Despois de contarnos como escribiu o libro, que cousas atopou na Praia do Grove e cales foron os motivos para escribilo, firmounos os libros e deunos unha grande aperta.
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
domingo, 15 de abril de 2018
VISITA DE TERESA GONZÁLEZ
O alumnado de 4º tivo a gran sorte de recibir a visita da escritora TERESA GONZÁLEZ, autora do libro "Fred QUINCALLA"
domingo, 29 de octubre de 2017
NOTICIAS NA PRENSA
A viguesa AN ALFAYA gaña o premio Xosé Neira Vilas ca súa obra "O home de negro"
http://www.farodevigo.es/cultura/2017/10/29/viguesa-an-alfaya-gana-premio/1776230.html
Noraboa!
miércoles, 14 de junio de 2017
Ramón Caride visitounos
Ramón Caride, autor do libro "As andanzas de Xan Farrapeiro", visitou ao alumnado de 3º de E.Primaria.
Falaron do personaxe principal, XAN, da súa dona e de todos os personaxes. tamén falaron do que lle sucedeu a Xan cando entrou na cova dos penedos.
Para rematar, Ramón Caride firmou todos os libros dos alumnos e deixou unha dedicatoria no libro de honra da BiblioRía. Tamén foi obsequiado cun agasallo , un marcapáxinas da nosa mascota Gaspar.
Falaron do personaxe principal, XAN, da súa dona e de todos os personaxes. tamén falaron do que lle sucedeu a Xan cando entrou na cova dos penedos.
Para rematar, Ramón Caride firmou todos os libros dos alumnos e deixou unha dedicatoria no libro de honra da BiblioRía. Tamén foi obsequiado cun agasallo , un marcapáxinas da nosa mascota Gaspar.
miércoles, 7 de junio de 2017
domingo, 4 de junio de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
Visita de Marcos Calveiro
Visitounos MARCOS CALVEIRO, autor de "Unha casiña branca" libro lido polos alumnos de 5º de E.Primaria. Comentoulles que para escribir o libro tivo en conta o ambiente que tiñan moitos nenos e nenas que vivían nun vertedoiro, explicoulles cómo era a súa vida aquí e o que atopaban.
Despois Marcos acudíu á aula de 4º curso, a petición da súa titora, porque escribíu todas as historias que inician as unidades do libro de texto de Lingua Galega. Os alumnos/as fixéronlle moitas preguntas sobre os personaxes cos que están a convivir durante todo o curso.
Por último, asinou os libros dos nenos/as e o noso Libro de Bitácora e lle entregamos como agasallo un marcapáxinas da nosa biblio.
Como podedes ver, foi unha visita moi completa!
martes, 25 de abril de 2017
Visita da escritora MÓNICA RODRÍGUEZ
Visita para o alumnado de 3º de E.Primaria
Mónica explicounos os motivos da elección deste tema: as sucesivas noticias na prensa sobre o drama da inmigración e tamén as visitas que facía nos veráns ,en réxime de acollida ,unha nena saharahui , Amaina, na súa casa. Quería destacar a relación de Alma, a nena recollida do mar, co fillo dun pescador, que rescataraa de morir afogada.
Alma representa a todas esas persoas que abandonan os seus fogares na procura dun mundo mellor e que, as veces, non o consiguen.
Mónica firmou no libro de bitácora e os libros dos alumnose recibiu de recordo un margapáxinas de Gaspar.
lunes, 3 de abril de 2017
CONTACONTOS PARA 1º, 2º E 5º CURSOS
O xoves, día 30, os nenos e nenas de 1º eº 2º a primeira hora e os nenos/as de 5º curso máis tarde, recibiron a visita da contacontos María, pola cortesía da editorial S.M.
Foron unhas sesións divertidísimas e os nenos/as o pasaron moi ben. Mirade as fotos!
domingo, 2 de abril de 2017
VISITA DO ESCRITOR DAVID FERNÁNDES SIFRES
O luns, 27 de marzo, vistounos o escritor DAVID FERNÁNDEZ SIFRES, para falar do libro que leron os nenos e nenas de 4º curso, titulado "QUE VIENEN LOS FANTASMAS", pola cortesía da editorial Edelvives.
O escritor fixo varias actividades moi entretidas que nos fixeron rir a todos/as.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas.
Despois asinou os libros dos nenos/as , tamén asinou o no noso libro de bitácora e, por último, lle dimos o agasallo deste curso: un fermoso marcapáxinas con forma de golfiño, a nosa mascota.
Foi unha sesión moi divertida. Mirade as fotos!!
lunes, 20 de marzo de 2017
VISITA DE DAVID HERNÁNDEZ CHAMBERS
O xoves, día 16 de marzo, o escritor David Hernández Chambers visitou a nosa Biblioteca, por cortesía da Editorial Edelvives.
Os nenos e nenas de 6º curso leron un dos seus libros titulado " El secreto de Énola".
O escritor púxolles aos nenos e nenas uns enigmas no encerado dixital, relacionados co argumento do libro.
Estiveron moi atentos e fixéronlle moitas preguntas. Despois David asinou os libros e tamén escribíu no " Libro de Bitácora" da Biblioteca. Por último, despedímonos agasallándolle cun marcapáxinas de Gaspar feito polo Equipo de BiblioRía.
Moitas grazas David! esperamos o teu novo libro, que xa nos anticipaches o argumento.
