Mostrando entradas con la etiqueta Instalacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Instalacións. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de febrero de 2011

Organización da nosa BiblioRía

Aquí vos amosamos, en liñas xerais, como é a distribución da nosa BiblioRía.
A biblioteca está organizada en distintas zonas, para facilitar a lectura e consulta individual, traballos en grupo, lectura relaxada ou escoita , acceso a internet, celebración de actos en grande grupo como recibir a un escritor, ilustrador ou conferenciante.
Os fondos témolos clasificados según a CDU: Clasificación Decimal Universal, e según este sistema de clasificación, cada número corresponde a unha materia de coñecemento. Tamén a cada número e materia de coñecemento correspóndelle unha cor, según a adaptación da CDU feita por Bibliotecas Escolares de Galicia, para facilitar a adaptación dos nenos e nenas a esta clasificación que é a que se utiliza en todas as bibliotecas.
Os distintos andeis están sinalizados pola cor e o carteliño indicador do número correspondente á CDU colocado enriba.
A Literatura témola separada por idades, e dentro dos andeis está ordenada por editoriais, seguindo a orde alfabética das mesmas de arriba a abaixo.
O acceso a internet faise desde dous ordenadores, ademáis do adicado á xestión administrativa da biblioteca.
Contamos con canón de vídeo e pantalla extensible, así como altavoces e micrófono sen fío.
A zona audiovisual conta con televisor, lector de DVD e radio CD.

domingo, 30 de enero de 2011

ONDE ESTOU???

A BiblioRía está situada no segundo andar do colexio. Durante o curso 2008/2009, levouse a cabo unha intensa labor de reforma e moito traballo que culminou coa entrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e a incorporación na Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.
A nosa BiblioRía conta cun amplo e luminoso espazo cada día máis renovado e acondicionado.