Os alumnos/as de 5º curso traballaron as emocións dun xeito especial. Elexiron dúas emocións e fixeron un emocionario. Mirade as fotos!! Están feitos todos/as uns e unhas artistas.
Comezamos a segunda fase do obradoiro de emocións.
Nestas sesións as psicólogas ensinaron aos nenos/as técnicas para o control da ira, técnicas de autoestima, de relaxación e de resolución de conflictos.
Fixeron dinámicas de grupo para a resolución de conflictos coa finalidade de que aprendan e automaticen o que se debe facer nunha situación de conflicto.
Deixáronnos uns agasallos: o bote da relaxación, a ruleta, o tren de emocións...etc
Ademais facilitaron aos titores propostas de intervención na aula por escrito. Estamos rematando os obradoiros de emocións. Só nos queda unha sesión no mes de maio. Está resultando mooooi interesante para os nenos/as e para os mestres/as!!!! Aquí tedes as fotos.
O luns, día 4 de abril, celebramos o DÍA DA POESÍA no ximnasio do colexio.
Como xa sabedes o día da poesía foi o 21 de marzo, pero non puidemos celebralo por estar de vacacións e non quixemos deixar esta data atrás, pois o tema do proxecto deste curso está moi relacionado coa poesía.
Antes do recital miramos un vídeo para lembrar como se fai un poema.
De xuntar poesías e emocións saíron todos estos poemas que se van recitar.
Alex e Borja fixeron de presentadores estupendamente.
Aquí tedes o programa e máis abaixo as fotos.
CURSOS
TÍTULO DAS
POESÍAS
3 anos
Poesía
cantada: “ Ser amigos é mellor que estar enfadados”
O venres 1 de abril, celebramos no colexio unha xornada de convivencia co colexio " Anfonso Rodríguez Castelao", de Navia.
Houbo danzas, xogos, merenda, manifesto, solta de pombas e entrega de agasallos. Todas as actividades estiveron sinaladas con debuxos de monstruos ou de emoticonos.
Unha das actividades polas que pasaron todos/as os nenos/as dos dous colexios foi na biblioteca.
Escenificamos o conto " El monstruo de colores", coa axuda de seis nais: Claudina, Noemí, Antonia, Nuria, Encarna e Carolina. Dende a nosa biblioteca quixemos darlles para a biblioteca do colexio Castelao, un peluche de monstruo de cor verde, feito a man.
Se queredes ter máis información sobre o resto das actividades tedes que ir a páxina web do colexio.
Aquí os deixamos as fotos da actividade da biblioteca.
Temos que agradecer moito o traballo e a dedicación das nais que colaboraron neste conto e que o fixeron estupendamente. Mirade as fotos!
Unha
conmemoración incorporada pola Consellería de Educación ao calendario escolar
galego que este ano chega a su 28.ª edición e quecontou dende o seu inicio co respaldo da comunidade
educativa .
Como xa
sabedes este curso estamosa traballar
as emocións, deste xeito pedimos ás familias que trouxeran noticias
relacionadas coas emocións: amor, tristura, ledicia, medo….etc para traballalas
na aula e poñer algunhas neste mural.
A
semana do 9 ao 13,cadaneno/a baixou coseumestre ou a súa mestra a poñer algunhas noticias.
Tivemos unha semana chea de emocións!!
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración !!
O xoves, día 11, rematou a primeira parte dos obradoiros de emocións. impartíronse no 4º,5º e 6º cursos.
Os obxectivos foron os mesmos que no resto de obradoiros: Identificar as situacións que producen rabia e aprender estratexias de autocontrol e de relaxación. No mes de abril volverán as psicólogas Enma e Paloma con novas actividades sobre emocións.
O xoves, día 10, os nenos e nenas de Infantil tiveron o
" OBRADOIRO DE EMOCIÓNS", impartido por dúas psicólogas: Enma e Paloma, especialistas no tema.