Aquí tedes as fotos!!
domingo, 16 de octubre de 2016
Verne y la vida secreta de las mujeres planta de Ledicia Costas
Como o alumnado de 5º está a ler o libro de LEDICIA COSTAS, "Escarlatina, a cociñeira defunta", estaría ben que lle botades un ollo a esta crítica que fixo o blog chamado "un abrazo lector" sobre o novo libro de Ledicia Costas. É moi interesante. Fixádevos
http://unabrazolector.blogspot.com.es/2016/10/verne-y-la-vida-secreta-de-las-mujeres.html
http://unabrazolector.blogspot.com.es/2016/10/verne-y-la-vida-secreta-de-las-mujeres.html
jueves, 15 de septiembre de 2016
PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE LEDICIA COSTAS
O curso pasado, os nenos e nenas de 5º de E. Primaria, leron o libro de Ledicia Costas, "Escarlatina, a cociñeira defunta". Quedaron encantados!Este curso tamén o empezan a ler os nenos/as de 5º. Seguro que o disfrutarán!
Pois agora esta autora presenta a sua nova novela "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta",que ademais foi Premio Lazarillo 2015. Sabedes cando? Pois o venres 16 de setembro a carón da estatua de Julio Verne que está na Avda. de Beiramar. Non faltedes.
http://www.atlantico.net/articulo/cultura/ledicia-costa-novela-viaje-julio-verne-vigo/20160914091737549332.html
sábado, 18 de junio de 2016
VISITA DO ESCRITOR XAVIER ESTÉVEZ PARA 5º E 6º CURSOS
Hoxe, día 17, o escritor Xavier estévez visitou a biblioRía para falarnos do seu libro cheo de emocións titulado: " O corazón da maxia" que estiveron a ler os nenos/as de 6º curso. Os de 6º curso foron contar onte aos de 5º o argumento do libro para poder asistir á visita.
Xavier explicounos como comezou a escribir e contounos moitas cousas do libro. Quedou abraiado do que traballaron os nenos/as sobre o libro: fixeron un libro grande con debuxos, un traballo de gramática relacionado co libro..etc.
Asinou os tres libros que tiñamos xa na biblioteca deste autor e escribíu unha dedicatoria moi bonita no noso "Libro de Bitácora". Por ultimo, a modo de agradecemento, lle entregamos un agasallo de gominolas de Gaspar e corazóns, por ser este un ano cheo de emocións.
Mirade as fotos!
Xavier explicounos como comezou a escribir e contounos moitas cousas do libro. Quedou abraiado do que traballaron os nenos/as sobre o libro: fixeron un libro grande con debuxos, un traballo de gramática relacionado co libro..etc.
Asinou os tres libros que tiñamos xa na biblioteca deste autor e escribíu unha dedicatoria moi bonita no noso "Libro de Bitácora". Por ultimo, a modo de agradecemento, lle entregamos un agasallo de gominolas de Gaspar e corazóns, por ser este un ano cheo de emocións.
Mirade as fotos!
jueves, 19 de mayo de 2016
VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ
Fixo a animación do libro " Ti non xogas", que leron os nenos e nenas de 3º curso.
Contounos cousas que queríamos saber sobre a súa vida e sobre o libro.
Os nenos e nenas explicáronlle os traballos que fixeron sobre o tema.
Asinou todos os libros e asinou tamén no "libro de Bitácora" da biblioRía.
Por último démoslle un pequeno agasallo da biblioteca.
Mirade as fotos!
viernes, 13 de mayo de 2016
VISITA DO AUTOR E ILUSTRADOR JACOBO FERNÁNDEZ
O xoves, día 12 de maio, visitou a BiblioRía o autor e ilustrador
JACOBO FERNÁNDEZ.
Trouxo os carteis dos tres libros que ten publicados de "Marcopola" e adelantounos o cartel do seguinte libro da colección.
Explicou aos nenos/as moitas cousas sobre a súa vida e sobre os seus debuxos e, coma sempre, deixounos dous debuxos preciosos.
Non só asinou todos os libros, senón que debuxou en cada libro o personaxe que elexiu cada neno/a.
Asinou tamén no "Caderno de bitácora" da biblioRía.
Por último, os nenos/as lle agasallaron cos seus debuxos e, dende a biblioteca, lle dimos tamén un agasallo de gominolas de Gaspar e de corazón, por ser éste un curso cheo de emocións.
Mirade as fotos!
martes, 10 de mayo de 2016
VISITA DO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS
4º curso titulado " Xogando con gatos".
Faloulles de moitas cousas pero, sobre todo, deixou que os nenos/as preguntaran todo o que se lle ocurrise.
Aquí tedes as fotos!
martes, 3 de marzo de 2015
VISITA DE FINA CASALDERREY
Os nenos e neas de 5º e 6º cursos están a ler dous dos seus libros: " O misterio do faro vello" e "A historia da bicicleta dun home lagarto".
Contounos moitas cousas interesantes e fixo participar e divertirse moito aos nenos/as coa facilidade que lle caracteriza para achegarse a eles.
Asinou todos os libros dos nenos/as e tamén asinou no libro do colexio. Por ultimo, agasallámoslle co chavero da Biblioría.
Moitas grazas Fina!!
Aquí tedes algúns datos da súa vida persoal e profesional e abaixo a reportaxe gráfica correspondente.
Nada en Xeve (Pontevedra) o 11
de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa
vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.
Exerceu
como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino
secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais
representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
ha
das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu
alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro
da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en
Galicia.
Colabora
na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas
redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.
En 1991
deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións
xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de
Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa.
A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.
En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















