traballos que cada unha das aulas elaboraron para facer unha pequena mostra.
Os nenos e nenas de 3 anos, estiveron a traballar a figura de Rosalía de Castro.
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
O alumnado de 1º e 2ºA de primaria traballaron con Lois Pereiro.
Manuel María foi o protagonista na aula de 2ºB; os nenos e nenas da aula traballaron a poesía titulada "Galicia" e fixeron un mosaico con palabras que definen a nosa comunidade.
Lois Pereiro tamén foi o escollido polo alumnado de 3º de Primaria.
"Soños na gaiola", de Manuel María, foi a poesía elixida polos nenos e nenas de 4º de Primaria.
5º de Primaria traballou cos Homenaxeados no século XX e fixo este mural.
E, por último, os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron a Vida e contexto de Lois Pereiro.

martes, 17 de mayo de 2011

17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de Maio de 2011, celebramos o Día das Letras Galegas cun protagonista: LOIS PEREIRO.
Se queredes acceder a toda a información que temos recollida neste blogue, preme na imaxe do autor que aparece abaixo.
Por outro lado, queremos compartir con todos un vídeo elaborado polos nosos compañeiros da Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES. CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol) sobre a figura de Lois Pereiro... GRACIAS compañeir@s.
(preme na imaxe do vídeo para acceder ao mesmo)
Que teñades un bo día das Letras Galegas!!!



martes, 10 de mayo de 2011

Recursos Lois Pereiro

A CDEDLG de Vigo e bisbarra pon á vosa disposición un novo blogue dentro do apartado "Dinamizacdedlg" adicado á figura de Lois Pereiro. Aí podedes atopar enlaces de interese, información variada, videos e outros sobre o autor homenaxeado este ano no "Día das Letras Galegas".
(preme na imaxe ou no enderezo para acceder a este espazo web)



 Por outro lado, tamén poderedes acceder á páxina web do autor premendo na imaxe de abaixo. 

miércoles, 13 de abril de 2011

Actividades sobre Lois Pereiro-Seminario Galán

Como todos os anos, grazas ao Seminario Galán, podemos dispoñer de multitude de material para traballar a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Este ano é o turno de Lois Pereiro e aquí tedes o enlace para poder acceder ás actividades propostas.