Esta sesión dedicouse sobre todo a traballar a rabia e o autocontrol. Miraron vídeos para distinguir entre o enfado e a rabia, despois pensaron en situacións que lles producía ira. Aprenderon tamén algunha estratexia para controlar a rabia e, por último, fixeron unha sesión de relaxación.
Como xa vós contamos fai unhas semanas, Gaspar chegou cunha actividade nova: "O CARIÑOGRAMA"
Cada aula diseñou o seu cariñograma no corredor, ao carón da súa aula; unhos en forma de sobres, outros con pratos, con material reciclado, con caixas...etc. Un trabalLo plástico impresionante!
O martes , día 1de marzo, cada mestra ou mestre organizou as parellas secretas para que cada neno/a tivera a súa mensaxe de amizade, cariño, agradecemento...etc. Todos/as leron as súas mensaxes con moita curiosidade e algúns emocionáronse moito coa lectura. Mirade as fotos!!
Os nenos e nenas do Infantil, 1º e 2º cursos están a traballar as emocións co libro " EL monstruo de colores", que chegou fai un tempo coa maleta da biblioRía acompañado de moitas actividades. Fixeron un EMOCIONÓMETRO cos monstruos de colores.Esta é unha actividade que serve para que cada neno/a sexa quen de identificar as súas emocións e falar delas. Cada mañá os nenos/as collen a súa pinza e a colocan no montruo co que se sinten identificados:amarelo se se sinten ledos/as, azul se están tristes, vermello se sinten rabia, verde se están en calma, negro se teñen medo e rosa se están namorados.
Esta semana chegou unha carta de Gaspar ás aulas propoñendo unha actividade moi bonita para os nenos e nenas de 5 anos de Infantil e toda primaria.
Como foi o día de San Valentín e este curso tratamos as emocións, Gaspar falounos dunha emoción moi importante en todos nós: O AMOR.
A actividade consiste en facer un cariñograma, é dicir, enviar mensaxes de cariño, amizade, agradecemento e amor entre os compañeiros/as, deste xeito poderemos descubrir as cualidades propias e dos demais compañeiros e por suposto emocionarnos moito.
Pronto as paredes dos corredores estarán cheas de mensaxes!
Estade atentos!cando estean os cariñogramas preparados, poderedes ver as fotos neste blogue.
Como xa sabedes, este curso estamos a traballar as emocións co lema
" EMOCIÓNATE COA LECTURA".
Deste xeito tivemos un entroido cheo de emocións
Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º cursos disfrazáronse de monstruos de cores, baseado no conto sobre emocións que están a traballar na clase.
Ó principio o monstruo estaba liado, sentindo moitas emocións ao mesmo tempo, mais ó final axudado por unha nena xa soubo colocalas cada unha no seu sitio.
Uns nenos e nenas foron de monstruos amarelos, que simbolizan a alegría, outros de verde, representando a calma, outros de vermello, coa ira como protagonista e outros de azul, que é a cor da tristeza. Faltou o monstruo negro, que simboliza o medo e todos/as quixemos poñerllo como meco e queimalo, para que o medo non nos acompañe nunca máis.
Despois do desfile e da queima do meco, degustamos os riquísimos postres do entroido que trouxeron os nenos/as.
Se queredes ver as fotos premede no enlace de abaixo. tedes máis fotos na páxina web do colexio e do Anpa e no blogue de Infantil.
A semana pasada, cada neno e nena levou para a súa casa o debuxo dunha caixa en papel para decorar ó seu gusto. Despois, no colexio, puxéronlle unha tarxetiña á caixa cun desexo de emocións para o Nadal: ledicia, amor, sorpresa, felicidade...etc. Como podedes ver xurdiron unha chea de emociónsque se colocaron no porche do colexio.
Aproveitando o proxecto deste curso " Emociónate coa lectura", os nenos e nenas de 5º curso encheron a parede do corredor, ao carón da súa aula, de desexos para o Nadal, cheos de emocións,
Esta semana chegou ás aulas a MALETA DE GASPAR, coa que viaxa por todos os lugares do mundo.
