Comenza a preparación do Día do libro. En primeiro lugar temos que volver a rencontrarnos cos nosos afillados e padriños. Despois temos que preparar un marcapáxinas de agasallo para o dia 23 de abril e tamén temos que facer un "bico de papel" co noso conto favorito.
O Ceip Ría de Vigo colabora coa asociación BICOS DE PAPEL, que axuda aos nenos oncolóxicos do Álvaro Cunqueiro. Por iso o alumnado pode colaborar cun euro e darémoslle un libro e un chocolate.
Xa te mos unha nova carta co gallo do DÍA DA PAZ. Gaspar anuncia que no porche temos un photocall para darnos "ARRECHUCHOS" de película. Xa sabedes , familias, estades convidados a darlles unha agarimosa aperta aos vosos fillos
Temos nova carta de Gaspar e nos di que xa está casi listo listo o noso MERCADILLO DE LIBROS. Preparade os vosos pasaportes lectores para poder adquirir algún libro.
Hoxe Gaspar enviounos unha carta coas actividades previstas para o mes de marzo. Botade un ollo:
Logo, o primeiro que temos que facer é buscar para o día da muller traballora, unha muller que destaca por algunha actividade no seu país. É dicir, unha muller de China, da India, de Italia, de México, de Brasil e de Jordania.