Mostrando entradas con la etiqueta Mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mochilas viaxeiras. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de noviembre de 2021

MOCHILAS VIAXEIRAS



Queridas familias , hoxe comeza a andadura da "mochila viaxeira" queremos lembrarvos que é un recurso máis que ofertamos desde a nosa BiblioRia para fomentar a lectura. 
A novidade deste curso 21/22 é que a opinión sobre ela ídela a escribir ou colgar nun muro colaborativo virtual "PADLET", para iso levan nas mochilas un código QR onde se explica como facer os comentarios, fotos ou vídeos sobre os libros da mochila desde o voso ordenador, tablet ou móbil.





















 

jueves, 15 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis comeza a andaina das  "Mochilas Viaxeiras" para chegar as casas das familias do Ría e poder compartir lecturas todos xuntos.










domingo, 29 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comenzan a viaxar polos fogares do Ría de Vigo as nosas mochilas cheíñas de aventuras, pasatempos e imaxinación. Coma sempre un nen@ de cada clase comeza a súa andaina.
                                                     
 3 anos
                                                                 4 ANOS

                                                 5 anos     
           


1º E.P                                        
                                                           2º EP
                                                           3º EP
 4º A  E.P







                         4º B                             
                                                                                                                 5º E.P
                                                             
 6º E.P






BOA VIAXE E DISFRUTADE MOITO!

sábado, 29 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS


Un ano mais comeza a andaina das nosas mochilas.
 Viaxan ata os fogares de todos os alumnos para poder vivir un montón de aventuras en familia.











martes, 1 de noviembre de 2011

Día das Bibliotecas Escolares

O venres, 28 de outubro, celebramos na BiblioRía o Día das Biblioteca Escolares.
Aquí vos amosamos o programa deste día.
Este ano, a BiblioRía quere celebrar o centenario do afundimento do Titanic e, por iso, plantexa este proxecto titulado:

"SUBAN A BORDO, LEAN E NAVEGUEN"

Nos exteriores da BiblioRía, nos atopamos cuns enormes barcos que decoran as dúas entradas á mesma, así como coas cintas-cortinas alusivas ao tema central, elaboradas polos nenos e nenas do colexio.

... por un lado...
... e polo outro...
09:30 - 10:20
Os primeiros en disfrutar das actividades foron os nenos e nenas de educación infantil. Nada máis chegar á escola, o alumnado puxo o mandilón e se colocou nas correspondentes filas para entrar de forma ordenada á BiblioRía... descubriron a cantidade de novas que Gaspar lles tiña preparadas!!!
O primeiro co que se atoparon foi cunha mostra de libros variados e relacionados co tema a conmemorar. Alí estaba Gaspar, vestido co seu gorro de capitán de barco e agardando por eles.
Todos estiveron moi pendentes das explicacións de Gaspar e da coordinadora da BiblioRía, a mestra Ángeles.
Así, nos lembraron as normas, os espazos destinados á literatura dirixida á nosa idade, os días do préstamo, o funcionamento das mochilas viaxeiras, etc.
Contemplaron a exposición, os diferentes libros, miraron as súas cubertas, ...
Unha vez rematada esta parte da visita, comezaron coa outra: a presentación da Formación de Usuarios da BiblioRía.
Este ano, contamos cunhas actividades nas que se traballan diferentes aspectos do funcionamento da biblioteca escolar de forma dixital e interactiva.
(para as poder descargar, preme na seguinte ligazón e accede á Wiki do colexio onde están aloxadas:

Da man da mestra Paula, puideron coñecer un pouquiño o contido das mesmas e disfrutar da pizarra dixital coa que contamos na BiblioRía.
Agora, cando baixen á biblioteca coa súa mestra, poderán traballar con elas e seguir aprendendo.
Xa para rematar, se lles entregou ás mestras uns preciosos marcapáxinas, elaborados por Ángeles, Geli e Begoña, e ao alumnado unhas saborosas gominolas coa forma do golfiño Gaspar.

10:20 - 11:10
O segundo grupo en disfrutar das actividade foi o composto polo alumnado de 3º ciclo (5º e 6º de primaria)

11:10 - 12:00
Os alumnos e alumnas de 2º ciclo (3º e 4º de primaria) baixaron á BiblioRía durante a terceira sesión da mañá.
Traballaron coa mestra Geli as actividades de Formación de Usuarios dirixidas a súa idade...
... e tamén disfrutaron coas gominolas de Gaspar...
 ... e as mestras do grupo tamén recibiron o seu marcapáxinas.

12:30 - 12:50

Cando tocaron as 12:30 horas da mañá e comezaba a Hora de Ler, se procedeu á entrega das mochilas viaxeiras e ao nomeamento dos voluntarios de 6º curso como axudantes da BiblioRía.
Un representante de cada aula do colexio foi o encargado de recibir a mochila correspondente e iniciar, esa mesma mañá, a peregrinaxe da mesma.
Por outro lado, se procedeu ao nomeamento dos voluntarios de 6º de primaria como axudantes da BiblioRía e as mestras Ángeles e Geli lles fixeron a "imposición" do seu colgante de axudante.
´

13:40 - 14:30
Por último, o alumnado de 1º ciclo (1º e 2º de primaria) baixou á BiblioRía a última hora da mañá e disfrutou, igual que os seus compañeiros e compañeiras, das diferentes actividades e agasallos propostos.
Unha xornada moi divertida e chea de novas.
Estade moi pendentes deste blogue xa que, dende aquí, vos iremos contando as diferentes novas e actividades realizadas.
Ata a próxima.