Dentro da maleta atopamos moitas sorpresas. Unha carta na que Gaspar nos contou moitas cousas: onde estaban situados na biblioteca os libros relacionados co proxecto deste curso "Emociónate coa lectura", actividades moi divertidas para traballar a identificación de emocións en nós mesmos e nos demais
e un libro moi interesante: para os máis pequenos " O montruo de colores " e para os maiores " El emocionario". EMPEZAMOS XA O PROXECTO DESTE CURSO!!E TODOS E TODAS IMOS EMOCIONARNOSMOITO COA LECTURA!!!
Os axudantes de 6º curso comezaron a semana pasada o seu traballo!
Cada día hai grupos de 4 ou 5 nenos nos recreos, supervisados sempre por pola mestra que lle toque ese día. Para que non se esquezan das súas obrigas cada un ten a súa" Guía de axudantes" onde veñen explicadiñas as súas funcións.
A semana pasada fixeron un gran traballo!! Noraboa chicos e chicas!! Seguide así! Aquí van as fotos! ( se tedes algun problema para miralas aconsellamos que cambiedes de explorador).
Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", que foi o sábado 24. Fixémolo, como sempre, coa apertura da biblioteca.
Dende as 9:30 ata as 13:45 os nenos e nenas foron baixando á biblioRía por cursos.
Primeiro tocoulles aos nenos/as de Infantil; despois aos de 1º e 2º e antes do recreo aos de 3º e 4º.
Despois do recreo acudiron a biblioteca os alumnos e alumnas de 5º e 6º.
O acto dividiuse en dúas partes: Na primeira, Gaspar apareceu nadando na pantalla dixital e lembrounos as normas da biblioRía.
A segunda parte centrouse no proxecto que imos desenvolver este curso. Gaspar preguntou sobre o encargo que nos fixo fai uns días de mirar as cariñas que están nos corredores e colocalas ben. Fomos mirando na pizarra as cariñas e comprobamos que todos os nenos e nenas traballaron moito porque recoñeceron as emocións de todas as caras.
Coa actividade das cariñas, todos os nenos/as descubriron cal vai ser o tema do proxecto deste curso: AS EMOCIÓNS, co lema " EMOCIÓNATE COA LECTURA" .
Despois os nenos/as de infantil, 1º e 2º cursos miraron un vídeo de emocións moi bonito, sobre o conto " El monstruo de colores". Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º miraron outro vídeo con varias emocións presentes en distintos personaxes de debuxos animados e películas.
A última hora baixou o neno ou nena de cada curso que levará a mochila viaxeira este xoves. Os afortunados/as en levala primeiro serán: Alba de 3 anos, Samuel de 4 anos, Isaac de 5 anos, Zoe de 1º curso, Hugo de 2º, Brián de 3º, Uxía de 4º, Fran de 5º e Antonio de 6º.
E, para rematar, despedímonos cun agasallo de gominola para cada neno/a e un agasallo tamén para os mestres/as.
Disfrutamos dunha xornada moi especial e moi emotiva. Non vos perdades a seguinte entrada no blogue porque aparecerán os encargados de biblioteca, que comezan o seu traballo nos recreos.
Empezamos un novo curso cheo de sorpresas, actividades, visitas...etc na nosa biblioteca.
A primeira sorpresa foi a chegada de Gaspar ás aulas cunha carta moi interesante.
Os nenos e nenas apresuráronse a facer a actividade que lles pedíu Gaspar! Acompañados polo seu titor/a estiveron polos corredores observando as cariñas e colocándoas correctamente.
Qué actividade máis complicada!!!! sobre todo para os nenos/as de Infantil, mais souperon facela todos/as moi, moi ben.
Xa tedes moitas pistas para adiviñar o tema deste curso! De todos os xeitos, o día 26 farase un acto de reapertura da bibliteca e desvelarase o misterio sobre o tema que imos traballar durante todo o curso.
Non vos perdades a reportaxe gráfica desta actividade de motivación!